Ola: Cando chega este mes no cole poñémonos a pensar nos MAIOS, que é a festa que anuncia o esplendor das flores e a despedida do cru inverno. Celébrase desde tempos moi remotos en distintos lugares de Galicia, aínda que en Ourense ten un carácter máis destacado e singular.
Este curso, relacionado coa liña temática que é "O Camiño de Santiago", puxémonos mans á obra para facer un hito. A súa estructura de cartón colocámola nun carriño e foi pasando polas aulas para que o alumnado o decorara con flores, paus, musgo,...que recolleron aos arredores do colexio.
Unha vez rematado o noso hito, celebramos os MAIOS cunha festiña que comezou no recreo escoitando música tradicional. Despois continuou cando sairon ao patio o maio e Perico e cada aula leu unha copla dos compañeir@s da aula do lado. Ademáis, o mestre Juanjo tocou a guitarra, coa colaboración do alumnado do PFB, que leu e cantou "Aí ven o maio" de Florencio Delgado.
Para rematar a festa fixemos un tren e fomos cantando e bailando ao son de distintas cancións tradicionais...Unha delicia de momentos compartidos!.
Para rematar a festa fixemos un tren e fomos cantando e bailando ao son de distintas cancións tradicionais...Unha delicia de momentos compartidos!.
Agardamos que vos guste o resultado!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario