Previamente, durante toda a semana e nas distintas aulas, fixéronse diversos traballos e actividades en relación a dita conmemoración.
Desde o Departamento de Orientación organizouse unha actividade co alumnado do PFB, que consistiu en que explicaran que era para eles a Paz. E, froito desas explicacións, saiu este vídeo tan emotivo.
Cada aula estivo traballando en dúas actividades, que consistiron en decorar unha pomba para logo facer un mural colectivo e decoraron un paraugas transparente con distintas palabras relacionadas coa paz: AMOR, AXUDA, AGARIMO, RESPETO, APERTA, COMPARTIR, EQUIDADE, TOLERANCIA, AMIZADE, FELICIDADE E ESCOITAR.
O mural colectivo estívose facendo no auditorio e os paraugas colgáronse no hall da entrada do cole.
Na presentación podedes ver como transcurriu o acto e as outras actividades que fixemos.
Nesta celebración, dous alumnos do PFB, Yerai e Sofía, leron un manifesto que previamente adaptamos con pictogramas e as súas voces.
Sofía tamén cantou a canción de "Paz, Paz, Paz" de Juanes.
E para rematar estivemos todos xuntos cantando e bailando ata a hora de comer...porque...
"A PAZ COMEZA E COMEZARÁ SEMPRE
CUN SORRISO" .
Ningún comentario:
Publicar un comentario