sábado, 29 de decembro de 2018

VISITA A COCIÑA E PREPARACIÓN DUN PASTEL DE ARROZ

A SEMANA PASADA O ALUMNADO DO 4º NIVEL, ACOMPAÑADO POLAS SÚAS PROFES FOI COÑECER A COCIÑA DO COLE.
ALÍ CON SAGRARIO E ÁNGELES, AS NOSAS COCIÑEIRAS, VIRON MOITAS COUSAS INTERESANTES QUE LLES CHAMARON A ATENCIÓN, POR EXEMPLO COMO ESTABAN A PREPARAR UN COCIDO.
A CUESTIÓN É QUE AS PROFES FÓRONLLES PEDIR COLABORACIÓN PARA PREPARAR UNHA RECEITA AO DÍA SEGUINTE: UN PASTEL DE ARROZ CON OVOS RECOLLIDOS POR MARTA E ABRAHAM NO NOSO GALIÑEIRO.



A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS UNHA PRESENTACIÓN DE FOTOS E UN VÍDEO CON TODO O PROCESO DE ELABORACIÓN E DEGUSTACIÓN DOS DOUS DOCES QUE PREPARAMOS...TOMADE NOTA!!!

xoves, 20 de decembro de 2018

FELICITACIÓN DOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA

ESTA SEMANA, OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA ESTIVERON PREPARANDO UNHA FERMOSA ÁRBORE PARA FELICITAR O NADAL E QUEDOU EXPOSTA EN FORMA DE MURAL. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

E AQUÍ UNHAS FOTIÑOS DE COMO TRABALLARON:





martes, 18 de decembro de 2018

TARXETA DIXITAL DE NADAL

ESTE NADAL, PERICO E PIRULETA ACHÉGANVOS UNHA FELICITACIÓN DE NADAL MOI ESPECIAL.
UN TRABALLO DE COLABORACIÓN, ENTRE OS CINCO OBRADOIROS QUE FUNCIONAN NO CENTRO, QUE XIRA ARREDOR DO PROXECTO DESTE CURSO "SABELA, CASTAÑAS E LANDRAS" RELACIONADO CO PRESENTADO PARA VOZ NATURA (REPOBOANDO), CON NARRACIÓN DO ALUMNO ARTUR (EN ESCOLARIZACIÓN COMBINADA) E CON ARRANXOS MUSICAIS POR PARTE DE ALGÚNS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA.

E... COMO DI  A TARXETA: BO NADAL DENDE O CEE MIÑO!!

luns, 17 de decembro de 2018

PROGRAMA FESTIVAL NADAL

NO CEE MIÑO HOXE COMEZA UNHA SEMANA DE MOITA EMOICIÓN, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA ESTÁ A TRABALLAR ARREO NOS PREPARATIVOS DO FESTIVAL, QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO VENRES COMO REMATE DE TRIMESTRE E COMEZO DAS FESTAS DO NADAL.
E...PARA IR SABENDO, PERICO E PIRULETA DEIXAN O PROGRAMA DESTE FESTIVAL.
E...PARA IR CELEBRANDO CON LEDICIA CADA DÍA

SESIÓN DE TERAPIA ARDAI

A SEMANA PASADA MARÍA E IZCALLI VIÑERON CON SEVEN E AKELA A FACILITARNOS A ÚLTIMA SESIÓN DE TERAPIA ANTES DO NADAL.
NESTA OCASIÓN FORON ELAS OS QUE SE ACERCARON POLAS AULAS A CONTARNOS UN CONTO MOI FERMOSO DE NADAL COA AXUDA DE SEVEN. O ALUMNADO TAMÉN DISFRUTOU UN MONTÓN CONECTANDO,XOGANDO E APRENDENDO CON AKELA.
HAI EN CASOS ONDE OS AVANCES NO ACHEGAMENTO ENTRE OS PEQUES E OS ANIMAIS SON IMPRESIONANTES.
PARABÉNS POLO TRABALLO E MOITAS GRACIAS.
VÉMONOS EN XANEIRO.
AQUI VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DA SESIÓN...AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

mércores, 12 de decembro de 2018

RECURSOS PARA O NADAL

PERICO E PIRULETA ESTIVERON BUSCANDO E RECOPILANDO INFORMACIÓN SOBRE O NADAL, E AÍNDA QUE O ALUMNADO DO CEE MIÑO XA LEVA UNS DÍAS TRABaLLANDO MOITO NA PREPARACIÓN DA TARXETA DE NADAL, DECORACIÓN DO CENTRO E PREPARANDO O FESTIVAL, DEÍXANVOS AQUÍ UNHA SELECCIÓN DE COUSIÑAS:


 Recursos EDLG






PLANTANDO LANDRAS

A SEMANA PASADA ADICAMOS TODAS AS TARDES A DARLLE CONTINUIDADE AO PROXECTO INICIADO ESTE CURSO E...
QUE FOI O QUE TOCOU?
POR UNHA BANDA E POR QUENDAS, NO OBRADOIRO DOS CONTOS PROXECTOUSE A CURTA QUE GRAVAMOS DE XAIME E AS LANDRAS.
ADEMAIS, A PROXECCIÓN ACOMPAÑOUSE DUNHA PEQUENA DRAMATIZACIÓN ONDE SE INCORPORARON OS BONECOS-PROTAGONISTAS DO CONTO ASÍ COMO OS PICTOGRAMAS CORRESPONDENTES PARA APOIAR E FACILITAR A COMPRENSIÓN.
POR OUTRA PARTE, EN COLABORACIÓN CO OBRADOIRO EXPLORAMOS COS SENTIDOS, TODO O ALUMNADO PLANTOU A SÚA LANDRA.
PREVIAMENTE PEDIUSE A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA QUE APORTARAN UN CARTÓN DE LEITE QUE LOGO SE ENCHEU DE TERRA E SERVIU COMO TESTO PARA METER A LANDRA.
AHH! E MENUDA SORPRESA LEVOU O ALUMNADO DO 4º NIVEL CANDO ESTABA PLANTANDO...SABEDES QUE ANIMALIÑO ATOPOU...OLLADE O VÍDEO E DESCUBRIRÉDELO...
O QUE MAIS  E O QUE MENOS DISFRUTOU UN MONTÓN LAVANDO OS CARTÓNS, METENDO AS MANS NA TERRA, REGANDO CON AUGA, CRAVANDO, CALCANDO DE NOVO A TERRA...TODA UNHA EXPERIENCIA... E PARA REMATAR CADA ALUMNO E ALUMNA COLOCOULLE AO SEU CARTÓN A  SÚA FOTO.
E AGORA...DOCE ESPERA...







mércores, 5 de decembro de 2018

INTRODUCIÓN AO PROXECTO DOS OBRADOIROS

NESTE CURSO, IGUAL COMO SE VEN FACENDO NAS SESIÓNS DA MAÑÁ, NOS CINCO OBRADOIROS QUE FUNCIONAN NA SESIÓN DA TARDE, DECIDIUSE TRABALLAR CUN FÍO CONDUTOR COMÚN, A PROPOSTA DO EQUIPO DA BIBLIOTECA.
SENDO ESTE O CONTO INTRODUTOR, "XAIME E AS LANDRAS", DO QUE PARTIU A  IDEA E DA TÍTULO AO NOSO PROXECTO "SABELA, CASTAÑAS E LANDRAS".



PRIMEIRO COMEZOUSE VENDO O VÍDEO DO CONTO, QUE HAI EN YOU TUBE, NAS AULAS:

 https://www.youtube.com/watch?v=YbJCFDAIYjc

E AGORA...




E....RESULTADO FINAL A NOSA PRIMEIRA CURTA:

luns, 3 de decembro de 2018

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

HOXE, LUNS 3 DE DECEMBRO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. 
PARA DITA CONMEMORACIÓN, NO CEE MIÑO TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COLABORAR NUN PROXECTO AO QUE FOMOS CONVIDADOS POLO CEE INFANTA ELENA DE MONFORTE O QUE NOS FIXO CHEGAR A SEGUINTE NOTA:


E...MANS A OBRA, LOGO NOS PUXEMOS A PENSAR E TRABALLAR E CO ANACO DE CANCIÓN QUE NOS TOCOU CANTAMOS, BAILAMOS, TOCAMOS INSTRUMENTOS E SOBRE TODO...PASÁMOLO XENIAL...OLLADE OLLADE... O RESULTADO FOI ESTE!!!


E COMO BEN DI O TÍTULO DA CANCIÓN VERSIONADA...

SER DIFERENTE NON ESTÁ TAN MAL!!!

TAN PRONTO COMO TEÑAMOS O RESULTADO FINAL DA CANCIÓN MONTADA COAS APORTACIÓNS DOS DISTINTOS COLES XA VOS INFORMAMOS!!!




martes, 27 de novembro de 2018

DOAZÓN

NA SEMANA DO MAGOSTO, INMA, A MAMÁ DE CLAUDIA MORELLA, ADEMAIS DE  ACHEGARSE AO CENTRO PARA UNHA SESIÓN DE CONTA CONTOS, FIXO UNHA DOAZÓN DE CONTOS E PELÍCULAS Á BIBLIOTECA DO CEE MIÑO. MOITAS GRAZAS!


mércores, 21 de novembro de 2018

A FUME DE CAROZO

O PASADO DÍA 10 DE NOVEMBRO,  O PROXECTO DO CURSO PASADO, E CO QUE CONTINUAMOS ESTE CURSO (A CASA DA AVOA DE SABELA) FOI SELECCIONADO PARA PRESENTALO NAS IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, NO APARTADO "A FUME DE CAROZO"

venres, 16 de novembro de 2018

SEGUNDA SESIÓN DE TERAPIA CON ARDAI

ESTA SEMANA  ESTIVERON DE NOVO OS AMIGOS DE ARDAI PARA LEVAR A CABO UNHA NOVA SESIÓN DO PROGRAMA DE INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA CON ANIMAIS. CANTO NOS ESTÁN ENSINANDO E CANTO ESTAMOS APRENDENDO!!!

martes, 13 de novembro de 2018

ESTAMOS DE NORABOA!!!

HOXE POLA MAÑÁ RECIBIMOS A BOA NOVA...UNHA DAS CABAZAS QUE PRESENTAMOS AO CONCURSO QUE ORGANIZOU A PRAZA DE ABASTOS DE OURENSE SAIU GAÑADORA!!!

O NOSO TRÍO DE GATOS...AQUÍ VOLO DEIXAMOS...


MOITOS PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!!!!

SERÁ O SÁBADO 17 CANDO O ALUMNADO PARTICIPANTE QUE QUEIRA PODERÁ IR ATA A PRAZA DE ABASTOS PORQUE SERÁ A ENTREGA DE PREMIOS

luns, 12 de novembro de 2018

A FESTA DO MAGOSTO

COMO ANUNCIAMOS...CHEGOU O DÍA DA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO!!!
NESTA OCASIÓN ESCOLLEMOS O XIMNASIO PARA XUNTARNOS E ALÍ COMEZAR COS XOGOS CREADOS QUE FORON:

  • QUEN COME CASTAÑAS?

  • BUSCA FROITOS 


  • COME CASTAÑAS




POR NIVEIS O ALUMNADO FOI ROTANDO E DISFRUTANDO DE CADA UN DOS XOGOS QUE RESULTARON MOI DIVERTIDOS!!!
OLLADE A PRESENTACIÓN DE FOTOS QUE PREPARAMOS:

MAGOSTO 2018

A CONTINUACIÓN TOCOU VIVIR A MAXIA DE ROMPER AS PIÑATAS!!!
COMO PODEDES COMPROBAR, CADA PIÑATA REPRESENTA UNHA ESTANCIA DA CASA, XA QUE É O TEMA ELEXIDO NESTE CURSO PARA TRABALLAR, ASÍ ESTÁN: O XARDÍN, A HABITACIÓN, O SALÓN, O BAÑO E A COCIÑA
NORABOA A TODOS/AS POLOS TRABALLOS QUE FIXESTES PORQUE QUEDARON MOI ORIXINAIS E CREATIVAS!!

AGORA ESTAMOS PREPARANDO UN VIDEO ONDE PODEREDES VERNOS EN ACCIÓN...ROMPENDO AS PIÑATAS, XOGANDO, DESFRUTANDO... E QUE PRONTO VOS AMOSAREMOS...

xoves, 8 de novembro de 2018

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO


MAÑÁ, VENRES DÍA 9 DE NOVEMBRO CELEBRAREMOS A TRADICIONAL FESTA DO MAGOSTO NO XIMNADIO DO COLE.
NAS TRES PRIMEIRAS SESIÓNS, UNHA POR NIVEL, FARÁNSE DISTINTOS XOGOS E LOGO, TODOS XUNTOS A ROMPER AS PIÑATAS!!!!
SEGURO QUE SERÁ MOI DIVERTIDO!!!A DISFRUTAR!!!

mércores, 7 de novembro de 2018

INMA E MARTA CONVÉRTENSE EN CONTACONTOS POR UN DÍA

HOXE NA BIBLIOTECA TIVEMOS A DÚAS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS...INMA E MARTA, AS MAMÁS DE CLAUDIA E OSLO. ÍA ACUDIR ÓSCAR, O PAPÁ DE YAGO, PERO UN IMPREVISTO FIXO QUE NON PUDERA ESTAR ASÍ QUE...ESPERÁMOLO PARA A SEGUINTE OCASIÓN.
FOI XENIAL CONTAR COA SÚA COLABORACIÓN E VER COMO O ALUMNADO DISFRUTOU DOS CONTOS CONTADOS POLAS FAMILIAS E NA BIBLIOTECA DO COLE...
PRIMEIRO FOI A QUENDA DO ALUMNADO DO NIVEL 1: DESDE AS 10:20 ATA AS 10:45, A CONTINUACIÓN TOCOULLE AO SEGUNDO NIVEL E POR ÚLTIMO, AS 11:05 ESTIVO O ALUMNADO DAS AULAS 1, 2 E 10.
ESPERAMOS QUE ELAS O PASARAN TAN BEN COMO NOLO FIXERON PASAR A NÓS E SEXA A PRIMEIRA DE MOITAS SESIÓNS DE CONTACONTOS QUE VEÑAN FACER!!!
MOITÍSIMAS GRACIAS!!!
ESTAMOS PREPARANDO UN VÍDEO CON DISTINTOS MOMENTOS DA SESIÓN, MENTRAS TANTO OLLADE ESTAS FOTIÑOS!!!


PRIMEIRA SESIÓN DE ARDAI

ESTA SEMANA COMEZARON AS SESIÓNS DE TERAPIA CON ARDAI E COMEZOUSE A DESENVOLVER O PROGRAMA PERMANENTE DE INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA ASISTIDA CON ANIMAIS. 
O MARTES CHEGARON AS TERAPEUTAS ACOMPAÑADAS DE SEVEN E ARENA E FORON AS AULAS 3, 5,6,7 E 9 AS QUE TIVERON O GUSTO DE REENCONTRARSE COS ANIMAIS E TER A PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO QUE FOI TODO UN ÉXITO!
O XOVES FOI A QUENDA PARA O ALUMNADO DAS AULAS 1,2, 4, 8 E 10 QUE TIVERON O GUSTO DE COMPARTIR O DÍA CON AKELA, KIM, MEIGA E MÍSTICA.
AS CARAS DOS NENOS/AS XA O DIN TODO...SOBRAN AS PALABRAS!!!

martes, 6 de novembro de 2018

CONTA CONTOS NA BIBLIOTECA

MAÑÁ, MÉRCORES DÍA 7 DE NOVEMBRO, ARREDOR DAS 10.30, PERICO E PIRULETA VAN CONTAR COA AXUDA DUNS COLABORADORES MOI ESPECIAIS, UN PAI E UNHA NAI DO ALUMNADO DO CENTRO.
VAN CONTAR UN CONTO A CADA NIVEL DO ALUMNADO; AGARDANDO SEXA UNHA MOI GRATA EXPERIENCIA, DANDO ASÍ COMEZO PARA LEVAR A CABO MOITAS OUTRAS DE COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN. 
GRAZAS A INMA E ÓSCAR POR OFRECERSE VOLUNTARIOS.
A PASALO TODOS MOI BEN!!!



domingo, 4 de novembro de 2018

FESTA DE SAMAÍN

E  POR FIN CHEGOU O DÍA...ALGÚNS NENOS E NENAS PREGUNTABAN CANDO ERA A FESTA...E AS 10 COMEZOU A PASAR POLAS DISTINTAS AULAS UN PHOTOCALL ONDE POR UN MOMENTO NOS CONVERTEMOS NUNHA PANTASMAAAA!
OLLADE OLLADE...


PHOTOCALL SAMAIN 2018

DESPOIS DO RECREO FOMOS PARA A SALA DAS CORES E ALÍ COMEZOU A REPRESENTACIÓN DO CONTO A CASA ENCANTADA. 
TODO ESTABA PREPARADO CANDO CHEGARON SABELA E O SEU GATO NEGRO A PASAR A FIN DE SEMANA NA CASA....FOI UNHA REPRESENTACIÓN MOI BONITA  NA QUE PARTICIPOU  ALUMNADO DOS DISTINTOS NIVEIS E SE REPASOU O TRABALLADO NAS AULAS RELACIONADO CO TEMA DA CASA E AS ESTANCIAS: COCIÑA, HABITACIÓN E SALÓN.
PARA REMATAR, E LOGO DE DURMIR UN BO ANACO...SABELA E O GATO ÚNENSE Á FESTA DO CEE MIÑO E TODOS CANTAN A CANCIÓN " NO SAMAÍN" QUE ADEMAIS, ACOMPAÑAN TOCANDO UNS INSTRUMENTOS QUE ELABORARON CON MATERIAIS DE REFUGALLO.
NAS FOTOS E VÍDEO PODEDES COMPROBAR O QUE VOS CONTAMOS!!!



PREPARATIVOS NA SEMANA DO SAMAÍN

A SEMANA DO SAMAÍN DEU PARA MOITO...XOGAR, TRABALLAR E DISFRUTAR VAN COLLIDOS DA MAN O QUE NOS PERMITIU FACER UN MONTÓN DE ACTIVIDADES...
TRABALLAMOS E PREPARAMOS O CONTO DE " A CASA ENCANTADA"



TODAS AS AULAS PARTICIPARON E ELABORARON TANTO A CASA COMO AS DISTINTAS DEPENDENCIAS QUE APARECEN NO CONTO ( COCIÑA, HABITACIÓN E SALÓN) ASÍ COMO OS DISTINTOS PROTAGONISTAS: MORCEGOS, PANTASMAS, ARAÑAS, O GATO NEGRO...







E ADEMAIS ESTIVEMOS ENSAIANDO A CANCIÓN "NO SAMAÍN" DO DISCO BRINCA VAI DE PACO NOGUEIRAS



ESTAMOS PREPARANDO UN VÍDEO CON FOTOS DE TODO O PROCESO ASÍ QUE PRONTO TEREDES NOTICIAS!!!
PARA ESTE VÍDEO IMOS USAR A CANCIÓN "NO SAMAÍN" E PARA ISO SOLICITAMOS A AUTORIZACIÓN 



E AQUÍ ESTÁ...

CONCURSO DE CABAZAS

NA ÚLTIMA SEMANA DE OUTUBRO ALGUNHAS AULAS DO COLE ESTIVERON DECORANDO AS SÚAS CABAZAS PARA PRESENTARSE A UN CONCURSO QUE ORGANIZOU O CONCELLO DE OURENSE.
Ó FINAL, O ESFORZO TEN RECOMPENSA E ASÍ DE BONITAS QUEDARON!!!
                                                 







mércores, 31 de outubro de 2018

PUNTOS DE LECTURA

NESTES DÍAS PERICO ESTIVO RECOPILANDO UN TRABALLIÑO QUE LLE PEDIU A TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE PARA FACER UN MURAL EXPOSICIÓN...
TRÁTASE DOS PUNTOS DE LECTURA QUE CADA  UN FOI DECORANDO AO SEU GUSTO...E BEN BONITOS QUE QUEDARON!!!
HOXE POLA TARDE OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA REMATARON DE COLOCAR OS ÚLTIMOS QUE ALGÚNS NENOS E NENAS NON PUIDERON COLOCAR.
AGORA XA NON HAI EXCUSA PARA NON IR Á BIBLIOTECA E DISFRUTAR DE TANTOS E TAN BONITOS CONTOS QUE ALÍ HAI...
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PRESENTACIÓN DE FOTOS!



sábado, 27 de outubro de 2018

CELEBRACIÓN DÍA DA BIBLIOTECA


O VENRES 25, COMO XA VOS DIXEMOS, CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA.
SOBRE AS 10:00, A PROFE MONTSE, VESTIDA COMO SABELA, ACHEGOULLE A TODO O PROFESORADO E ALUMNADO INFORMACIÓN SOBRE OS NOVOS RECUNCHOS CREADOS NA BIBLIOTECA E COMO FACER UN USO AXEITADO DELA, ASÍ COMO,  CALES SON AS NORMAS QUE HAI QUE CUMPRIR.
SABELA FIXO ENTREGA DOS CARNETS E EXPLICOU COMO SE LEVARÁ A CABO O SERVIZO DE PRÉSTAMO.
TAMÉN SE VISUALIZOU UN VÍDEO COA CANCIÓN DE ANIMACIÓN QUE SE CREOU PARA A NOSA BIBLIO E ONDE APARECEN AS DISTINTAS NORMAS ESCENIFICADAS POLO ALUMNADO.
FOISE BAIXANDO Á BIBLIOTECA POR NIVEIS. PRIMEIRO FOI A QUENDA PARA AS AULAS 1, 2 E 10. A CONTINUACIÓN, SOBRE AS 10:45 ESTIVO O ALUMNADO DAS AULAS 3,4, 7 E 8 E PARA REMATAR BAIXARON AS AULAS 5, 6 E 9.
FOI UNHA MAÑÁ MOI INTERESANTE ONDE OS PRINCIPAIS PROTAGONISTAS FORON OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS ASÍ COMO A BIBLIOTECA...LUGAR MÁXICO QUE DESDE O OUTRO DÍA TEN UNHA MELODÍA MOI ESPECIAL...RECORDÁDEA!!!

"VEN Á BIBLIOTECA, VEN, Á CASA DE PERICO E PIRULETA, VEN, COUSAS BONITAS ALÍ CHE CONTARÁN, COUSAS MOI BONITAS QUE NUNCA OLVIDARÁS"





AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO-RESUMO DA ACTIVIDADE!!!AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!

mércores, 24 de outubro de 2018

PREPARACIÓN NO DÍA DAS BIBLIOTECAS (24-10-2018)

HOXE, 24 DE OUTUBRO, É O DÍA DAS BIBLIOTECAS E NÓS TRABALLAMOS ARREO NA NOSA...
POR MOTIVOS ORGANIZATIVOS SERÁ MAÑÁ, A PARTIR DAS 10:00, CANDO SE DESENVOLVAN AS DISTINTAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PERO... NON QUEREMOS DEIXAR DE COMPARTIR CON TODOS VÓS, ALGÚNS DOS MOMENTOS DE PREPARACIÓN E TRABALLO DOS NOSOS RAPACES E RAPAZAS...
OLLADE AS FOTOS E O VÍDEO QUE PREPARAMOS A MODO DE RESUMO!!!



TRÍPTICO INFORMATIVO SOBRE O USO DA BIBLIOTECA

FAI UNS DÍAS, DESDE A BIBLIOTECA, FÍXOSE CHEGAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA O TRÍPTICO INFORMATIVO SOBRE O USO DA MESMA QUE PODEDES VER A CONTINUACIÓN.
ACOMPAÑOUSE DUNHA CARTA ONDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, PIDEN A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, NA MEDIDA DO POSIBLE, EN ACTIVIDADES PUNTUAIS COMO O MAGOSTO, NADAL...
AGARDAMOS QUE SEXA DE UTILIDADE E AQUÍ VOS ESPERAMOS!!!



SABELA E PERICO NO OUTONO

FAI UNS DÍAS QUE LUCE NA ENTRADA DO COLEXIO O MURAL COLECTIVO NO QUE ESTIVEMOS TRABALLANDO DENDE QUE COMEZOU O OUTONO...DESDE A AULA 1   ATA A 10  TODO O ALUMNADO APORTOU O SEU GRAO DE AREA E FIXO CON TANTO AMOR QUE O RESULTADO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO!!! ASÍ DE FERMOSO QUEDOU!!!MOITAS GRACIAS A TODOS!!!

domingo, 14 de outubro de 2018

VOCABULARIO DE OUTONO

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CON NOVO VOCABULARIO RELACIONADO CO OUTONO E ASÍ PODER DARLLE CONTINUIDADE AO TRABALLO  COMEZADO O CURSO PASADO.
ESPERAMOS QUE VOS SEXA DE UTILIDADE...


sábado, 13 de outubro de 2018

VISITA DOS AMIGOS DE ARDAI E DA TVG

O VERNES POLA MAÑÁ ESTIVERON NO COLE OS AMIGOS DE ARDAI TERAPIA PARA PRESENTAR A ACTIVIDADE DE TERAPIA QUE DURANTE ESTE CURSO SE VAI SEGUIR LEVANDO A CABO NO CENTRO. PARA ELO VIÑERON ACOMPAÑADOS DE AREA, SEVEN E GUS QUE ESTIVERON CO ALUMNADO RECORDANDO E FACENDO MEMORIA DO CURSO PASADO. 
COMO NOVIDADE, ESTE CURSO ADAPTOUSE UNHA AULA PARA LEVAR A CABO AS TERAPIAS E QUEDOU MOI BONITA!!!
PARA DEIXAR PROBA DESTA PRESENTACIÓN ESTIVO A TELEVISIÓN DE GALICIA GRAVANDO EN DIRECTO E NO SEGUINTE ENLACE PODEDES ACCEDER Á NOTICIA, PINCHANDO PARA ABRIR NUNHA NOVA XANELA E LOGO SELECCIONANDO OS MINUTOS: 1.25 E 30.30.

OLLADE ESTAS FOTOS PARA VER CANTO DISFRUTARON OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS...MOITAS GRACIAS E ATA PRONTO!!!



venres, 12 de outubro de 2018

SABELA E PERICO PRESENTAN: "A CASA"

O PASADO MARTES, DÍA 9 DE OUTUBRO, NA BIBLIOTECA, DURANTE A 1ª, 2ª E 4ª SESIÓN E AGRUPADO POR NIVEIS, O ALUMNADO ASISTIU Á PRESENTACIÓN DO PROXECTO DESTE CURSO, "A CASA", QUE POR DECISIÓN DO CLAUSTRO DECIDIUSE CONTINUAR CO MESMO DO CURSO PASADO POR MOR DE REPASAR E PROFUNDAR NO TEMA, DADO QUE SE CREARON MOITOS MATERIAIS ADAPTADOS, TANTO DIXITAIS COMA IMPRESOS, SENDO IMPORTANTE EXPLORAR E REPASAR PARA AFIANZAR O TRABALLADO.
A CONTINUACIÓN, COMA SEMPRE, UN RESUMO DESTA ACTIVIDADE.

luns, 8 de outubro de 2018

PERICO VAI POLAS AULAS E ATOPA UN AMIGUIÑO!!!

SI, SI...COMO VOLO CONTAMOS...HAI UNS DÍAS QUE PERICO ATOPOU UN AMIGUIÑO NO COLE, É O GRILO CRÍ CRÍ!!!
XA VOS IREMOS INFORMANDO DO QUE LLES ACONTECE...ATA LOGO!!!

DURANTE OS DÍAS QUE ESTIVO NO COLE CONVERTÉMONOS EN VERDADEIROS OBSERVADORES/AS E TAMÉN ESTIVEMOS INVESTIGANDO PARA ATENDER AS SÚAS NECESIDADES...OLLADE AS FOTIÑOS E PODÉDELO COMPROBAR...
              


luns, 24 de setembro de 2018

AS RECOMENDACIÓNS DE PERICO PARA AS FESTAS DE OUTONO

PERICO ESTIVO NESTES DÍAS A ORDENAR A BIBLIOTECA E ATOPOU UNS LIBRIÑOS QUE VOS PODEN AXUDAR PARA APRENDER MOITO SOBRE O OUTONO E AS SÚAS FESTAS, SAMAÍN E MAGOSTO. 
SE QUEREDES LER ALGÚN OU EMPEZAR A LEVAR PARA A CASA TEDES QUE AVISAR A PERICO E OS SEUS AXUDANTES.
A LER MOITO!!!


RECURSOS PARA O OUTONO

martes, 11 de setembro de 2018

xoves, 5 de xullo de 2018

FESTA FIN DE CURSO: FESTA DA AUGA


CO GALLO DE CELEBRAR O FIN DE CURSO E DAR COMEZO AS VACACIÓNS, DUN XEITO ESPECIAL, LEVOUSE A CABO A FESTA DA AUGA. O ALUMNADO ESTIVO DISTRIBUÍDO EN GRUPOS ROTANDO POLOS CINCO XOGOS: BOLAS, ESCUMA, CHORROS DE  AUGA, POMPAS E PESCA. A ORGANIZACIÓN E COLABORACIÓN POR PARTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA FIXO QUE ESTE DÍA RESULTARA  UN ÉXITO, A TRAVÉS DA CONVIVENCIA E OS XOGOS.

CADA CURSO HABÍA UN GRUPO DO ALUMNADO QUE SE GRADUABA, E ALGÚN MESTRE QUE MUDABA DE DESTINO, PORÉN ESTE CURSO NON HOUBO GRADUADOS, TODOS CONTINUARÁN FORMACIÓN NO VINDEIRO CURSO, MAIS UN GRUPO (NESTA OCASIÓN MOI NUMEROSO) DE MESTRAS IMPARTIRÁN FORMACIÓN NOUTROS CENTROS DA CIDADE, POR SERLLE ADXUDICADO NOVO DESTINO NO CONCURSO DE TRASLADOS ANUAL.

TODAS FORMARON PARTE DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO DURANTE VARIOS CURSOS.

GRAZAS A CADA UNHA DELAS, MOITA SORTE NO NOVO DESTINO.

GRAZAS A MESTRA, QUE LEVOU A CABO A ARDÚA TAREFA DE SER ORIENTADORA DO CENTRO E ENCARGADA DO COMEDOR NOS DOUS ÚLTIMOS CURSOS. SORTE TAMÉN NOVO DESTINO.

GRAZAS A OUTRA MESTRA, POLOS ANOS DE ENTREGA NA FORMACIÓN DE MOITO ALUMNADO, E ESPECIALMENTE O TEMPO DEDICADO NESTE CENTRO. UNHA MOI MERECIDA XUBILACIÓN.

GRAZAS, DUN XEITO ESPECIAL, PARA A DIRECTORA DO CEE MIÑO, QUE DESPOIS DE VARIOS ANOS LEVANDO O TIMÓN DESTE CENTRO DEÍXAOO EN BO PORTO, ELEVANDO ÁNCORAS CARA UN NOVO DESTINO. GRAZAS POLA SÚA ENTREGA E BO FACER. MOITA SORTE.

E GRAZAS A TODO AQUEL PROFESORADO PROVISIONAL QUE, EN PERÍODOS CORTOS, CONTRIBÚE E COLABORA NA FORMACIÓN DO ALUMNADO DESTE CENTRO.

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E AS AUTORIDADES LOCAIS QUE SEMPRE AMOSAN A SÚA DEFERENCIA POLO ALUMNADO DESTE CENTRO.

BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS!!

A CONTINUACIÓN A CORRESPONDENTE REPORTAXE, COA COLABORACIÓN DO ADMINISTRATIVO DO CENTRO, QUE GRAVOU OS VÍDEOS, E DAS FAMILIAS POLA APORTACIÓN FOTOGRÁFICA. 

O EQUIPO TIC SÓ REALIZOU A MONTAXE. 

GRAZAS E BO VERÁN


domingo, 1 de xullo de 2018

COUSIÑAS 2018

NO REMATE DE CADA CURSO, ENTRE OUTRAS MOITAS COUSAS, TAMÉN CHEGA A PUBLICACIÓN DO XORNAL ESCOLAR, COUSIÑAS, NELA O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA RECOLLE UNHA MOSTRA DO ACONTECIDO AO LONGO DO CURSO NO CEE MIÑO. 
O ALUMNADO E OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, QUE ASÍ O SOLICITARON, LEVARON UN XORNAL O ÚLTIMO DÍA LECTIVO.
PERICO E PIRULETA DEIXANO AQUÍ EN FORMATO DIXITAL PARA QUE TODOS POIDADES OLLALO.


xoves, 21 de xuño de 2018

PROGRAMA FESTA FIN DE CURSO

MAÑÁ XOVES, 21 DE XUÑO, REMATA O PERÍODO LECTIVO DO CURSO ESCOLAR 2017-2018, E COMO DESPEDIDA, A COMUNIDADE ESCOLAR DO CEE MIÑO GOZARÁ DUNHA FESTA CON XOGOS DE AUGA. 
PERICO E PIRULETA DEÍXANVOS A INVITACIÓN E ORGANIZACIÓN.
A PASALO MOI BEN E BOAS VACACIÓNS.
EN DATAS VINDEIRAS, COMA SEMPRE, PUBLICARANSE AS IMAXES E VÍDEOS DESTA FESTA.

sábado, 2 de xuño de 2018

FESTA VOZ NATURA

MAÑÁ SÁBADO 2 DE XUÑO, COMA TODOS OS ANOS O PRIMEIRO SÁBADO DE XUÑO, CELEBRASE EN ACEA DE AMA, CULLEREDO (CORUÑA) A FESTA DE FIN DE CURSO PARA TODOS OS CENTROS QUE PARTICIPAN COS SEUS PROXECTOS EN VOZ NATURA.
O ALUMNADO DO CEE MIÑO, AÍNDA QUE NON ACUDIRÁ Á FESTA, ENVIOU UN PANEL FOTOGRÁFICO CO RESUMO DO PROXECTO QUE ESTARÁ EXPOSTO NO RECINTO.
POR SE ALGUÉN QUERE ACHEGARSE DE XEITO PARTICULAR, PERICO E PIRULETA COMPARTEN O PROGRAMA DE ACTIVIDADES E HORARIOS DESTA FESTA.


xoves, 24 de maio de 2018

TALLER SENSACIÓNS

O PASADO DÍA 10 DE MAIO, COMO ACTIVIDADE FIN DE PROXECTO: "SABELA NA CASA DA AVOA",  LEVOUSE A CABO UN TALLER DE SENSACIÓNS, QUEDANDO AGRUPADAS EN CATRO RECUNCHOS, UN CON SABORES, OLORES E TEXTURAS CON FROITAS E VERDURAS, RELACIONADAS COA COCIÑA E HORTA; OUTRO CON OLORES E TEXTURAS CON COLONIAS, CREMAS, XABÓNS, ESPUMAS, PEINES, E ESPONXAS, RELACIONADAS CO BAÑO; OUTRO CON DISTINTOS TACTOS CON PELUCHES E TEAS, RELACIONADOS CO DORMITORIO; E POR ÚLTIMO UN DE OLORES E TEXTURAS CON PRANTAS AROMÁTICAS E FLORES, RELACIONADAS CO XARDÍN.
O ALUMNADO FOI ROTANDO POLOS CATRO RECUNCHOS AO LONGO DA MAÑÁ.
A CONTINUACIÓN, COMA SEMPRE, UNHA REPORTAXE DESTA ACTIVIDADE PARA A LEMBRANZA.

mércores, 23 de maio de 2018

ACTO CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

O PASADO DÍA 16 DE MAIO LEVOUSE A CABO, COMO XA ESTABA ANUNCIADO NO PROGRAMA, O ACTO DE CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS; PRESENTADO POLA MESTRA DE EDUCACIÓN FÍSICA, NO PAPEL DE SABELA, PROTAGONISTA DO PROXECTO DESTE CURSO: "SABELA NA CASA DA AVOA". 
PRIMEIRO PROXECTOUSE O VÍDEO CUNHA BIOGRAFÍA ADAPTADA DA AUTORA, MARÍA VICTORIA MORENO.
A CONTINUACIÓN CADA AULA COLOCOU A PÁXINA CORRESPONDENTE PARA, ENTRE TODOS, CREAR O CONTO "SABELA E OS SEUS AMIGOS NA FESTA DO FAIADO".
LOGO, PROXECTOUSE A VÍDEO-MONTAXE COAS PÁXINAS DO CONTO E AS FRASES LIDAS POLO ALUMNO KEVIN PAZ.
REMATOUSE O ACTO A RITMO DA MUIÑEIRA DE BEARIZ TOCANDO E BAILANDO.


martes, 15 de maio de 2018

PROGRAMA LETRAS GALEGAS

MAÑÁ, DÍA 16 DE MAIO, NUN PEQUENO ACTO CELEBRARASE O DÍA DAS NOSAS LETRAS. ESTE ANO DEDICADO A MARÍA VICTORIA MORENO, DA QUE SE FIXO UNHA BIOGRAFÍA ADAPTADA E A PRESENTACIÓN DO LIBRO "SABELA E OS SEUS AMIGOS NA FESTA DO FAIDO". A CONTINUACIÓN O ALUMNADO DO 4º NIVEL VESTIDO CO TRAXE GALEGO , CANTAN E TOCAN "A MUÑEIRA DE BEARIZ", LOGO REMATARASE TODOS BAILANDO OUTRAS PEZAS GALEGAS DE AGRADO PARA O ALUMNADO.



venres, 11 de maio de 2018

TALLER DE OLORES, SABORES E TACTO

COMO REMATE DAS ACTIVIDADES DO PROXECTO DESTE CURSO, "SABELA E A CASA DA AVOA", MAÑÁ LEVARASE A CABO UN TALLER CON CATRO MESAS (PRANTAS AROMÁTICAS, COSMÉTICOS, FROITAS E VERDURAS, TELAS E PELUCHES) POLAS QUE IRÁ ROTANDO O ALUMNADO AO LONGO DA MAÑÁ DISTRIBUIDOS POR SESIÓNS E NIVEIS, COA FIN DE EXPERIMENTAR DISTINTAS SENSACIÓNS RELACIONADAS COS DISTINTOS ESPAZOS DA CASA.
DISFRUTALO A TOPE!!



mércores, 9 de maio de 2018

RECURSOS LETRAS GALEGAS

PERICO E PIRULETA ESTIVERON A BUSCAR ACTIVIDADES SOBRE A AUTORA DESTE ANO, E ADEMAIS DO LIBRO QUE O ALUMNADO ESTÁ A TRABALLAR, "A FESTA NO FAIADO" , DEIXAN AQUÍ AS SEGUINTES IDEAS QUE OUTROS COMPAÑEIROS PUBLICARON:



RESUMO ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

NA SEMANA DO 23 AO 27 DE ABRIL, SEMANA DO LIBRO, O ALUMNADO DO CEE MIÑO PARTICIPOU EN DIFERENTES ACTIVIDADES. 

O LUNS 23 COMEZOU A RUTA, NA AULA 1, O CARRIÑO LECTOR DE PERICO E PIRULETA, CUNHA SELECCIÓN DE LIBROS QUE REALIZOU O EQUIPO DE BIBLIOTECA. POR OUTRA BANDA, COMEZANDO NA AULA 10, O PANEL SABELA E A CASA DA AVOA, DO PROXECTO DESTE CURSO, TAMÉN FOI PASANDO POLAS AULAS PARA REPASAR TODO O VOCABULARIO E TEXTURAS TRABALLADAS AO LONGO DO CURSO.
E O VENRES 27, COMO REMATE, ORGANIZOUSE POR NIVEIS O VISIONADO DO VÍDEO DO NOSO CONTO DIXITAL "SABELA E A CASA DA AVOA", ADEMAIS DOUTRO CONTO CREADO NO OBRADOIRO EXPLORAMOS COS SENTIDOS, ONDE XA FOI PUBLICADO, https://exploramoscossentidos.blogspot.com.es/https://exploramoscossentidos.blogspot.com.es/, "ANIMAIS DA SELVA CON AROMÁTICAS" E A ADAPTACIÓN DA 1ª PARTE, CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC E VOCES DO ALUMNADO, DO CONTO DE "SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS".
A CONTINUACIÓN A CORRESPONDENTE REPORTAXE:




luns, 9 de abril de 2018

RECURSOS SEMANA DO LIBRO

PARA ESTA CELEBRACIÓN PERICO E PIRULETA RECOLLERON ACTIVIDADES REALIZADAS NO CEE MIÑO OUTROS CURSOS, ASÍ AXUDAN A LEMBRAR E AO MESMO TEMPO MOTIVAR E PREPARAR AS DESTE CURSO. AGARDAN LLE TIREDES UTILIDADE. ÁNIMO E PREPARADOS PARA A TAREFA.




RESUMO OBRADOIROS 2º TRIMESTRE

A CONTINUACIÓN UN RESUMO DALGUNHAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE E NOS OBRADOIROS DA TARDE.