xoves, 31 de xaneiro de 2013

XOVES DE COMPADRES



Chega o Entroido unha das festas máis populares e con él... o xoves de compadres.A nosa compañeira Esther xa comezou a adornar o colexio con este fermoso compadre e ao longo destes días iremos preparando os disfraces para a gran festa.

A PAZ É ...

Onte celebramos o Día da Paz  no noso cole,  aínda que,  iso non significa que só se teña que facer ese día, porque a Paz hay que facela día a día.
Veremos a continuación unha montaxe de momentos e accións positivas na procura da PAZ do noso alumnado.



Tamén fixemos un fermoso libro coa silueta dunha man con diferentes signos contando o seu significado.O resultado foi o seguínte:



Pronto subiremos máis fotos. Polo de agora déixovos  o vídeo coa canción que cantamos entre todos:








RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DA PAZ

Queremos achegarvos unhas recomendacións de libros e películas relacionadas con esta data.




mércores, 30 de xaneiro de 2013

PROGRAMA DÍA DA PAZ

Achegámosvos a programación para o Día da Paz.
Pronto subiremos fotos.



PREPARANDO O DÍA DA PAZ


Mañá celébrase en todos os colexios o Día Internacional da Paz e a Non Violencia.
Nesta data preténdese destacar a importancia dunha educación na cooperación, tolerancia, solidariedade e amizade.
Como é habitual, fixemos unha exposición de libros para a Paz.




Para ir  quentando motores deixámosvos algunha canción,conto...



                                                   






martes, 29 de xaneiro de 2013

CONCERTO ODAIKO

 O pasado 18 de xaneiro fomos a Ourense  a ver o espectáculo de percusión "Odaiko nas escolas".
Odaiko propúxonos unha divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sons da percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas 
manifestacións artísticas son os puntos clave.
 Pasámolo xenial!!!
 Eiquí vos amosamos algunhas fotos... 

sábado, 26 de xaneiro de 2013

FINA CASALDERREY NA R.A.G



Dende a Biblioteca do CEE MIÑO sentímonos moi orgullosos cando a RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outras conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académia de luxo! 
Esta é unha homenaxe das bibliotecas escolares de Galicia ao seu traballo:
Fina Casalderrey

luns, 14 de xaneiro de 2013

XA CHEGOU O INVERNO!!!


Xa estamos no 2º trimestre.Ano novo, e co frío outra estación chegou.
Para traballar esta nova estación, velaí vai  algun video de cancións e contos.










                                                                            

mércores, 9 de xaneiro de 2013

CANTAMOS PANXOLIÑAS E DISFRUTAMOS DA ACTUACIÓN DO MAGO CHIRLETA

Ao longo dos últimos días todos os nenos/as do cole cantamos panxoliñas. Cada ciclo preparou unha e fixo unha pequena actuación.
Dende  o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega propúxose facer unha panxoliña en galego conxunta. A elexida foi "Tres reis en bicicleta"                                                                                                   
Pero ... o mellor chegou coa actuación do MAGO CHIRLETA.
Pasamos un moi bo rato.Risas,maxía e espectáculo asegurado.
Moitas grazas Fernándo por facernos disfrutar esperamos que pronto nós fagas máis números.

Algunhas fotos podedes velas a continuación:






O nadal desde outra camara:





A VISITA DE PAPÁ NOEL!!!

Despois da actuación do coro  achegáronse ó noso cole Papá Noel e os seus axudantes/as.Quedamos encantados e antes de marchar deixáronnos uns agasallos!
Moitas grazas
Mirade...









martes, 8 de xaneiro de 2013

VISITA CON ACTUACIÓN DO CORO DO CPI TOMAS DE LEMOS -RIBADAVIA


O xoves 20 de decembro, tivemos o placer de recibir a visita do coro do CPI Tomas de Lemos, de Ribadavia.
Desde aquí, queremos agradecer ó seu director e a todos/as os/as integrantes do coro a súa disposición, amabilidade e o bo traballo realizado. Disfrutamos moito  e esperamos que nun futuro próximo podamos contar con outra actuación.
Moitas grazas polo voso interese e ata pronto.





  

VISITA DOS PAXES DOS REIS MAGOS

O mércores 19 de decembro as 13:00 tivemos unha visita moi, moi especial.Nada máis e nada menos que os paxes dos Reis Magos.
Ó ver que eramos nenos/as moi bos dixéronnos que seguro que os Reis nos traerían moitos agasallos. Démoslles as nosas cartas e déronnos a cambio gusanitos...que ricos estaban!

 Podedes ver as fotos na seguinte presentación: