luns, 17 de decembro de 2012

PROGRAMA DE NADAL

EXPOSICIÓN DE TARXETAS DE NADAL


Xa fixemos as tarxetas de nadal do cole. Quedáronnos moi chuliñas.Aquí volas deixamos para que poidades velas:




VIDEOCONFERENCIA CON LAPONIA

O pasado xoves tivemos unha videoconferencia con Laponia na aula CEMIT  do Concello de Ourense.
Dende alí falounos PAPÁ NOEL e fíxonos unha chea de preguntas, foi moi emocionante, os rapaces/as pasárono xenial, podedes comprobalo nas seguintes fotos e no video.







XA CHEGA O NADAL!!!

Nas aulas e no colexio xa se respira ambiente de Nadal, data atractiva e moi motivadora para o  noso alumnado. 
Xa temos decoradas as aulas, corredores e colexio en xeral, podedes comprobalo nas seguintes fotos...que vos parece?











Por certo, desde a biblioteca, queremos aproveitar esta ocasión  para agradecerlle a nosa compañeira Analú a súa colaboración incondicional na elaboración dos distintos murais que decoran o noso centro,e toda unha artista!!!



mércores, 12 de decembro de 2012

RECITANDO CELSO EMILIO


Hoxe celébrase o centerario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro,unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.

O noso colexio uniuse o homenaxe a través dun recitado colectivo que servirá como acto reivindicativo"en defensa da lingua".


As 12 en punto, os alumnos da aula 10 e 4 recitaron o poema "Deitado fronte ao mar" e bailaron o rock na aula de música. 
A continuación podedes ver unha foto e disfrutar do video do rock  que elaborou o alumnado do 3º ciclo do colexio CEIP A Barqueira.

                                                   



                                 

luns, 3 de decembro de 2012

DÍA DA DISCAPACIDADE



O día 3 de decembro celébrase o "DÍA DA DISCAPACIDADE".Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral no ano 1992,para fomentar a integración na sociedade das persoas discapacitadas,buscando concienciar á xente sobre os problemas daqueles  que padecen algún tipo de impedimento físico ou psíquico así como promover melloras relacionadas cos dereitos,benestar e dignidade dos afectados.O lema deste ano é: "ELIMINAR AS BARREIRAS PARA CREAR UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA E ACCESIBLE PARA TOD@S".
Déixovos uns videos para reflexionar :