luns, 2 de maio de 2022

DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA.

Ola: o 24 de marzo celebramos o "DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA". A actividade consistiu en facer unha maqueta nun taboleiro dun “Souto de castiñeiros dos desexos” (que inclúe un río). Para facelo cada aula fixo durante a semana un castiñeiro con diverso material (de refugallo, natural,...) e tiñan que escribir no tronco  un desexo (cun pictograma ou con letras). 
O día da conmemoración o alumnado colocou no taboleiro a árbore e, ao seu arredor, unha planta aromática,  mentres algúns alumnos do PFB ían lendo os desexos e explicando as características das herbas aromáticas. Despois, tamén  leron unha poesía sobre os castiñeiros, a auga, a primavera,...
Compartimos un vídeo resumo da nosa celebración. Esperamos que vos guste!!!.


"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

Ola: o 8 de marzo para conmemorar o "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" cada aula empregou e adaptou distintos materiais que compartimos nun "genially" para tal fin.

Como actividade colectiva, decidimos reciclar un mural do curso pasado e darlle un novo uso. Baixo o lema "TODOS SOMOS TODAS..." cada titor/a traballou co seu alumnado distintas profesións que, indistintamente, poden desempeñar tanto homes coma mulleres. Con foto, pictograma ou debuxo o alumnado escolleu unha profesión e decorou o seu círculo. O mural colocouse na Praza das Pombas e por ali fomos pasando todos/as.

 


DÍA DE ROSALÍA

Ola: para conmemorar o "DÍA DE ROSALÍA" fixémolo en colaboración coas familias e coas actuacións moi especias do alumnado do PFB, acompañados de Martín e Baldo. Ademáis, tamén decoramos un panel da protagonista do libro "Parece unha rosa".
Un traballo fantástico!!!.