Ola: o 24 de marzo celebramos o "DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA". A actividade consistiu en facer unha maqueta nun
taboleiro dun “Souto de castiñeiros dos
desexos” (que inclúe un río). Para
facelo cada aula fixo durante a semana un castiñeiro con diverso material (de refugallo,
natural,...) e tiñan que escribir no tronco
un desexo (cun pictograma ou con letras).
O día da conmemoración o alumnado colocou no taboleiro a árbore e, ao seu arredor, unha planta aromática, mentres algúns alumnos do PFB ían lendo os desexos e explicando as características das herbas aromáticas. Despois, tamén leron unha poesía sobre os castiñeiros, a auga, a primavera,...
Compartimos un vídeo resumo da nosa celebración. Esperamos que vos guste!!!.

Ningún comentario:
Publicar un comentario