venres, 26 de abril de 2013

PRESENTACIÓN LIBRO RUFLOT

O día 24, para continuar coas actividades da semana do libro, o alumnado das aulas 10 e 4 coa axuda dun power point, foron contando o proxecto levado a cabo por o taller "Explorando cos sentidos", criar polos. Este proxecto completouse coa elaboración do libro Ruflot (o noso polo). É un proxecto de investigación dende a biblioteca en formato de entrevista engadido ao libro.
Todo este proceso de presentación está recolllido no seguinte video e para saber máis podedes visitar o blog do talller exploramos cos sentidos :




PRESENTACIÓN PIRULETA


O pasado luns chegou o centro PIRULETA unha amiga de Perico.
Se queredes podedes ver a benvida que lle demos no colexio no seguinte video:



martes, 23 de abril de 2013

CONTACONTOS POLO DÍA DO LIBRO

E para rematar o día... que mellor que cun contacontos que realizou Bea, unha das coidadoras do noso centro.
Estas son algunhas fotos, mañá subiremos o vídeo que grabamos e así  poderedes coñecer a nova compañeira de Perico.





No seguinte video podedes ver o contacontos de Mateo:


E por último:



DÍA DO LIBRO

Co gallo da celebración do Día do libro, hoxe no noso colexio leváronse a cabo diferentes actividades.
Durante toda a mañá o noso alumnado pasou pola exposición dos libros para gozar das novidades que mercamos e para ver os libros que foron facendo durante estes cursos.
Deixámosvos unha presentación para que podades ver que ben o pasamos:








Tamén vos deixamos uns videos con contos en pictogramas para que podades velos nas vosas aulas cos vosos titores/as:









SAÍMOS NO XORNAL!!!

Hoxe o xornal da nosa cidade  publicou unha noticia da que somos protagonistas e na que informan da exposición dos libros elaborados polo noso alumnado coa axuda do profesorado.
Para nós e unha ledicia que se  coñeza o noso traballo.
Dende aquí darlle as grazas ao xornal a Región e especialmente a  Xesús Fariñas quen editou esta nova.
Aquí vos deixo o artigo:


SEMANA DO LIBRO



O 23 de abril é unha data simbólica no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores.
Ao longo desta semana, como xa sabedes, para celebrar esta data tan especial, no centro faremos varias actividades.
Para comezar a festexalo, hoxe no corredor principal cada titor cos seus alumnos/as colocou os fermosos puntos de lectura que estiveron elaborando durante estes días.


A continuación, deixóvos unhas imaxes para que podades ver que bonito quedou o recuncho de exposición de libros e puntos de lectura.



luns, 22 de abril de 2013

DÍA DA TERRA


Hoxe celébrase o Día da Terra. Desde 1970 estableceuse o 22 de abril co obxectivo de crear unha conciencia común fronte aos problemas relacionados coa protección do medio ambiente.
Este ano o lema é:"DÍA DE LA TIERRA 2013:"EL ROSTRO DEL CAMBIO CLIMÁTICO".
Querémos recordarvos o importante que é coidar o noso planeta por iso é preciso facer cousas como reciclar.
Aquí vos deixamos o libro que elaborou o alumado da aula 10 para participar no concurso "Coida o Medio Ambiente" e para rematar tamén vos podedes gozar desta fermosa canción de Macaco titulada "Madre Tierra".










GRADUAMOS A PABLO

Nestes días levouse a cabo no centro unha nova graduación. Pablo rematou a súa etapa escolar, comeza un novo camiño, incorporándose ao mundo laboral.
A realidade escolar deste centro é crear un espazo máxico no que se comparten convivencias ,experiencias, sentimentos, tarefas, excursións e coñecementos.
Pablo formou parte desta maxia que se leva a cabo nas aulas cada día, onde se reflicte a pequena escala a vida real.
Pablo camiñou ao noso carón un tempo, agora chegou a hora da bifurcación, e agardamos que esta maxia o acompañe e o guíe no novo centro.
Que sexas moi feliz nesta nova etapa!!!
Sempre estaremos aquí a beira para cando queiras!!!
Botarémoste de menos!!!

mércores, 17 de abril de 2013

MOITA SORTE NESTA NOVA ETAPA



O venres despedimos a dúas grandes profesionais do noso centro,  e para moita xente dúas grandes compañeiras e amigas.
Sagra xa levaba con nós  17 anos e o seu positivismo,especial sentido do humor e ese eterno sorriso  non deixaron indiferente a ninguén.
María con tan só 3 cursos rapidamente se soubo facer querer e se integrou no cole.A súa disposición para axudar a calquer compañeiro/a e a súa alegría deixaron pegadas no colexio.
Dende o CEE MIÑO desexámosvos moita sorte e esperamos que pronto nos veñades a ver  e como dixeron en Casablanca :"...sempre nos queda París...".

martes, 2 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Hoxe celébrase o "Día Mundial da concienciación do Autismo". Data que sirve para recordarnos  a necesidade de mellorar as condicións de vida dos nenos/as e adultos que padecen este trastorno.
Para facer máis visible este día escolleuse unha cor diferenciadora:  AZUL.
No noso cole unímonos a iniciativa de colocar globos azules.Con isto, queremos decirlle a todo o mundo que apreciamos ás persoas con autismo e apoiamos a súa inclusión na sociedade.
Deixámosvos varios videos que agardamos que sexan do voso agrado.
Para máis información sobre este trastorno podedes acceder ó apartado de familias onde atoparedes varias guías informativas.