xoves, 20 de decembro de 2012
luns, 17 de decembro de 2012
EXPOSICIÓN DE TARXETAS DE NADAL
Xa fixemos as tarxetas de nadal do cole. Quedáronnos moi chuliñas.Aquí volas deixamos para que poidades velas:
VIDEOCONFERENCIA CON LAPONIA
Dende alí falounos PAPÁ NOEL e fíxonos unha chea de preguntas, foi moi emocionante, os rapaces/as pasárono xenial, podedes comprobalo nas seguintes fotos e no video.
XA CHEGA O NADAL!!!
Nas aulas e no colexio xa se respira ambiente de Nadal, data atractiva e moi motivadora para o noso alumnado.
Xa temos decoradas as aulas, corredores e colexio en xeral, podedes comprobalo nas seguintes fotos...que vos parece?
Por certo, desde a biblioteca, queremos aproveitar esta ocasión para agradecerlle a nosa compañeira Analú a súa colaboración incondicional na elaboración dos distintos murais que decoran o noso centro,e toda unha artista!!!
mércores, 12 de decembro de 2012
RECITANDO CELSO EMILIO
Hoxe celébrase o centerario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro,unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.
O noso colexio uniuse o homenaxe a través dun recitado colectivo que servirá como acto reivindicativo"en defensa da lingua".
As 12 en punto, os alumnos da aula 10 e 4 recitaron o poema "Deitado fronte ao mar" e bailaron o rock na aula de música.
A continuación podedes ver unha foto e disfrutar do video do rock que elaborou o alumnado do 3º ciclo do colexio CEIP A Barqueira.
luns, 3 de decembro de 2012
DÍA DA DISCAPACIDADE
O día 3 de decembro celébrase o "DÍA DA DISCAPACIDADE".Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral no ano 1992,para fomentar a integración na sociedade das persoas discapacitadas,buscando concienciar á xente sobre os problemas daqueles que padecen algún tipo de impedimento físico ou psíquico así como promover melloras relacionadas cos dereitos,benestar e dignidade dos afectados.O lema deste ano é: "ELIMINAR AS BARREIRAS PARA CREAR UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA E ACCESIBLE PARA TOD@S".
Déixovos uns videos para reflexionar :
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)