luns, 11 de maio de 2026

MAIOS´26


Ola: este ano, para celebrar a festa dos MAIOS, cada aula elexiu un animal que aparece no libro "O gran libro das nosas vilas" e fixo o seu Maio particular. Despois, para expoñelos, colgámolos mentres se acertaban unhas adiviñas relacionadas cos animais.
    Viva os MAIOS!!!.


DÍA DO LIBRO´26

Ola: para celebrar o Día do Libro fixemos unhas lecturas compartidas polas aulas sobre os animais que hai no libro "O gran libro das nosas vilas".
Feliz Día do Libro!!!.



 

 

luns, 20 de abril de 2026

DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA´26

Ola: A primavera chegou ao CEE Miño e con ela... un obradoiro cheo de cores e vida!!!.

Os noso alumnado desfrutou coloreando macetas, trasplantando plantiñas e aprendendo sobre a natureza dun xeito divertido e creativo.

Cada sorriso e cada man sucia de terra contan unha pequena historia de aprendizaxe e alegría.

martes, 17 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA´26

Ola: o 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA coa lectura polas aulas, por parte do alumnado do PFB, de varias poesías e tamén lles entregaron aos compañeiros unha invitación para participar nun obradoiro, o venres 27, na biblioteca do cole.  Neste obradoiro pintamos un chaveiro que tiña, por un lado a cara de Rosalía e, polo outro, a súa casa.
Algúns alumnos tamén desfrutaron, coas gafas virtuais, da visita pola casa da escritora.
               Pasámolo xenial!!!

luns, 23 de febreiro de 2026

ENTROIDO´26

Ola: este curso celebramos o ENTROIDO disfrazándonos de varias profesións: persoal laboral do centro, músicos e bombeiros.

Pasámolo xenial no noso desfile!!!.