martes, 28 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA 2023

Ola: o xoves 23 de febreiro celebramos no colexio o DÍA DE ROSALÍA que recorda o día do seu nacemento no ano 1837. 
Para festexalo, tomamos como referencia o seu poema "Caldo de gloria" e fixemos entre todos un caldo con todos os seus ingredientes e coloreamos o seu retrato nun panel (que decora a entrada do colexio). E rematamos a celebración cunha bonita versión da canción "Negra sombra" interpretada polo mestre de Música Juanjo con varios alumnos. 

 

                             

venres, 24 de febreiro de 2023

ENTROIDO NO CEE MIÑO 2023

Ola: benvidos ao ENTROIDO 2023... carautas, orellas, foliada e emoción, que viva o Entroido que nos trae diversión!!!
             
A semana previa á festa do Entroido Perico, a nosa mascota, fixo de meco para facer públicas as súas ordes...

                           

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR 2023

Ola: o 30 de xaneiro conmemoramos DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR con diferentes actividades que fixemos no cole. 
Por unha banda, cada aula decorou, ca mesma palabra e cor que se empregou o Día da Discapacidade, un faroliño de papel para botalo a voar. Resultou unha actividade moi atractiva para o alumnado, que amosaron moita curiosidade e ledicia ao ver voar os seus faroliños. 
E, por outra banda, decoramos as escaleiras do hall cun texto moi fermoso pegado en vinilos e que é moi inspirador para este día.
Ademais nas distintas aulas foron variadas as actividades que se levaron a cabo.