xoves, 29 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

Ola: para a celebración do Día do Libro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca, seleccionou unha serie de libros colocados nun expositor na biblioteca, para que todas as aulas puideran disfrutalos por quendas, sen deixar de seguir o protocolo Covid.



Entre os libros seleccionados destaca "Non te amola" de Xela Arias, que é a autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.

Ao longo da semana nas aulas traballouse nun encargo que nos fixeron desde a Biblioteca para montar un fermoso libro adaptado con pictogramas titulado "Cómo convivimos ca Covid no CEE Miño", coa colaboración de Sabela.



O xoves, 22 de abril, cada aula foi á Biblioteca coa súa lámina do libro decorada segundo a norma Covid que lle tocou para pegala nun panel. E alí esperábanos a nosa querida Sabela para escenificar as distintas normas que se traballaron polas aulas e ás que Arthur e Sofía, da aula 10, lles puxeron voz.

Despois da escenificación, tamén tivemos tempo de cantar e bailar grazas ao profe Jose, que coa súa guitarra interpretou a canción "Sabela, as zocas máxicas e o Coronavirus" entre outras moitas cancións...
No vídeo podedes ver un resumo do que foi a actividade:

 

E para rematar...o Equipo da Biblioteca estivo entregándolle un recordo ao alumnado que, durante o confinamento do curso pasado, colaborou nas distintas propostas que se fixeron.


Diario de cuarentena

Ningún comentario:

Publicar un comentario