mércores, 28 de maio de 2014

TAREFAS NO EDI SOBRE AS FERRAMENTAS E VISITA Á EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Durante a Semana das Letras Galegas leváronse a cabo actividades no EDI sobre as ferramentas que estiveron expostas na Biblioteca. A continuación pódese ver unha mostra destas actividades.





xoves, 22 de maio de 2014

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Onte o alumnado do 3º Ciclo do CEE Miño visitou a Biblioteca Municipal da Ponte, nunha actividade concedida polo Concello dentro do seu programa de Animación á Lectura.



ACTO LETRAS GALEGAS 2014

O pasado día 16 celebrouse no centro, o día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xosé María Díaz Castro, como peche das actividades levadas a cabo ao longo da semana das Nosas Letras; como xa estaba reflectido no programa.
A continuación engádese unha presentación do acto en imaxes e o enlace para ver o vídeo, tamén as presentacións que serviron de axuda ao alumnado para o recitado dos poemas (que foron adaptados con pictogramas e as voces pola mestra de Audición e Linguaxe, Sonia) e unha presentación de como se constrúe un angazo (unha das ferramentas da exposición) coa colaboración do educador e a titora do PCPI.









ACTO LETRAS GALEGAS 2014 - Movie Maker

No seguinte enlace pódese ver o vídeo deste acto:

https://www.dropbox.com/s/rtcu4eyod39psxw/Festival%20Letras%20Galegas%20%20maio%202014.mov





mércores, 14 de maio de 2014

SAÍDA AO TEATRO

TROGLODITAS
O luns, día 12 de maio, un grupo do alumnado do CEE Miño acudiu ao Auditorio para ver unha obra de teatro de Títeres, a cargo da compañía Tanxarina, que mediante monicreques e con linguaxe adaptado trasladaou ao público a prehistoria dando así a coñecer como foron os comezos da humanidade.



sábado, 10 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

   BIOGRAFÍA DO AUTOR ADAPTADA CON PICTOGRAMAS DE ARAWORD


PROGRAMA ACTIVIDADES SEMANA DAS LETRAS


Para saber máis, os compañeiros do Seminario Galán, como veñen facendo cada ano, deixannos un feixe de tarefas, no seu enderezo, tanto para imprimir coma para traballar on line. 



http://www.seminariogalan.org/

http://www.poetadiazcastro.com/


O Equipo da nosa Biblioteca tamén nos preparou unha EXPOSICIÓN, cunha selección de libros en galego, cos que agardamos pasedes moi bos momentos.



EXPOSICION LETRAS GALEGAS 2014 - Movie Maker

A continuación deixamos unha presentación das ferramentas e apeiros de labranza en miniatura que trouxo a Dinamizadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e que se atopan expostas no noso Recuncho.
Agardamos moitas visitas ao longo da semana.


FERRAMENTAS - Movie Maker

A continuación tamén unha presentación das tarefas que se van levar a cabo na vindeira semana no Encerado Dixital Interactivo (EDI), elaboradas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co das TICs.



venres, 9 de maio de 2014

VISITA AO HORTO INTERXERACIONAL

Onte, 7 de maio, o alumnado da aula do PCPI, acudiu de visita ao Horto Interxeracional do Concello de Ourense.
En marzo de 2011, o Concello puxo en marcha a horta educativa interxeracional. O espazo está situado na zona de Mariñamansa, na beira dereita do río, cunha extensión de 2.000 m2 distribuídos en 22 parcelas, 18 para os veciños, 2 destinadas a persoas con mobilidade reducida e 2 de maior superficie dirixidas a fins educativos e sociais.

As hortas están plantexadas como unha alternativa de ocio, representando ademais espazos de convivencia que posibilitan a integración dos sectores sociais máis desfavorecidos, como a 3ª idade, parados de longa duración, ou persoas con algunha minusvalía, permitindo un intercambio xeneracional de coñecementos i experiencias, fomentando a participación cidadá e a transmisión de tradicións rurais na actual sociedade urbana.

xoves, 8 de maio de 2014

REMATE SEMANA DO LIBRO

Quedarán pendentes de publicación dúas tarefas das organizada para a Semana do Libro. A presentación da tarefa "O Recuncho viaxa polas aulas" e o Conto Adaptado "A Ratiña Presumida" que por falla de tempo nestes días, a súa dramatización queda posposta para o festival das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro 16 de maio, xunto con outras actividades que en breve informaremos.
Un saúdo de Perico e Piruleta que están moi ledos pola participación de toda a Comunidade Educativa nestas actividades.




venres, 2 de maio de 2014

VISITA DOS XOGADORES DO ABO

Como remate de actividades da Semana do Libro, os xogadores do ABO viñeron o mércores de visita ao CEE Miño, onde visitaron o noso Recuncho, concederon entrevistas  e  xogaron un pequeno partido no patio cun grupo do alumnado. 
Tamén repartiron entradas para o partido que se celebrará este sábado as 19:00 horas no Pavillón dos Remedios contra o equipo Balaoncesto de Narón.
ÁNIMO E SORTE PARAO OURENSE CAPITAL TERMAL. 



ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO IV

TAREFAS NO EDI
Ao longo desta semana o alumnado levou a cabo tarefas no EDI creadas e adaptadas, segundo os grupos e os  distintos niveis, partindo do conto "A Ratiña presumida", que por falla de tempo queda para ser representado na semana das Letras Galegas.