venres, 28 de novembro de 2014

CONTACONTOS NO CEE MIÑO

O VINDEIRO LUNS CELEBRARASE NO CENTRO UNHA  DAS ACTIVIDADES OFERTADAS POLO CONCELLO: "DÁLLE FORMA AOS TEUS CONTOS"

Trátase de motivar ao profesorado e ao alumnado para que realicen un álbum ilustrado-forma. Libros de formatos especiais e coa temática da campaña .
Neste curso: 
A temática sobre a que xirarán os libros é o “Libro das marabillas”: Marco Polo ansiaba  viaxar a estraños lugares, con terribles animais de dúas cabezas, homes de ollos resgados falando en linguas incomprensibles , feroces guerreiros máis altos que a torre dunha igrexa e sobre todo : a neve. “Un manto branco e xeado que cae dende o ceo á terra e desfaise nas mans , deixándote o frío dentro do corpo”
É unha actividade de creación que implica a invención dun conto e a súa realización plástica.
Unha animadora percorrerá as aulas para facer un primeiro achegamento ao traballo, cunha sesión lúdica de escoita e participación nunha contada, motivando os rapaces para a creación do libro e orientando ao profesorado na elección da temática e materiais a empregar; ofrecendo unha ampla gama de libros-forma, para que poidan elixir o que máis se adapte ás necesidades do seu alumnado  e do seu centro educativo.
Os libros forma resultantes serán expostos na XXVI Exposición de Animación á Lectura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario