mércores, 8 de xuño de 2022

"O MAR NO CAMIÑO".

Ola:neste curso desfrutamos dun contacontos e dun obradoiro chamado "O MAR NO CAMIÑO". É un proxecto que forma parte do programa, "O Teu Xacobeo" da Xunta de Galicia co fin de difundir a cultura mariñeira.
A contacontos narrou as aventuras de Migueliña "a vieira", Laura "a xarda", Antón "o cangrexo" e Roberto "o polbo" no seu camiño a Santiago de Compostela.
Ao rematar algúns alumnos e alumnas foron á biblioteca para continuar a actividade e desenvolver un  obradoiro de "origami", no que realizaron uns peixes ben fermosos.
Foi unha mañá moi entretida e divertida!!!. 
 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola: O venres, 20 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano estivo adicado a Florencio Delgado
Para conmemorarlo fixemos un quebracabezas xigante coa caricatura do autor. Cada aula decorou libremente unha peza que logo colocaría nun panel ata ter o quebracabezas completo. 
Logo, cada nivel leu un poema de Florencio Delgado, acompañado dunha lámina que formaba parte da súa vida e obra.
Para finalizar a pequena homenaxe gozamos da música que o alumnado e o mestre de música, xunto con Baldo, ensaiaron para dita ocasión.
Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!!!


 

Programa do Día das Letras Galegas

 Ola: aquí vos deixamos o programa do Día das Letras Galegas.

 

mércores, 1 de xuño de 2022

CELEBRACIÓN DOS MAIOS.

Ola: Cando chega este mes no cole poñémonos a pensar nos MAIOS, que é a festa que anuncia o esplendor das flores e a despedida do cru inverno. Celébrase desde tempos moi remotos en distintos lugares de Galicia, aínda que en Ourense ten un carácter máis destacado e singular.
Este curso, relacionado coa liña temática que é "O Camiño de Santiago", puxémonos mans á obra para facer un hito. A súa estructura de cartón colocámola nun carriño e foi pasando polas aulas para que o alumnado o decorara con flores, paus, musgo,...que recolleron aos arredores do colexio.
Unha vez rematado o noso hito, celebramos os MAIOS cunha festiña que comezou no recreo escoitando música tradicional. Despois continuou cando sairon ao patio o maio e Perico e cada aula leu unha copla dos compañeir@s da aula do lado. Ademáis, o mestre Juanjo tocou a guitarra, coa colaboración do alumnado do PFB, que leu e cantou "Aí ven o maio" de Florencio Delgado. 
Para rematar a festa fixemos un tren e fomos cantando e bailando ao son de distintas cancións tradicionais...Unha delicia de momentos compartidos!.

Agardamos que vos guste o resultado!!!

 


 

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Ola: 22 de abril celebramos o "DÍA DO LIBRO" e no colexio realizamos algunhas actividades na biblioteca: Perico e Piruleta, contáronnos un conto titulado "O camiño" e, a continuación, fixemos un obradoiro onde elaboramos o material (árbores, flores,...) para crear a nosa próxima curtametraxe animada, baseada neste libro. 
E, uns días despois, os alumnos do PFB fixeron de contacontos aos seus compañeiros pasando polas súas aulas e foi unha experiencia que desfrutaron todos moito!!!.