xoves, 9 de abril de 2015

CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA NO CEE MIÑO

O PASADO DÍA 19 DE MARZO, NO CEE MIÑO, LEVARONSE A CABO AS ACTIVIDADES DESTINADAS Á CELEBRAR A CHEGADA DA PRIMAVERA, CO SEU DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA.
NAS SEMANAS PREVIAS ORGANIZOUSE O CORRESPONDENTE TRABALLO PARA QUE ESTAS SE PUIDESEN REALIZAR NO SEU DÍA; QUE COMO SE VEN FACENDO NESTE CURSO, XIRAN ARREDOR DO CENTRO DE INTERESE DA OBRA DE CASARES "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS".
COMENZOUSE COA PRESENTACIÓN DO CONTO "EL BOSQUE DEL PEREZOSO", A PARTIR DO QUE SE PREPAROU UN XOGO DE MOTIVACIÓN (CADA AULA DECOROU UNHA ÁRBORE CON DISTINTAS TÉCNICAS E TEXURAS, QUE LOGO SE COLOCOU NUNHA LÁMINA PARA FORMAR O BOSQUE ONDE SE AGOCHABA O PEREZOSO, E NO QUE O ALUMNADO TIÑA QUE ATOPALO, TRABALLANDO ASÍ CONCEPTOS ESPACIAIS).
 A DECORACIÓN CON DISTINTOS MURAIS DA ENTRADA DO CENTRO E O SALÓN DAS CORES PARA O ACTO.
A RECICLAXE DUN PALET EN XARDÍN MÓBIL (ADAPTALO CON RODAS PARA O SEU DESPRAZAMENTO POLAS AULAS, PINTALO E COLOCACIÓN DE BRIDAS PARA COLOCACIÓN DAS BOTELLAS-SEMENTEIROS), LOGO A PREPARACIÓN E REPARTO DE BOTELLAS PARA A SÚA DECORACIÓN E POSTERIOR SEMENTEIRA (POR SUPOSTO, CON SEMENTES DAS FROITAS TRABALLADAS PREVIAMENTE: LARANXA, MANDARINA, LIMÓN, KIWI E MAZÁ).
E NON PODÍA FALTAR A PARTE MUSICAL, CANTAR E BAILAR COA CANCIÓN "TODOS SOMOS NECESARIOS".
E PARA PRESENTAR ESTA CELEBRACIÓN, PREPAROUSE UN VÍDEO CON IMAXES E UNHA POESÍA EN PICTOGRAMAS COAS VOCES DUN GRUPO DO ALUMNADO, QUE NESTE DÍA TAMÉN RECITARON.


video

 O NOSO BOSQUE DO PEREZOSO


video

video


video


video


Ningún comentario:

Publicar un comentario