Páginas

mércores, 15 de maio de 2024

MAIOS´24

Ola: este ano para celebrar os Maios fixemos, en relación co poema "Primavera" do libro "No bico do vento", unha fermosa gaiola para uns paxariños moi especiais que fixeron os nosos alumnos.

Mirade que bonito nos quedou o noso Maiio!!!

                               

luns, 6 de maio de 2024

DÍA DO LIBRO´24

Ola:nesta semana, do 22 ao 26 de abril, celebramos no cole o DÍA DO LIBRO  con dúas actividades: dende Radio Velle realizamos unha serie de entrevistas a algúns dos nosos compañeiros e compañeiras para que nos contaran como se levan cos libros na súa casa, canto e cando len e cales lecturas nos recomendan; e, tamén, o alumnado do PFB pasou por todas as aulas léndolles aos compañeiros e compañeiras distintos poemas do libro "NO BICO DO VENTO" e tamén lles presentaron un libro-xogo dos distintos paxaros que saen nos poemas e que se están traballando neste trimestre.
Esperamos que o desfrutedes!!!.



 


DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA PRIMAVERA 2024

Ola: A semana do 18 ao 22 de marzo realizamos dúas actividades para conmemorar o DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA PRIMAVERA.

Por unha banda, coa axuda do profe Ramón e o alumnado do PFB de Xardinería, apadriñamos distintas especies de árbores que temos nos arredores do centro. Logo dun sorteo, cada aula decorou un canto rodado e saiu a identificar e colocar a súa pedra na árbore correspondente.

Os rapaces e rapazas do PFB aínda van seguir identificando e colocando máis cantos rodados a outras especies que temos no centro.

Por outro lado, fixemos outra actividade moi bonita: "LIBERAR UN POEMA" que consistiu en compartir uns poemas cos compañeiros e compañeiras do cole CEE  Santa María (Lugo).

Como veredes no vídeo, nos enviámoslles unha gaiola cargadiña de poesía e eles fixeron o mesmo, unha vez no centro o alumnado do PFB encargouse de ir polas distintas aulas dándolles aos alumnas e alumnos a escoller un poema para posteriormente lérllelo.

MOITAS GRAZAS a todos e todas os que  fixestes posible as actividades!!!




martes, 2 de abril de 2024

XOGANDO CON CORDAS

Ola: seguindo a liña temática deste curso e, en relación ao libro "No bico do vento" e para despedir o trimestre, o venres 22 de marzo realizamos unhas actividades a modo de xogo con cordas para todo o alumnado.
                 

                               

              Foi unha experiencia para repetir!!!. 

DÍA DA MULLER´24

Ola: desde o Equipo de Actividades Extraecolares e Complementarias, propuxeron celebrar o 8 de Marzo, DÍA DA MULLER,  desde Radio Velle realizando unha serie de entrevistas para coñecer un pouco máis as nosas compañeiras e os diferentes traballos que desenvolven no día a día no noso cole: coidadoras, cociñeiras, equipo médico, fisioterapia, equipo directivo e mestras, como non...

Esperamos deste xeito coñecelas un pouquiño mellor e a través deste video valorar e agradecer o moito que nos axudan no cole.

luns, 11 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA 2024

Ola: O venres, 23 de febreiro,  celebramos na biblioteca do centro o DÍA DE ROSALÍA, facendo un quebracabezas do retrato de Rosalía de Castro nun obradoiro de pintura coa técnica dos sprays.

Ao longo da semana, nas aulas, tamén fixemos marcapáxinas e pintamos retratos da escritora, que colocamos o día da celebración nun panel mentres algúns alumnos lían versos sobre as árbores favoritas de Rosalía de Castro.


                             

mércores, 21 de febreiro de 2024

ENTROIDO´24

Ola: Este ano a festa do ENTROIDO adicámola ao AMOR. O tema está moi relacionado cun poema dos que traballamos na liña temática deste curso. 
Cada aula, cos distintos especialistas, escolleu unha cor e todos e todas fomos disfrazados de corazóns. Ahhhh...e tamén apareceron unhas CUPIDASfermosas e cheas de amor para axudar e compartir esta bonita festa que celebramos no auditorio o 9 de febreiro. 

Desfrutade do vídeo do noso Entroido!!!.

DÍA DA PAZ 2024

Ola: ainda que o DÍA DA PAZ é o 30 de Xaneiro, no cole celebrámolo o 26 de Xaneiro, como podedes ver no seguinte vídeo.

FESTA DE NADAL 2023

Ola:deixámosvos un vídeo da festa que fixemos o último día no cole para festexar o trimestre e o Nadal. 


Bo Nadal familias!!!