Páginas

PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

Hoxe, ás 10.30 horas da mañá, o alumnado das aulas 4 e 10, arrancaron en autobus dirección ao pavillón da Expourense, onde os agardaban os encargados da actividade, Parque Infantil de Tráfico, do Concello e de Tráfico.
Alí, despois dos saúdos e presentacións correspondentes, Sinda, Fina, Manuel e Celso, acompañaron ao alumnado recorrendo o circuíto (maqueta dunha cidade coas súas rúas e sinais) a pé, exlicándolles os distintos sinais que tiñan que respectar ao longo do circuíto en bicicleta e cars.
A continuación unha mostra da actividade.


luns, 28 de abril de 2014

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO III

ALUMNADO AULA 1 VISITA A EXPOSICIÓN DO RECUNCHO

GRAZAS POLA VOSA VISITA!! 

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO II

PUBLICACIÓN "LIBRO DO MEDO" E A SÚA VIAXE POLAS AULAS
E continuamos coas tarefas da Semana do Libro.
Hoxe deixamos a presentación dunha nova creación, que aínda que comezou no primeiro trimestre non fora publicada, "O Libro do Medo". E a súa viaxe polas aulas, onde cada titor o leu co seu alumnado.
Aproveitamos para recordarvos que a exposición no noso recuncho segue aberta en horario escolar, de 10 a 17 horas.
Un saúdo de Perico e Piruleta.




venres, 25 de abril de 2014

ACTO DÍA DO LIBRO:PRESENTACIÓN CONTO ADAPTADO

Onte, 23 de abril, como actividade eixe do día do Libro no noso Centro, celebrouse un acto no que se presentou o Conto adaptado, "A Ratiña presumida", que ao longo do trimestre, profesorado e alumnado estiveron a realizar, con textos en pictogramas e diferentes texturas, ademais dos traxes para caracterizar ao rato cos distintos oficios. Pois os namorados deste conto están representados polos distintos oficios (xastre, zapateiro, ferreiro, albanel, granxeiro, carpinteiro e o rato namorado).
A continuación queda unha presentación en imaxes deste acto.


xoves, 24 de abril de 2014

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, arrancou no CEE Miño o programa de actividades para esta semana e a vindeira.
Hoxe quedou aberta a exposición na Biblioteca, este ano co lema: "ENTRA, EXPLORA, EXPERIMENTA, EMOCIONATE NO RECUNCHO DE PERICO"
Deixamos unha mostra para que vos animedes a visitar o noso recuncho.


EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO 14 - Movie Maker

Ao longo da mañá O Recuncho de Perico viaxou polas aulas, hoxe coa primeira das creacións deste curso, o conto "Corre, corre cabaciña". E rematamos a mañá coa presentación da derradeira creación, o Conto Adaptado "A Ratiña presumdida".



ARRANCA O 3º TRIMESTRE

Mañá, día 22 de abril, dá comezo o 3º Trimestre, e comezamos cunha celebración moi importante  para o noso Recuncho. 
O mércores, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro e dereitos de Autor. (Información ofrecida pola Asesoría de Bibliotecas escolares)
O Equipo da Biblioteca coa colaboración dos demais Equipos que funcionan no centro teñen preparadas unha selección de actividades para esta semana e a vindeira, Programa que  ofreceremos  na seguinte entrada.
Mentres unhas cousiñas compartidas da rede.

E a dirección dun blog con moitas lecturas para o noso alumnado: contos e cancións con pictogramas





ÁNIMO E A COMEZAR O TRIMESTRE LENDO!!
Perico e Piruleta agardan no Recuncho a visita de toda a Comunidade Educativa!!



luns, 21 de abril de 2014

XOGAMOS NO XIMNASIO

As mañás dos venres son unha auténtica ledicia para o alumnado máis novo do Centro, a mestra de educación física prepáralles uns circuítos con recorridos moi estimulantes e divertidos.
A continuación unha mostra destas actividades:



DISFRUTAMOS MOVENDONOS EN FISIOTERAPIA

A continuación unha mostra do traballo do alumnado coas fisioterapeutas do Centro:

RESUMO TAREFAS TALLERES 2º TRIMESTRE

Na seguinte presentación amósase unha mostra das tarefas levadas a cabo nos talleres que funcionan no Centro ao longo do 1º Trimestre.




venres, 11 de abril de 2014

MARCHAMOS DE VACACIÓNS

Rematou o trimestre e imos de vacacións. 
Por se alguén visita o noso recuncho, deixamos uns vídeos referentes a Pascua.
BOAS VACACIÓNS!!!




venres, 4 de abril de 2014

AS NOSAS CREACIÓNS EN SANTIAGO


O pasado día 27 de marzo celebrouse en Santiago o encontro de Bibliotecas Escolares que forman parte do Plan de Mellora. Acudiu a este encontro a nosa Directora, como representante, e levou os libros creados polo noso alumnado e profesorado no que levamos de curso. 
Os nosos libros son moi especiais, están adaptados a nosa linguaxe (sistema alfabético, signos e pictogramas), e neles non só se contan historias que axudan a nosa imaxinación, senón que son manipulativos e estimulan o noso tacto e algúns o cheiro.
Agardamos lles gustasen moito e puidesen disfrutar deles igual que facemos nos.


xoves, 3 de abril de 2014

SABEMOS DE AUTISMO?

"Sabemos de Autismo?", este foi o noso lema hoxe día 2 de abril, Día da concienciación sobre Autismo e tamén do Libro Infantil, por este motivo a nosa biblioteca non só conta con libros especificos para este alumnado, senón que o profesorado encárgase de adaptar e crear contos con texturas, pictogramas, lengua de signos, cando menos un por trimestre. e aínda que xa se van publicando as fotos neste blog, durante a semana do Libro van estar expostos.
No CEE Miño contamos entre o noso alumnado cun número importante, case a metade,con Autismo. Por iso hoxe quixemos sumarnos a esta celebración cun pequeno acto no centro.
Coa colaboración da titora da Aula 4, que pintou a base do mural, no que despois, por aula,s o alumando foi estampando as súas mans, de cor azul, dentro da silueta do globo correspondente ao seu Ciclo; e unha vez rematado o proceso da estampación, o mural quedou exposto na praza das Pombas onde fixemos unha foto comunitaria antes de baixar ao comedor.
A continuación a mostra deste evento.


Deixamos tamén o vídeo da Federación  Autismo Andalucia, que ten relación co noso lema:






2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Mañá no CEE Miño imos pintar de azul, engadindo, neste día, unha  peza máis ao quebracabezas que da forma ao mundo do que todos somos parte.
Mentres agardades por este acto deixamos uns vídeos recollidos da rede, tamén podedes visitar estes blogs:
http://elsonidodelahierbaelcrecer.blogsp...
http://fundacionorange.es/fundacionorange/comunicados/2014/fundacion_aprendices.html
http://autismodiario.org/