xoves, 21 de abril de 2016

RECURSOS DÍA DO LIBRO 2016

NESTA SEMANA, PROFESORADO E ALUMNADO, ANDAN A TRABALLAR A REO PARA  A PREPARACIÓN DA SEMANA DO LIBRO. O VINDEIRO LUNS, DÍA 25, CELEBRARASE UN ACTO, NO QUE CADA AULA AGASALLARÁ A PERICO (como xa saben, a mascota da Biblioteca) CUNHA TARXETA-FRASE-FLOR, QUE IRÁN COLOCANDO POR ORDE NO TABOLEIRO XA FEITO PARA O DÍA DA ÁRBORE, FORMANDO O POEMA "O XARDÍN DE PERICO". POEMA, QUE PRESENTARÁ O ACTO NUN VÍDEO, CREADO POLO EQUIPO DE TICS COAS FOTOS DA TARXETA DE CADA AULA E A VOZ DO ALUMNO DO 4º NIVEL, ARTUR.
ESTE XARDÍN DE PERICO ADORNARÁ A EXPOSICIÓN DE LIBROS QUE SE PODERÁ VISITAR AO LONGO DE TODA A SEMANA, PODERANSE OLLAR TANTO AS NOVAS ADQUISICIÓNS COMA AS CREACIÓNS PROPIAS DO ALUMNADO COA AXUDA DO PROFESORADO.
MENTRES QUEDAN UNS VÍDEOS ATOPADOS NA REDE. 
A PASALO MOI BEN COS NOSOS AMIGOS OS LIBROS!
NON ESQUEZADES QUE SON A MELLOR AVENTURA!

video

video

video


Ningún comentario:

Publicar un comentario