luns, 28 de outubro de 2013

UN FEITIZO DE MEIGAS

O curso pasado, co gallo da celebración do samaín, o noso alumnado, con axuda do profesorado, elaborou un conto "Un feitizo de meigas", con moitas texturas e con elementos manipulativos, que se presentou ese día e que está na nosa Biblioteca para o uso de toda a comunidade educativa. 
Para que se poida ollar está na seguinte presentación.

PREPARANDO O SAMAÍN

PREPARANDO O SAMAIN
O pasado venres, 25 de outubro, comezamos a preparación para a celebración da festa do Samaín.
Levouse a cabo a representación do contacontos “Corre, corre cabaciña” a cargo de Eugenia da librería Zampacontos, as 13.00 horas na aula de Psicomotricidade.


Na seguinte presentación pódese ver como foi este comezo de Samaín.

NOVAS ADQUISICIÓNS

Nesta semana a nosa Biblioteca aumentou o seu número de exemplares, novos contos para traballar ao longo deste curso.




xoves, 24 de outubro de 2013

NOVAS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA

Este curso o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA está composto por:
-      Coordinadora: Concepción Irago Rguez (por 1 ano)
-      Membros: Mª Concepción Santos Moure
  Mª Rita Marquina Olmedo
                María Rguez García


Ponse a súa disposición e lembra que a nosa biblioteca está aberta para o préstamo de libros .
Infórmase que o vindeiro 25, virá Eugenia (Agasallo da Librería Zampacontos) para  dramatizar o conto: “Corre corre cabaciña” e así darase inicio ás actividades programadas para a celebración da festa do Samaín no noso Centro

 

EQUIPO DINAMIZACIÓN BIBLIOTECA



mércores, 16 de outubro de 2013

RECURSOS PARA SAMAÍN

Para ir traballando e ambientando a festa do Samaín, que este ano celebrarase o vindeiro día 30 por mor de ser festivo o 31 para o colectivo do ensino.
Deixamosvos unha páxina do CEIP Víctor Sáez, no que a compañeira Mª Asunción García Álvarez fixo unha recollida moi completa de recursos para estas datas.
Ademais tamén podedes ver uns vídeos collidos de YOUTUBE.

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/





martes, 15 de outubro de 2013

MELLORAS NO CENTRO

   Durante os meses de verán no Centro levaronse a cabo  dúas obras de mellora, unha no patio de fóra e outra no ximnasio.
   No patio de fóra arranxouse a zona do areeiro, acotandoa e póndolle un chan de corcho. E o ximnasio, de momento, só se puido pintar a zona máis afectada, zócalo, por falla dun maior presuposto.
   Así é como quedou: