mércores, 20 de decembro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL 2023

Ola: O venres, 1 de decembro, anticipámonos un pouco para levar a cabo unha actividade polo DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL, que se celebra o 3 de decembro.

Na montaxe aparece explicada en que consistiu dita actividade e o resultado tan bonito que quedou.

Mil grazas ás colaboracións dos distintos colexios de toda Galicia que se animaron a participar. Temos pendente compartir o resultado final!!!

                    


#XIRANDOXUNTOS

 

mércores, 22 de novembro de 2023

MAGOSTO´23

Ola: no cole estivemos festexando o MAGOSTO o 10 de novembro con moita música e xogos!!!. Tamén andaban de festa con nós Perico e ata unha castañeira...


SAMAÍN´23

Ola: o 30 de outubro celebramos no cole o SAMAÍN con terroríficas actividades. Agardamos que vos asustedes tanto coma nós cando vexades o vídeo!!!.

mércores, 15 de novembro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2023

Ola: comezamos o curso celebrando o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 de Outubro). O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".

Achegamos resumo das actividades que fixeron os nenos e nenas coa axuda de Perico.

venres, 2 de xuño de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Ola: estas son as actividades que fixemos no colexio para conmemorar o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS".
                                                                                                           

O alumnado do terceiro nivel púxolle voz e adaptamos con pictogramas o conto de "O cego de Pumardedón".

                   
 
Este é o resultado do collage colectivo que se fixo durante a semana pasada nas distintas aulas.
Así ve o noso alumnado ao autor homenaxeado este ano Francisco Fernández del Riego.
 
                           

O  venres foi o día que escollemos para desenvolver as outras actividades programadas: 
Por unha banda, a primeira hora da mañá foron baixando o auditorio os distintos niveis á actividade do taller sensorial distribuido en 5 espazos de aprendizaxe.
                   
                           
 
E, por outra banda, no patio, Perico (profe Xabi) e as dúas galeguiñas (profes Erica e Clara) narraron e escenificaron o conto anterior.
Como non podía faltar a música, o baile e a festa, o mestre Juanjo encargouse de que escoitaramos a cantiga popular A MIÑA BURRIÑA, que era do agrado do autor homenaxeado.
 
 

MAIOS 2023

Ola: o venres, 5 de maio, celebramos a festa dos MAIOS no noso cole, polo que, fixemos un maio da boneca do libro "O branco non pinta" co que levamos traballando todo o curso.
Tamén algún profe animouse a cantar os maios no patio. Coma sempre, deixamos un vídeo con algunha imaxe do día.


mércores, 3 de maio de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

Ola: como o 23 de abril celébrase o DÍA DO LIBRO pois no cole fixemos, entre todos, diferentes actividades. O martes 25 pintamos unha serie de imaxes do libro que traballamos este curso "O branco non pinta".
Deixámosvos un vídeo con algunha imaxe do día que vai acompañado dunha canción que realizamos entre varios compañeiros do centro. 
Esperamos que vos guste!!!

                                                         

 


venres, 28 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO 2023: MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES.

Ola: o xoves, 20 de abril, comezamos coas actividades da Semana do Libro co "APADRIÑAMENTO LECTOR", onde o alumnado do PFB fixo de Madriñas e Padriños lectores cos seus compañeiros do cole. Pasaron polas aulas para compartir entre todos unha cantas lecturas moi entretidas. Desfrutaron moito!!!



 


xoves, 13 de abril de 2023

DÍA DA POESÍA 2023

Ola: para celebrar o DÍA DA POESÍA o 31 de marzo, na biblio do cole, presentamos o libro "Nobelo de Luz" da escritora lalinense Charo Golmar. e con algunhas das súas estrofas fixemos un bonito muro poético para expor na entrada do colexio.
Ademáis, o mestre de Música, Juanjo, compuxo un acompañamento musical para os poemas deste libro co que desfrutamos moito!!!.
 
                             

mércores, 29 de marzo de 2023

DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA POESÍA E DA AUGA 2023.

Ola: para celebrar o DÍA DA PRIMAVERA, DA ÁRBORE, DA POESÍA E DA AUGA fixemos entre todos uns collages de dous cadros de Picasso: "Paisaje con árbol" e "Planta de tomate". Ademáis, o alumnado do PFB axudou ao alumnado a plantar unhas tomateiras e a regalas. Tamén nos leron uns versos ao rematar a actividade.


                               

luns, 13 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

Ola: o 8 de marzo conmemoramos o DÍA DA MULLER no cole...
O noso alumnado quixo facerlles unha homenaxe ás mulleres loitadoras e ás que máis admiran do seu entorno para empoderalas.

                                

martes, 28 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA 2023

Ola: o xoves 23 de febreiro celebramos no colexio o DÍA DE ROSALÍA que recorda o día do seu nacemento no ano 1837. 
Para festexalo, tomamos como referencia o seu poema "Caldo de gloria" e fixemos entre todos un caldo con todos os seus ingredientes e coloreamos o seu retrato nun panel (que decora a entrada do colexio). E rematamos a celebración cunha bonita versión da canción "Negra sombra" interpretada polo mestre de Música Juanjo con varios alumnos. 

 

                             

venres, 24 de febreiro de 2023

ENTROIDO NO CEE MIÑO 2023

Ola: benvidos ao ENTROIDO 2023... carautas, orellas, foliada e emoción, que viva o Entroido que nos trae diversión!!!
             
A semana previa á festa do Entroido Perico, a nosa mascota, fixo de meco para facer públicas as súas ordes...

                           

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR 2023

Ola: o 30 de xaneiro conmemoramos DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR con diferentes actividades que fixemos no cole. 
Por unha banda, cada aula decorou, ca mesma palabra e cor que se empregou o Día da Discapacidade, un faroliño de papel para botalo a voar. Resultou unha actividade moi atractiva para o alumnado, que amosaron moita curiosidade e ledicia ao ver voar os seus faroliños. 
E, por outra banda, decoramos as escaleiras do hall cun texto moi fermoso pegado en vinilos e que é moi inspirador para este día.
Ademais nas distintas aulas foron variadas as actividades que se levaron a cabo. 

   
                         


luns, 9 de xaneiro de 2023

O NADAL NO CEE MIÑO

Ola: para celebrar o NADAL fixemos varias actividades, entre elas tivemos a visita de Papá Noel  ao cole, escoitamos un concerto da man da Fundación Igual Arte, marabilla de músicos que foron o deleite do noso alumnado e tamén elaboramos co alumando unha panxoliña, que esperamos que vos guste.
Unha aperta especial para o alumnado que non puido estar: Juan, Debritu, Sofía, Kevin, Alberto e Siham.
BO NADAL!!!.