sábado, 5 de xullo de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

Cun chisco de retraso chegan as novas de fin de curso.
Este ano a fin de curso, como xa se foi informando en entradas anteriores, estivo ateigada de emocións. Coma sempre, o remate de curso coa súa festa e a despedida dos graduados, mais este ano engadíuselle a celebración do 30 Aniversario.
Así o día 20 de xuño, coincidindo co último día lectivo para o alumnado, celebrouse o acto do Festival  Fin de Curso, comezando segundo o programa, coa acollida ás familias e autoridades coa presentación de tres vídeos, un que resume os 30 anos de Intervención Educativa Especializada, outro que complementa ao do 2012 no  que se presenta un día na vida do alumnado no centro, e por último un resumo fotográfico deste curso.

Para velos hai que ir aos seguintes  enlaces:

https://www.dropbox.com/s/5vey4q22agduclj/30%20aniversario%202-HD%20%28720p%29.m4v

https://www.dropbox.com/s/ep1jsvy8epmucbb/Velle%202014.mov

https://www.dropbox.com/s/y5njjjx8w1476hi/VELLE%2013-14%20.m4v


E na seguinte revista aparecen os textos que serviron de guía e presentación a cada actuación:

Este curso o festival xirou arredor da Música que, en cada unha das súas formas, levou o acto cara a un SENDEIRO DE LEDICIA