Ola:neste curso desfrutamos dun contacontos e dun obradoiro chamado "O MAR NO CAMIÑO". É un proxecto que forma parte do programa, "O Teu Xacobeo" da Xunta de Galicia co fin de difundir a cultura mariñeira.
A contacontos narrou as aventuras de Migueliña "a vieira", Laura "a xarda", Antón "o cangrexo" e Roberto "o polbo" no seu camiño a Santiago de Compostela.
Ao rematar algúns alumnos e alumnas foron á biblioteca para continuar a actividade e desenvolver un obradoiro de "origami", no que realizaron uns peixes ben fermosos.

Foi unha mañá moi entretida e divertida!!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario