luns, 13 de decembro de 2021

ACTIVIDADES DA CONMEMORACIÓN DO DÍA 3 DE DECEMBRO

 

Ola: Por aquí vos deixamos o vídeo resumo das actividades que fixemos o pasado venres, 3 de decembro para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Por unha banda, Perico apareceu no auditorio para recordarnos que se conmemoraba nesa data e tamén para pedirlle a cada alumna e alumno a súa credencial para poñerlle o selo correspondente.

O profe Martín foi o encargado de presentar oficialmente a canción que compuxo e para a que fixemos un fermoso vídeo coa axuda do CEE O Pino e do CEE Infanta Elena. Ademáis, tróuxonos unha sorpresiña e pediunos que todos seguiramos unha coreografía...non faltou o baile nin os tarareos que moitos e moitas xa sabían a canción. Foi xenial!!!

Para rematar, desplegamos un paracaídas de moitísimas cores simulando que era un gran paraugas baixo o que nos metemos todos...xogamos, rimos, cantamos, bailamos, brincamos e non deixamos de sorrir nin un so momento!!!.

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. 

Este curso no cole fixemos este marabilloso traballo colaborativo que vos presentamos nos vídeos da entrada.

O profe Martín compuxo esta fermosa canción que leva por título "EU SON QUEN" e coa axuda do profesorado e do alumnado dos colexios: CEE O PINO, CEE INFANTA ELENA  e por suposto do CEE MIÑO déuselle vida e movemento á letra!

Moitísimas grazas pola colaboración e por este fermosísimo traballo!!!

E nunca o esquezades:

EU SON QUEN!!!  

 

 

 

 

luns, 29 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

 Ola: O mércores, 10 de novembro, estivemos celebrando unha das festas máis importantes do outono que é o MAGOSTO.

 

O auditorio decorouse para que lucira ben bonito e preparouse un circuito variado de xogos con distintos niveis de dificultade: recuncho sensorial das froitas, caixas e mesas táctiles e sonoras, os birlos, xogo do pano e baile final do Rap de Perico!

Perico, coa súa mochila de peregrino, esperou na porta do Auditorio para recibir a cada un dos grupos de alumnado que foi chegando ao longo da mañá para facer as actividades e selar a súa credencial de peregrino.

Ahhh... e non podía faltar a piñata, que colgaron os profes no patio e que o alumnado rompeu para coller o agasallo que había dentro.

Foi moi divertido e pasámolo a tope!!!

mércores, 3 de novembro de 2021

A FESTA DE SAMAIN


Ola: A semana pasada celebramos no colexio o SAMAIN.
Nas aulas fixéronse distintas actividades, como  decorar as cabazas e tamén as portas.
O xoves desfrutamos dunha actividade terrorífica!!!: a aula de Música converteuse nun "Túnel de medo" cheo de sons, luces, aparicións e personaxes monstruosamente desagradables.
PASÁMOLO DE MEDOOOOO!!!
Ollade o vídeo e comprobádeo!
 

venres, 29 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Ola: O pasado xoves, Perico, a mascota da Biblioteca do noso colexio, veu visitarnos no Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro de todos os anos.

O primeiro que fixemos foi escoitar a explicación do funcionamento da biblioteca e ver unha adaptación con pictogramas do libro co que traballaremos neste curso "Bo Camiño, peregrino!", sobre o Camiño de Santiago.

 

Despois, entre todos vestimos a Perico de peregrino coa súa capa, sombreiro, caxato, etc. Vestido xa de peregrino,  presentounos a liña temática deste curso "Perico fai o Camiño", contounos a historia do Camiño de Santiago e tamén qué temos que levar na nosa mochila para poder facelo.

Ademáis, entregounos un agasallo: a nosa credencial de peregrinos e peregrinas personalizadas coas nosas fotos!.

Perico prometeu volver pronto de visita e, para rematar a actividade, bailamos todos xuntos a  canción "Camiño da estrelas".

 

E, mentres chega e non chega a Santiago, aquí vos deixamos a réplica de madeira que temos de Perico na entrada do colexio.

 

xoves, 29 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

Ola: para a celebración do Día do Libro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca, seleccionou unha serie de libros colocados nun expositor na biblioteca, para que todas as aulas puideran disfrutalos por quendas, sen deixar de seguir o protocolo Covid.



Entre os libros seleccionados destaca "Non te amola" de Xela Arias, que é a autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.

Ao longo da semana nas aulas traballouse nun encargo que nos fixeron desde a Biblioteca para montar un fermoso libro adaptado con pictogramas titulado "Cómo convivimos ca Covid no CEE Miño", coa colaboración de Sabela.



O xoves, 22 de abril, cada aula foi á Biblioteca coa súa lámina do libro decorada segundo a norma Covid que lle tocou para pegala nun panel. E alí esperábanos a nosa querida Sabela para escenificar as distintas normas que se traballaron polas aulas e ás que Arthur e Sofía, da aula 10, lles puxeron voz.

Despois da escenificación, tamén tivemos tempo de cantar e bailar grazas ao profe Jose, que coa súa guitarra interpretou a canción "Sabela, as zocas máxicas e o Coronavirus" entre outras moitas cancións...
No vídeo podedes ver un resumo do que foi a actividade:

 

E para rematar...o Equipo da Biblioteca estivo entregándolle un recordo ao alumnado que, durante o confinamento do curso pasado, colaborou nas distintas propostas que se fixeron.


Diario de cuarentena

luns, 26 de abril de 2021

DÍA DA PRIMAVERA, POESÍA, AUGA E ÁRBORE

Ola: no C.E.E. Miño celebramos no mes de marzo a chegada da Primavera con varias actividades, nas que tamén incluímos a celebración do Día Mundial da Poesía e da Árbore (21 de Marzo) e o Día Mundial da Auga (22 de Marzo).
Festexámolo na biblioteca do cole ao longo da mañá do xoves día 18 de marzo. En tres grupos diferentes, fixemos estas dúas actividades:
"Cortina da poesía da primavera na rúa con Sabela".
Nunha das ventás da biblioteca colocouse unha cortina feita con tiras de plástico formando un arco da vella. O alumnado foi pegando distintos pictogramas con vocabulario propio da primavera na cor que cada un ou unha escollía.
"A árbore de Perico".
Todos os alumnos e alumnas pintaron distintas froitos, flores e gotas de auga con distintas técnicas nun obradoiro que se desenvolveu, mentres o profe Jose tocaba e cantaba unha canción feita para a ocasión. Para rematar colocáronse todos os traballos nunha árbore colocada sobre un panel.
Nos seguintes vídeos podedes ver como se desenvolveu a actividade en cada un dos grupos:
 

 

mércores, 17 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Ola: o 8 de marzo celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER para seguir loitando pola igualdade para todas as mulleres.

Así, tomamos como referencia o lema "TODAS E TODOS SOMOS ROSIE DE RIVETER" para traballar co noso alumnado.

Na seguinte imaxe interactiva, se premedes sobre as fotos descubriredes ás verdadeiras loitadoras e  loitadores.

 



  

 

 


 

DÍA DE ROSALÍA

Ola: o 24 de febreiro homenaxeamos a ROSALÍA DE CASTRO cunhas actividades feitas polos nosos alumnos e alumnas.

Entón, entre pequenos grupos de aulas decorouse un panel con cartulinas pintadas con debuxos que facían referencia ao poema CANTARES GALEGOS.

Ademáis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega repartiu a cada aula a flor preferida de Rosalía, un pensamento, para colocala noutro panel que decora a entrada do noso cole, xunto co outro panel.

E, para rematar esta homenaxe, os alumnos e as alumnas da aula 10 colorearon fotos de Rosalía e puxéronlle voz aos versos traballados. 

 


ENTROIDO 2021!!!

Ola:este curso celebramos o ENTROIDO 2021 a marchas forzadas, adaptándonos ao pouco tempo que tivemos para preparalo, xa que o festexamos á volta dun pequeno confinamento. 

Aínda así, a festa non faltou no cole durante a semana do 8 ao 12 de febreiro, para que os nosos nenos e nenas o pasaran o mellor posible e desfrutasen do seu ENTROIDO...

 A mostra de que o pasamos en grande védela nos seguintes vídeos:

 

luns, 1 de febreiro de 2021

DÍA DA PAZ NO CEE MIÑO

Ola: no CEE Miño para celebrar o "DÍA DA PAZ" quixemos acordarnos de todas aquelas persoas que co seu traballo e adicación conseguen que poidamos levar esta pandemia da mellor maneira posible.
E, para iso, o mestre de Música, Jose, escribiu unha fermosa canción de agradecemento para as traballadoras e traballadores que tanto nos coidan...

                                                                    MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!!!
















 

 

venres, 8 de xaneiro de 2021

FESTIVAL DE NADAL


Chegou a maxia do NADAL ao cole e o día 17 de decembro fixemos unha pequena celebración na biblioteca.

 

Sabela aparece sorrindo ao ver a árbore de Nadal para escenificar coa axuda do alumnado o conto de "Sabela e o Nadal" e, o  profe Jose é o encargado de poñerlle voz e música coa súa guitarra.

Logo foi a quenda de Baldo e Sofía que interpretaron uns fermosos villancicos e aos que acompañamos coas nosas voces.

Para rematar, Papá Noel achegouse a saudar a todo o alumnado e tamén lle entregou un agasallo porque se todos os anos o merecen este ano moito moito máis.

Os sorrisos e as caras de ilusión do alumnado son o mellor agasallo...ollade a presentación de fotos e vídeo e desfrutade tanto coma nós. 



 

Baixo o mesmo paraugas

Ola: o 3 de Decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade  e no cole celebrámolo segundo o lema "Baixo o mesmo paraugas" con este vídeo:

                      

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 de novembro

 CLAUDIA, NAOMI, SARA, DANIELA, LUCÍA, DAYANA, SOFÍA PÉREZ, DEBRITU, MARÍA ÁLVAREZ, SOFÍA IGLESIAS, MARÍA PEREIRA, MARTA...sodes unhas HEROINAS, BRAVAS e VALENTES.

No  CEE MIÑO O 25 DE NOVEMBRO recordamos a todas as compañeiras que loitaron e seguirán loitando para que as nosas nenas sigan sendo un exemplo de superación.
Unidas todo é posible