Páginas

venres, 22 de maio de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS´26

Ola: este ano, para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, decoramos unha imaxe da autora homenaxeada "Begoña Caamaño", con materiais reciclados e fixemos un obradoiro na biblioteca para facer micrófonos e cascos, cos que fixemos unhas fotos moi divertidas!!!.            

E tamén fixemos un podcast, onde varios alumnos fixeron unha entrevista relacionada coa autora, que escoitamos mentres faciamos o obradoiro.


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

luns, 11 de maio de 2026

MAIOS´26


Ola: este ano, para celebrar a festa dos MAIOS, cada aula elexiu un animal que aparece no libro "O gran libro das nosas vilas" e fixo o seu Maio particular. Despois, para expoñelos, colgámolos mentres se acertaban unhas adiviñas relacionadas cos animais.
    Viva os MAIOS!!!.


DÍA DO LIBRO´26

Ola: para celebrar o Día do Libro fixemos unhas lecturas compartidas polas aulas sobre os animais que hai no libro "O gran libro das nosas vilas".
Feliz Día do Libro!!!.



 

 

luns, 20 de abril de 2026

DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA´26

Ola: A primavera chegou ao CEE Miño e con ela... un obradoiro cheo de cores e vida!!!.

Os noso alumnado desfrutou coloreando macetas, trasplantando plantiñas e aprendendo sobre a natureza dun xeito divertido e creativo.

Cada sorriso e cada man sucia de terra contan unha pequena historia de aprendizaxe e alegría.

martes, 17 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA´26

Ola: o 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA coa lectura polas aulas, por parte do alumnado do PFB, de varias poesías e tamén lles entregaron aos compañeiros unha invitación para participar nun obradoiro, o venres 27, na biblioteca do cole.  Neste obradoiro pintamos un chaveiro que tiña, por un lado a cara de Rosalía e, polo outro, a súa casa.
Algúns alumnos tamén desfrutaron, coas gafas virtuais, da visita pola casa da escritora.
               Pasámolo xenial!!!

luns, 23 de febreiro de 2026

ENTROIDO´26

Ola: este curso celebramos o ENTROIDO disfrazándonos de varias profesións: persoal laboral do centro, músicos e bombeiros.

Pasámolo xenial no noso desfile!!!.



 

 

 

 

DÍA DA PAZ´26

Ola: o 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ facendo un "Abecedario da Paz"  e bailamos un "rap" con moito ritmo!!!.


venres, 9 de xaneiro de 2026

NADAL´25

Ola: na derradeira semana, antes das vacacións, celebramos no cole o NADAL de moitas maneiras, como podesde ver nos vídeos.

BO NADAL!!!

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE´25

Ola: O venres, 5 de decembro, celebramos a diversidade que enriquece o noso cole.
Estreamos a canción "BRILLAMOS XUNTOS", cantamos, bailamos e desfrutamos.

"Brillamos xuntos" é unha canción que creamos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, lembrando algo que, no noso cole, vemos cada día: todos e todas temos unha luz única que achegar.

Ilustramos a canción con momentos especiais do noso alumnado, que coa súa alegría, esforzo e a súa maneira de mirar o mundo, nos ensinan a ser mellores.

Porque cando camiñamos da man...brillamos máis fortes.

Grazas a todos e todas por encher cada recuncho do cole de luz e de vida.

Sigamos construíndo xuntos un espazo onde todas e todos podamos ser, sentir e brillar.

Cada sorriso, cada mirada e cada pequeno logro do noso alumnado lémbranos que todas as luces son importantes.

Estes vídeos son unha homenaxe a iso.