Mañá 26 de novembro acudiremos o auditorio municipal de Ourense para disfrutar da obra teatral TITIRICIRCUS.
domingo, 25 de novembro de 2012
GALICIENCIA
Ola a todos/as! O xoves participamos na visita o Parque tecnolóxico para ver os inventos e investigacións dos alumnos-as da nosa comunidade.Había colexios de toda Galicia e tamén un de Cataluña.Foi moi interesante e emocionante ver o alumnado presentando os seus traballos. Para rematar a visita entramos na "Tenda de campaña- PLANETARIUM" ,e pudimos disfrutar e aprender sobre a nosa Galaxia.
"DALLE FORMA AOS TEUS CONTOS"
O martes 20 de novembro contamos no centro cunha animadora que motivou os rapaces/as coa lectura de contos. Foi unha sesión lúdica chea de recursos didácticos e expresivos para lograr a implicación dos rapaces/as e as ganas de colaborar coa elaboración dun libro-forma.
Pasamolo moi ben!!!
martes, 20 de novembro de 2012
PARABÉNS ADRIÁN E SALVA
Este mes estiveron de aniversario os nosos compañeiros Salva e Adrián e por suposto tiveron unha pequena festa.Con música e todos cantando, soplaron as velas e degustamos a tarta.
2O DE NOVEMBRO,DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia proclamados en 1959 na Asamblea Xeral da ONU. Este día lembranos que todavía hai dereitos que non se están a cumprir e que non todos os nenos/as teñen as mesmas oportunidades.
Aquí tedes un fermoso vídeo coa canción de José Luis Perales:
Aquí tedes un fermoso vídeo coa canción de José Luis Perales:
domingo, 18 de novembro de 2012
TRABALLAMOS COS FROITOS DE OUTONO
MAGOSTO
Menuda festa tivemos no colexio para celebrar o magosto.
Primeiro,distribuidos por aulas fomos pasando por os distintos xogos:
1)Encesta a castaña
2)Baila a castaña
3)Busca a castaña
4)Mural do magosto
E por último,con gran emoción rompemos as piñatas e comemos os caramelos e gusanitos que tiñan dentro.
Como disfrutamos cos xogos,coas cancións e, por suposto, coas nosas fermosas piñatas.Que contentos marchamos para casa e algúns moi favorecidos coa súa maquillaxe...
xoves, 8 de novembro de 2012
En que andamos?
Pois
a voltas co magosto.Mañá venres,día 9 de novembro, celebramos no cole a festa
do magosto.Xa andan todos os nenas/as enfaenados cos preparativos,entre outras
cousas xa teñen elaboradas as súas piñatas.
De
momento déixovos aquí o video coa canción "Vivan
vivan las castañas" creado por a aula específica TEA do colexio Os
Carmenes para que disfrutedes mentres esperades o gran día.
Samaín
Seguro que vos preguntades se a bruxa despistada atopou o libro co feitizo de namorar, non?
Pois sí...a bruxa atopou a receita e todos os ingredientes precisos para o feitizo e todo, grazas a Perico e os seus amigos. Mirade no seguinte vídeo e así poderedes comprobar como pasou todo...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)