sábado, 22 de marzo de 2014

21 DE MARZO: UN GRAN DÍA NO CEE MIÑO

Hoxe foi un día moi especial. Un día de celebracións. Primeiro como xa sabemos nesta data faise homenaxe a todas as persoas con Síndrome de Down, o Día da Poesía, e celébrase a chegada dunha nova estación: A Primavera.
Deixamos unha mostra destas celebracións, para o Síndrome de Down, un vídeo que foi publicado en you tube de "Sumate al futuro", e ademais no Centro levouse a cabo unha actividade que tratou de englobar as tres festividades.
A proposta da titora do PCPI e Adxunta de taller, en colaboración cos Coordinadores do Proxecto Voz Natura, de Actividades Extraescolares, Multisensorial e Tics, cada aula elaborou ao longo da semana un testo con materiais de reciclaxe, botellas e briks de leite con pinzas, nas que hoxe na praza das pombas plantaron plantas, bulbos, sementes de xirasol e cabaza. E mentres escoitaron as canción xa publicadas no blog e un vídeo da plantación de bulbos que o alumnado do PCPI fixera. 
Agora só queda unha imaxe, logo, coma se ven facendo, plublicaremos a galería de fotos do proceso. E na vindeira semana levaranse a cabo actividades referidas a estas festas no Encerado Dixital (EDI)







Ningún comentario:

Publicar un comentario