Ola: este ano, para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, decoramos unha imaxe da autora homenaxeada "Begoña Caamaño", con materiais reciclados e fixemos un obradoiro na biblioteca para facer micrófonos e cascos, cos que fixemos unhas fotos moi divertidas!!!.
venres, 22 de maio de 2026
DÍA DAS LETRAS GALEGAS´26
luns, 11 de maio de 2026
MAIOS´26
DÍA DO LIBRO´26
luns, 20 de abril de 2026
DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA´26
Ola: A primavera chegou ao CEE Miño e con ela... un obradoiro cheo de cores e vida!!!.
Os noso alumnado desfrutou coloreando macetas, trasplantando plantiñas e aprendendo sobre a natureza dun xeito divertido e creativo.
Cada sorriso e cada man sucia de terra contan unha pequena historia de aprendizaxe e alegría.
martes, 17 de marzo de 2026
DÍA DE ROSALÍA´26
luns, 23 de febreiro de 2026
ENTROIDO´26
DÍA DA PAZ´26
venres, 9 de xaneiro de 2026
NADAL´25
DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE´25
Estreamos a canción "BRILLAMOS XUNTOS", cantamos, bailamos e desfrutamos.
"Brillamos xuntos" é unha canción que creamos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, lembrando algo que, no noso cole, vemos cada día: todos e todas temos unha luz única que achegar.
Ilustramos a canción con momentos especiais do noso alumnado, que coa súa alegría, esforzo e a súa maneira de mirar o mundo, nos ensinan a ser mellores.
Porque cando camiñamos da man...brillamos máis fortes.
Grazas a todos e todas por encher cada recuncho do cole de luz e de vida.
Sigamos construíndo xuntos un espazo onde todas e todos podamos ser, sentir e brillar.
Cada sorriso, cada mirada e cada pequeno logro do noso alumnado lémbranos que todas as luces son importantes.Estes vídeos son unha homenaxe a iso.