venres, 4 de febreiro de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Ola: como o día 30 de xaneiro conmemórase o "DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ" no cole celebrámolo o xoves 28 con varias actividades no noso auditorio.

Previamente, durante toda a semana e  nas distintas aulas, fixéronse diversos traballos e actividades en relación a dita conmemoración.

Desde o Departamento de Orientación organizouse unha actividade co alumnado do PFB, que consistiu en que explicaran que era para eles a Paz. E, froito desas explicacións, saiu este vídeo tan emotivo.

Cada aula estivo traballando en dúas actividades, que consistiron en decorar unha pomba para logo facer un mural colectivo e decoraron un paraugas transparente con distintas palabras relacionadas coa paz: AMOR, AXUDA, AGARIMO, RESPETO, APERTA, COMPARTIR, EQUIDADE, TOLERANCIA, AMIZADE, FELICIDADE  E ESCOITAR.

O mural colectivo estívose facendo no auditorio e os paraugas colgáronse no hall da entrada do cole.

 

Na presentación podedes ver como transcurriu o acto e as outras actividades que fixemos.

Nesta celebración, dous alumnos do PFB, Yerai e Sofía, leron un manifesto que previamente adaptamos con pictogramas e as súas voces.

Sofía tamén cantou a canción de "Paz, Paz, Paz" de Juanes.

E para rematar estivemos todos xuntos cantando e bailando ata a hora de comer...porque...

 

"A PAZ COMEZA E COMEZARÁ SEMPRE 

CUN SORRISO" .