Páginas

xoves, 30 de outubro de 2014

MAÑÁ FESTA DE MEDO NO CENTRO


Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.
Samaín, palabra gaélica, significa fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outro mundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, os ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
A DESCANSAR PARA MAÑÁ BAILAR E BRINCAR COAS BRUXAS DO SAMAÍN!!!


luns, 27 de outubro de 2014

NO OUTONO TOCA SAMAÍN E MAGOSTO

PERICO E PIRULETA DEIXAN NESTA ENTRADA UNS VÍDEOS ATOPADOS NA REDE, PARA IRDES TRABALLANDO AS FESTAS DO SAMAÍN E O MAGOSTO.
TAMÉN VOS DEIXAN DOUS ENLACES CON MOOITAS ACTIVIDADES:











xoves, 23 de outubro de 2014

24 DE OUTUBRO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS


MAÑA, DÍA 24 DE OUTUBRO, CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS, DENDE A CONSELLERÍA OFRECESE INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGAMOS AO CLICAR NO CARTEL.


sábado, 18 de outubro de 2014

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Hoy traemos un precioso corto de animación sobre la Educación Inclusiva



mércores, 8 de outubro de 2014

NO OUTONO LEMOS

NA SEGUINTE PRESENTACIÓN  ATÓPANSE AS LECTURAS RECOMENDADAS POR PERICO E PIRULETA PARA O OUTONO.


martes, 7 de outubro de 2014

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS



A CONTINUACIÓN A PRESENTACIÓN DUN GRUPO DO ALUMNADO DO CENTRO NO TEATRO