xoves, 28 de febreiro de 2013

DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS


Hoxe, último día do mes de febreiro, celébrase o Día Mundial das enfermidades raras. Ten como principal meta reinvidicar o dereito a vida en igualdade de oportunidades para 3 millóns de persoas con enfermidades raras.
Coñecer a súa existencia é o primeiro paso para conseguir unha mellor atención para estas persoas e as súas familias.

Deixámosvos o video oficial deste día. Agardamos que vos guste.




xoves, 21 de febreiro de 2013

24 DE FEBREIRO,DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalia de Castro pola  Consellería de Cultura e Educación no seu Calendarío do Libro e da Lectura.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro, do que este ano se cumpre o 175 aniversario.

No noso centro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xa está traballando para conmemorar o aniversario.Polo de agora, aquí vos deixamos estes poemas de Rosalía.







luns, 18 de febreiro de 2013

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER

Hoxe celébrase a data de nacemento de Hans Asperger e, a súa vez, o  Día Internacional do Síndrome de Asperger .
O Síndrome de Asperger é un transtorno severo do desenvolvemento, considerado como un trastorno neuro-biolóxico no cal existen desviacións nos seguintes aspectos:

  • Conexións e habilidades sociais.
  • Uso da linguaxe con fins comunicativos.
  • Características de comportamento relacionados con rasgos repetitivos.
  • Intereses limitados.
  • Na maioría dos casos torpeza motora.
Para os interesados/as, no seguínte enlace toparedes información:







DÍA DE SAN VALENTIN E DA AMIZADE



O día 14 no cole tamén celebramos o Día  de San Valentin,  día do amor e da  amizade. Os sentimentos de amor e amizade percorreron o colexio.
Podedes ver o fermoso mural que fixemos:







RECOMENDACIÓNS PARA SAN VALENTÍN

Achegámosvos unhas recomendacións de libros que temos na biblioteca para traballar o Día de San Valentin e da Amizade.
Agardamos que sexan do voso agrado!!!


                   

TRABALLANDOO ENTROIDO

Podedes ver a continuación uns videos cos libros que fixemos para traballar o entroido e como son utilizados por os nosos alumnos/as.










venres, 8 de febreiro de 2013

VACACIÓNS ENTROIDO

Que pasedes un moi bo entroido!!!
Voltamos ao cole o próximo xoves, día 14 de febreiro e subiremos todas as fotos para que podades ver que ben o pasamos e que guapiños fomos.



O entroido visto desde outra camara.






xoves, 7 de febreiro de 2013

QUE VEN O ENTROIDO!!!

Hoxe o Meco recordanos que maña venres no Desfile imos participar, todos disfrazados, a Paz e a AMIZADE queremos celebrar.
De momento, déixovos estes libros Lim que elaborou Ana Martínez Rey do CEE Terra de Ferrol:


PLUM DISFRÁZASE

ENTROIDO




PROGRAMA DE ENTROIDO

XOVES DE COMADRES

E o xoves día 7, xoves de comadres.. aquí a nosa fermosa comadre...




luns, 4 de febreiro de 2013

TRISTÁN CARA DE CAN



Mañá imos ó auditorio de Ourense ver a obra "Tristán cara de can". O espectáculo conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba, decidiu arrincarse o corazón para nunca máis sufrir.
Deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como él esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose , se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historía non remata así...
Maña subiremos fotos do ben que o pasamos....

ORDES DO MECO



Co gallo da vindeira celebración do entroido, no noso colexio xa colocamos o MECO.Cada día o meco dara unha orde que temos que cumprir. Hoxe comezamos o xogo,asi que tedes que estar atentos para ver cal é a orde para este día e os seguintes.
Todos a cumprilas se o queredes pasar ben.
Grazas pola vosa colaboración.

Non vos esquezades:

Xa estou aquí para o Entroido anunciar,
atendede ben as ordes que vos vou dar
para este Entroido a Paz e a  Amizade celebrar:


 O LUNS para comezar unha bufanda  a cintura debes atar.




O MARTES para pór unha nota de cor,
 os calcetíns por enriba do pantalón has de pór,e cada un,dunha cor.








O MÉRCORES, para celebrar chapeu has traer e a Paz proclamar.
O XOVES para o atavío completar
un colar ao pescozo has colocar.