mércores, 18 de decembro de 2019

CELEBRANDO A CHEGADA DO INVERNO

ESTOS DÍAS ANDIVEMOS FACENDO VARIAS "ACTIVIDADES DE INVERNO", ENTRE ELAS E DESDE BIBLIOTECA, OS ALUMNOS FIXERON UNHA POSTAL DE NADAL EN FORMA DE BOLA PARA LOGO ADORNAR UNHA ÁRBORE DE NADAL (NA QUE COLABORARON PARA ELABORALO OS EDUCADORES DO NOSO CENTRO, JOSÉ MANUEL E BALDO). DESPOIS ESTA ÁRBORE UTILIZOUSE PARA FACER UN PHOTOCALL...
PARA ACABAR DE DECORALO, O RESTO DE DINAMIZACIÓNS COLABORARON FACENDO VARIOS ADORNOS...E QUEDOU MOI VISTOSO E COLORIDO!!!
O PROFE DE MÚSICA, JOSE, DELEITOUNOS CUNHA CANCIÓN DE INVERNO QUE TIÑA COMO PROTAGONISTA A NOSA SABELA...CANTAMOS E RIMOS MOITO UN BO ANACO!!!


DÍA DA DISCAPACIDADE 2019



Congrats! por Diana Bericochea Álvarez

 Hoxe, martes 3 de decembro, é un día moi importante para nós, é o día no que se promoven os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade. 
Isto pode parecer unha nube de fume para moitos, algo que se expón un día calquera para facer unha foto e colgala nun bonito artigo, pero se nos paramos a pensar, decatarémonos que é un día para celebrar e berrar ben alto, xa que é unha loita gañada nunha historia que non sempre tivo capítulos agradables.
Para nós, este día non é unha foto, é unha vitoria dentro dunha morea de adversidades que cada día temos que afrontar. Todos sabemos cantas dificultades nos atopamos neste arduo camiño que compartimos cos nosos alumnos e alumnas, pero poucos saben o que nos ensinan día a día e como enchen a nosa vida de cariño e significado. 
E, por todo o que lles debemos, queremos compartir o segredo que cada día nos contan en fíos tan finos de voz que nin se escoitan: son nenos, son nenas, tan diferentes e tan iguais aos outros, para os que os xogos e os agarimos o son todo. Por iso, e por eles, traballamos día a día.
A eles dedicamos o seguinte poema, no que Carmen Aguirre recolle en palabras moitos dos nosos pensamentos. GRAZAS!

QUE NO DARÍA YO...
Suspendido entre la tierra y el cielo,
rodeado de la inmensidad del mar,
intentando atrapar vuelos de gaviotas.
-Me pregunto, hacia dónde
tu mente volará
Quisiera entrar contigo en ese mundo,
que dicen: que es tiniebla y soledad.
Tomarte suavemente de la mano
y acompañarte para ver tu verdad.
¡Qué no daría yo!...
porque posaras tu cabeza en mi regazo
y, con alas de mariposa, poderte acariciar.
Besarte con los labios del viento,
y enseñarte qué significa: Amar.
Alejar los miedos que te acosan,
¡arrastrarte hacia la realidad!.
Que pudieras comprender la diferencia
que existe entre el reír y el llorar.
Iluminar tu noche con colores,
compartir los juegos y el soñar,
guiarte hacia la luz, fuera del laberinto
¡Qué no daría yo
porque pudieras volver a comenzar!

                                    Autor: Carmen Aguirre


 Desde Biblioteca, a actividade que fixemos consistiu en que o alumnado de cada aula decorara un lazo solidario de cor granate para logo pegar nun lazo xigante debuxado nun panel.
Ollade en que consistiu e que ben quedou nesta presentación de fotos: 


O MAGOSTO DE VELLE 2019

COMO CADA ANO, NO COLEXIO CELEBRAMOS A NOSA FESTA TRADICIONAL POR EXCELENCIA QUE É O MAGOSTO...XA QUE O "SAN MARTIÑO" É O PATRÓN DA NOSA CIDADE.
POR ISO, O VENRES 8 DE NOVEMBRO FIXEMOS UNHA FESTA CON XOGOS PARA OS QUE DECORAMOS CASTAÑAS DE MOITAS MANEIRAS, BUSCAMOS TESOUROS SONOROS OCULTOS ENTRE FOLLAS, ASAMOS CASTAÑAS NUNHA FOGUEIRA  (QUE PROPUXEMOS FACER ENTRE TODOS DESDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA)...E, ENTRE OUTROS XOGOS MÁIS, TAMÉN XOGAMOS A ROMPER UNHAS PIÑATAS QUE TIÑAN UNHA SORPRESA DENTRO...
A VERDADE É QUE O PASAMOS XENIAL!!!





SAMAIN


NO SAMAÍN DECORAMOS CABAZAS COAS QUE PARTICIPAMOS NUN CONCURSO DO CONCELLO E GAÑAMOS UN PREMIO!!!.
TAMÉN FIXEMOS PANTASMAS, MORCEGOS, ARAÑAS, MOUCHOS,...PARA DEIXAR O COLEXIO TERRORÍFICAMENTE DECORADO.
E NA BIBLIOTECA ESCOITAMOS UN CONTO INVENTADO POLO NOSO PROFE DE MÚSICA, JOSE, CO QUE DISFRUTAMOS UN MONTÓN.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS...
























luns, 4 de novembro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2019

O PASADO VENRES DÍA 25 FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, MARCADO COMO TAL POLA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL CO FIN DE CONCIENCIAR SOBRE A IMPORTANCIA DA LECTURA E O RECOÑECEMENTO DAS BIBLIOTECARIAS/OS.
PARA A OCASIÓN... QUEN MELLOR QUE A NOSA SABELA PARA ACOMPAÑARNOS E CONTARNOS MOITAS NOVIDADES SOBRE A BIBLIOTECA?
A PARTIR DAS 11:30 O ALUMNADO DOS TRES NIVEIS FOI BAIXANDO EN GRUPOS PARA ENCONTRARSE CON SABELA, A NOSA PROTAGONISTA, QUE NOS CONTOU E DRAMATIZOU A PARTE DO CONTO DE SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS QUE TRABALLAREMOS DURANTE ESTE CURSO E QUE LEVA POR TÍTULO: SABELA E A RÚA.
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS O CONTO ADAPTADO CON PICTOGRAMAS POR PARTE DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA E Ó QUE LLE PUXO VOZ SOFÍA, UNHA ALUMNA DO 4º NIVEL.


 ADEMAIS DO CONTO, A PROFE MONTSE TAMÉN SE ENCARGOU DE EXPLICAR O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA PARA QUE PODAMOS DESFRUTAR DESTE RECUNCHO TAN MÁXICO DO NOSO COLE.
PERICO E PIRULETA QUIXERON AMOSARVOS UNHAS FOTOS E VÍDEO DA OCASIÓN... 

domingo, 14 de xullo de 2019

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

AQUI VOS DEIXAMOS O CALENDARIO ESCOLAR PARA O PRÓXIMO CURSO E SE ALGUÉN O QUERE DESCARGAR, PINCHANDO NO ENLACE QUE ESTÁ Ó FINAL DESTA ENTRADA PODEO IMPRIMIR.
VÉMONOS O 11 DE SETEMBRO, DATA NA QUE COMEZAN AS CLASES.
BO VERÁN QUE DESCONECTEDES E O PASEDES MOI BEN!!!



https://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

FESTA DE FIN DE CURSO

PARA CELEBRAR O FIN DE CURSO E ASÍ DAR COMEZO ÁS VACACIÓNS DE VERÁN NO COLE FIXEMOS FESTA E DISTINTOS XOGOS RELACIONADOS COA AUGA.
DISTRIBUIMOS AO ALUMNADO EN 5 GRUPOS PARA ASÍ PODER ROTAR POLOS DISTINTOS XOGOS COLOCADOS NO PATIO E NO XIMNASIO. OS XOGOS FORON:


  • AS POMPAS
  • PISCINA DE BOLAS
  • ESPUMA
  • PESCA
  • POLBO CON CHORROS DE AUGA
A FESTA FOI TODO UN ÉXITO E AS CARAS DE EMOCIÓN DOS RAPACES E RAPAZAS DINO TODO!!!
AQUI VOS DEIXAMOS A REPORTAXE DE FOTOS E VÍDEO QUE RECOLLEMOS PARA QUE QUEDARA NO RECORDO...AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!



FESTA FIN DE CURSO E COMEZO DAS VACACIÓNS





  COA CHEGADA DE FIN DE CURSO TAMÉN CHEGAN DESPEDIDAS...DESPEDIDAS DE MESTRAS E MESTRES, QUE DURANTE VARIOS CURSOS OU DE XEITO PROVISIONAL ESTE CURSO,  FORMARON PARTE DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO...
MOITÍSIMAS GRACIAS A CADA UN E CADA UNHA DE VÓS POLO GRAO DE AREA QUE APORTASTES NA FORMACIÓN DO ALUMNADO DO NOSO CENTRO E ESPECIALMENTE A MESTRA DE AUDICIÓN E LINGUAXE QUE DURANTE VARIOS CURSOS APOSTOU CON TODA A ILUSIÓN E MOITO TRABALLO POLO NOSO ALUMNADO E POLO NOSO CENTRO...MOITÍSIMA SORTE NOS NOVOS DESTINOS!!!

FELICES VACACIÓNS E BO VERÁN PARA TODOS E TODAS. 

domingo, 30 de xuño de 2019

REVISTA COUSIÑAS 18-19

UN ANO MÁIS DEIXÁMOSVOS A REVISTA COUSIÑAS EN FORMATO DIXITAL PARA QUE A POIDADES VER ONDE SEXA QUE ESTEDES

luns, 10 de xuño de 2019

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

AQUI VOS DEIXAMOS IMAXES E VÍDEOS  DE COMO CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS E A OBRA DO AUTOR, ANTÓN FRAGUAS, AO LONGO DA PRIMAVERA.
INICIAMOS A HOMENAXE NA SEMANA DO LIBRO CO CONTO DO "CASAMENTO DA PULGA" CONTADO POR UNHA NAI DO CENTRO, NA BILBIOTECA. SEGUIMOS COA ELABORACIÓN DO MAIO "A CASA DE SABELA", RELACIONANDO A LIÑA DE TRABALLO DO CENTRO COA RECOLLIDA DE FOLCLORE POPULAR, QUE FAI O AUTOR ARREDOR DA NOSA CULTURA. E PARA CONTINUAR RELACIONANDO O CONTO CO AUTOR DAS LETRAS E OS XOGOS TRADICIONAIS, LEVOUSE A CABO UN XOGO DE BIRLOS ADAPTADO CON PICTOGRAMAS DAS PERSONAXES DO CONTO. 
OUTRA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NESTAS DATAS FOI A ELABORACIÓN POR AULAS DUN QUEBRACABEZAS DA CARICATURA DO AUTOR.
E PARA REMATAR FESTA RECHADA, CON MUIÑADA ACOMPAÑADA POR UN GAITEIRO INVITADO, RECITADO DE ANACOS DAS COPLAS DO CANCIONEIRO DE COTOBADE ADAPTADAS E PRESENTACIÓN DO CONTO "MARUXA".
E PARA TER UN ACHEGAMENTO MAIOR AO AUTOR E A RECOLLIDA DA NOSA CULTURA TRADICIONAL, O VENRES 31 DE MAIO O ALUMNADO DO CEE MIÑO REMATOU CON OBRADOIROS DE SENSACIÓNS BASEADOS NOS POEMAS DE  ANTÓN FRAGUAS "CANCIONEIRO DE COTOBADE" E A NOSA LIÑA DE TRABALLO "A CASA", E DENTRO DESTA A PARTE CORRESPONDENTE DESTE TRIMESTRE "O XARDÍN".


luns, 3 de xuño de 2019

MAIO














VOCABULARIO PRIMAVERA, XARDÍN, A NOSA TERRA, ...  

PICTOGRAMAS / IMAXE REAL




  "O MAIO" NO CEE MIÑO - 2019




  A COPLA QUE LLE REGALARON PERICO E SABELA AO MAIO

martes, 21 de maio de 2019

NÓS TAMÉN CREAMOS: MARUXA

E POR FIN CHEGOU O DÍA DE AMOSARVOS O TRABALLO FEITO POR UN GRUPO DE ALUMNADO E PROFESORADO DO CEE MIÑO NOS ÚLTIMOS MESES...
RECORDADES QUE VOS DIXEMOS QUE NON ESQUECERADES O NOME DE MARUXA?POIS...AQUÍ ESTÁ A SORPRESA...QUE ELABORAMOS A CURTA "MARUXA" BASEADA NO CONTO DA EDITORIAL OQO QUE LEVA O MESMO TÍTULO E ESTÁ ENMARCADO NO PROGRAMA "NÓS TAMÉN CREAMOS". ESTE PROGRAMA TEN POR OBXECTIVO A PROMOCIÓN DA ADQUISICIÓN, DO USO E DA VALORACIÓN DA LINGUA GALEGA NAS AULAS POR MEDIO DA CREATIVIDADE E DA INCORPORACIÓN DA TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN ÁS AULAS.
PARA FACER A CURTA EMPREGOUSE O "STOP MOTION" QUE É UNHA TÉCNICA DE ANIMACIÓN QUE CONSISTE EN APARENTAR O MOVEMENTO DE OBXECTOS ESTÁTICOS POR MEDIO DUNHA SERIE DE IMAXES (FOTOS) FIXAS SUCESIVAS.
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS  A CURTA E O MAKING OFF PARA QUE VEXADES TODO O QUE TRABALLARON OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS.
ESPERAMOS QUE O DISFRUTES...E ANIMÁMOSVOS A QUE COMENTEDES QUE VOS PARECE!!!GRACIAS!!!


  


domingo, 12 de maio de 2019

RECURSOS LETRAS GALEGAS: ANTÓN FRAGUAS

PERICO E PIRULETA ESTIVERON INVESTIGANDO POLAS REDES E ATOPARON DISTISTOS MATERIAS QUE SE PODEN EMPREGAR ESTA SEMANA PARA TRABALLAR O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NAS LETRAS GALEGAS E A SÚA OBRA: ANTÓN FRAGUAS.
DESDE O CEE NOSA SEÑORA DO ROSARIO COMPARTEN UN PAR DE VÍDEOS ONDE APARECE A SÚA BIOGRAFÍA CANTADA E SIGNADA. PARABÉNS POLO TRABALLO COMPAÑEIROS/AS.



A CANTIGA  DO CASAMENTO DA PULGA ESTÁ RECOLLIDA DENTRO DO CANTIGUEIRO DE COTOBADE E OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS XA COÑECEN ESTE CONTO QUE TRABALLAMOS NA SEMANA DO LIBRO. AQUI VOS DEIXAMOS ESTA CANCIÓN DE PABLO DIAZ.


NO BLOGUE ANXOPICTOGRAMAS, QUE COMPARTEN OS CEIP O MOSTEIRÓN DE SADA E ANXO DA GARDA DA CORUÑA ATOPAMOS O CONTO E A CANCIÓN DO CASAMENTO DA PULGA ADAPTADO CON PICTOGRAMAS.



AQUÍ VOS DEIXAMOS TAMÉN A SELECCIÓN DE LIBROS QUE FIXERON PERICO E PIRULETA E QUE PODEREDES ATOPAR NA BIBLIOTECA DO COLE:

VIDEOCONFERENCIA CO ALUMNADO DE 2º DO CEIP O COUTO

OUTRA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NA SEMANA DO LIBRO FOI UNHA VIDEOCONFERENCIA CO ALUMNADO DE 2º A DO CEIP O COUTO.
SABELA E PERICO PUXÉRONSE DACORDO CON MARÍA LASO, A ANTERIOR MESTRA DE MÚSICA DO CEE MIÑO E QUE AGORA É ALI TITORA DE PRIMARIA.
LOGO DALGUNHAS COMPLICACIÓNS TÉCNICAS PODÉMOSVOS ASEGURAR QUE FOI IMPRESIONANTE VER A EMOCIÓN DALGÚNS DOS ALUMNOS E ALUMNOS ASÍ COMO DO ALUMNADO DE 2º QUE  NOS PREPARARON E CONTARON O CONTO DE: A VACA QUE PUXO UN OVO!!!
QUEDAMOS CON MOITÍSIMAS GAÑAS DE REPETIR E MOITÍSIMAS GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA EXPERIENCIA TAN EMOCIONANTE!!!
OLLADE ESTAS FOTIÑOS...

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

NA ÚLTIMA SEMANA DE ABRIL ESTIVEMOS REALIZANDO DISTINTAS ACTIVIDADES NO COLE EN RELACIÓN AO DÍA DO LIBRO.
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO RESUMO DOS CONTACONTOS QUE SE LEVARON A CABO NA BIBLIOTECA. 
POR UN LADO, FOI MARTA, A MAMÁ DE OSLO A QUE SE ANIMOU A COLABORAR E ENCARGOUSE DE CONTAR DOUS CONTOS AO ALUMNADO: O CASAMENTO DA PULGA E DO PIOLLO E O QUITAPENAS. FOI MOI BONITO E DIVERTIDO XA QUE, PARA O PRIMEIRO CONTO, EMPREGOU UNHAS MARIONETAS DE PAPEL E PARA O SEGUNDO, ENCARGOUSE DE FACER UN SACAPENAS PARA CADA ALUMNO E FOI UN AGASALLO QUE LLES FIXO. MOITÍSIMAS GRACIAS POR TODO!!!
POR OUTRO LADO, SABELA A PROTAGONISTA DO NOSO PROXECTO APARECEU PARA CONTARNOS UN CONTO DO QUE ULTIMAMENTE SE FALA MOITO POLOS CORREDORES...SI, SI, O DE MARUXA. EMPREGOU OS DISTINTOS PERSONAXES E O ALUMNADO PARTICIPOU E ATA QUIXERON TOCAR AS LETRAS FEITAS CON MASA DE PAN.  
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E DISFRUTADEO!!!

xoves, 25 de abril de 2019

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

O MARTES CELEBROUSE O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR.
DESDE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EDITOUSE UN DÍPTICO PARA CONMEMORAR ESTA DATA CUN POEMA DA POETA, NARRADORA, PROFESORA E ACADÉMICA MARILAR ALEXANDRE.
O TEXTO CONVIDA A REFLEXIONAR SOBRE A IMPORTANCIA DA LECTURA COMO REVULSIVO PARA INTERROGAR, CUESTIONAR, DUBIDAR, APRENDER, ENFOCAR, REPENSAR E NUNCA CONFORMARSE.
QUEREMOS COMPARTILO CON TODOS/AS VOS. 


CON ESTE TEXTO NA NOSA MENTE QUEREMOS CONTARVOS QUE ACTIVIDADES ORGANIZAMOS NO CEE MIÑO NESTA SEMANA DO LIBRO E QUE POUCO A POUCO VOS IREMOS AMOSANDO COMO DISCORRERON.

  1. CONTACONTOS POR PARTE DE SABELA: MARUXA
  2. ELABORACIÓN DO LIBRO DAS ESTANCIAS DO COLE.
  3. CONTACONTOS POR PARTE DUNHA MAMÁ VOLUNTARIA: O CASAMENTO DA PULGA E DO PIOLLO.
  4. VIDEOCONFERENCIA CO ALUMNADO DUN COLE DE OURENSE.
E XA ESTÁN PERICO, PIRULETA E SABELA MOI ATENTOS PARA IRVOS INFORMANDO DAS DISTINTAS ACTIVIDADES!!!

martes, 23 de abril de 2019

MANS A MASA...TOCA FACER PAN!!!

DESDE FAI UNHAS SEMANIÑAS UN GRUPO DE ALUMNADO DO COLE ESTÁ TRABALLANDO NUN PROXECTO QUE XA VOS ENSINAREMOS MÁIS ADIANTE PORQUE DE MOMENTO NON PODEMOS DARVOS MÁIS PISTAS… PERO HOXE QUEREMOS ADIANTARVOS UN ANAQUIÑO QUE XA SE LEVOU A CABO ANTES DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA E CO QUE DISFRUTARON UN MONTÓN!!!
QUEDÁDEVOS CON ESTE NOME…MARUXA!
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS!


martes, 9 de abril de 2019

SAÍDA AO AUDITORIO: EU COCIÑO TI COCIÑAS

O LUNS DÍA 8, UN GRUPIÑO DE RAPACES E RAPAZAS DO CEE MIÑO ACUDIU AO AUDITORIO PARA VER A REPRESENTACIÓN TEATRAL ACOMPAÑADA DE MÚSICA DO GRUPO MAMÁ CABRA QUE LEVA POR TÍTULO: EU COCIÑO, TI COCIÑAS.

UNHA HISTORIA ONDE A COCIÑA É A PROTAGONISTA E CUNS RITMOS PEGADIZOS COS QUE O ALUMNADO GOZOU UN MONTÓN.
TIMOTEO CAMBIOU O SEU QUIOSCO POR UN RESTAURANTE QUE SE CHAMA COKI, XA QUE ESTABA PREOCUPADO PORQUE AS NENAS E OS NENOS COMESEN SAUDABLE. ATA MONTOU UN BLOGUE PARA DAR A COÑECER AS SÚAS RECEITAS CUNS INGREDIENTES MOI ESPECIAIS: SORRISOS DE MAMÁ, EMPANADILLAS DE AMOR...DIGO...CON XAMÓN, VIAXES DE ZAMPAR E XOGAR, AVENTURAS DE PIRATAS...TIMOTEO DI QUE COCIÑANDO PODEMOS PERCORRER O MUNDO E FACER NOVAS AMIZADES.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MONTAXE COAS FOTOS DO DÍA E UN PAR DE CANCIÓNS DO SEU DISCO QUE ESTÁN NA REDE E ONDE ATOPAREDES MOITAS MAIS.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!!!


martes, 2 de abril de 2019

O CEE MIÑO ∞ UNA DINÁMICA NUEVA PARA EL AUTISMO

CO TÍTULO DA ENTRADA O CEE MIÑO UNIUSE A CAMPAÑA REALIZADA POLO MOVEMENTO ASOCIATIVO DO AUTISMO EN ESPAÑA E AUTISMO EUROPA PARA VISIBILIZAR A REALIDADE E NECESIDADES DAS PERSOAS CON TEA E FIXO DO SEGUINTE XEITO:
CADA AULA DECOROU O SÍMBOLO DO INFINITO EMPREGANDO MATERIAIS VARIOS E COA CONDICIÓN DE USAR A COR AZUL, LOGO FÓRONSE FACENDO FOTOS INDIVIDUAIS OU GRUPAIS CO INFINITO E HOXE POLA MAÑÁ PASOUSE POR TODAS AS AULAS PARA PEGAR NUN PANEL OS TRABALLIÑOS REALIZADOS E FORMAR UN INFINITO ENORME...
NO COLE PENSAMOS QUE...


E ASÍ NOS QUEDOU...OLLADE COMO O FIXEMOS...



DÍA MUNDIAL DEL AUTISMO

TAMÉN QUEREMOS COMPARTIR ESTA CANCIÓN DE MARÍA FUMACA TAN FERMOSA...

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

HOXE TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. A ASAMBLEA XERAL DAS NACIÓNS UNIDAS INSTAUROU EN 2007 ESTE DÍA PARA POÑER DE MANIFESTO A NECESIDADE DE CONTRIBUIR A MELLORA  DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA), PARA QUE PODAN LEVAR UNHA VIDA PLENA E GRATIFICANTE COMO PARTE INTEGRANTE DA SOCIEDADE.
ASÍ CADA ANO, O MOVEMENTO ASOCIATIVO DO AUTISMO EN ESPAÑA, EN COORDINACIÓN CON AUTISMO EUROPA, PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN, O OBXECTIVO DE PROMOVER UNHA IMAXE REAL E POSITIVA DAS PERSOAS CON TEA QUE AXUDE A VISIBILIZAR A SÚA REALIDADE E NECESIDADES, ASÍ COMO O SEU TALENTO E AS SÚAS CAPACIDADES.
NESTE ANO , O LEMA ELEXIDO É:
CO OBXECTIVO PRINCIPAL DE PROMOVER CAMBIOS POSITIVOS EN VARIAS ÁREAS DA VIDA DAS PERSOAS CON TEA.
NO COLE DECIDIMOS UNIRNOS A ESTA CAMPAÑA E XA VOS AMOSAREMOS O QUE FIXEMOS.


2 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

HOXE CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, ESTE ANO BAIXO O LEMA:
             "OS LIBROS FANNOS ACOUGAR" 
DESDE 1967, O 2 DE ABRIL, COINCIDINDO COA DATA DO NACEMENTO DO ESCRITOR DANÉS HANS CHRISTIAN ANDERSEN, O IBBY PROMOVE A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL CO FIN DE PROMOCIONAR OS BOS LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS E TAMÉN A LECTURA ENTRE OS MÁIS NOVOS.
ESTE ANO A MENSAXE CORRE A CARGO DO ILUSTRADOR LITUANO KESTUTIS KASPARAVICIUS. PODES LELA SE PINCHAS NO SEGUINTE ENLACE: 



sábado, 30 de marzo de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

A SEMANA PASADA ESTIVEMOS DE CELEBRACIÓNS VARIAS E FORON MOITAS AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NO COLE QUE SE ORGANIZARON DESDE AS DISTINTAS DINAMIZACIÓNS. AGORA QUE AS REMATAMOS AQUÍ VOS CONTAMOS COMO FOI TODO...
O DÍA 21 DE MARZO CELEBROUSE O DÍA MUNDIAL DA POESÍA E TAMÉN O DÍA DA ÁRBORE E O DÍA 22 DE MARZO O DÍA MUNDIAL DA AUGA.
E QUE MELLOR XEITO DE CELEBRAR QUE RELACIONANDO OS DISTINTOS TEMAS E CREANDO ALGO COLECTIVO?
POIS ASÍ O FIXEMOS...
PARA COMEZAR, ENTRE TODOS, EXPERIMENTAMOS CON XEO E PINTAMOS O FONDO DUN MURAL. O XEO TIVO A PARTICULARIDADE DE QUE ERA DE CORES E ASÍ FOI COMO QUEDOU... 



PARA CONTINUAR, NESE FONDO DEBUXAMOS UNHA ÁRBORE BEN FERMOSA E CADA ALUMNO E ALUMNA FÍXOLLE DOUS AGASALLOS...UNHA PINGA DE AUGA COA SÚA FOTO E UNHA FOLLA DE ÁRBORE DECORADA LIBREMENTE E NA QUE APARECÍA UNHA PALABRA  RELACIONADA CO TEMA E TRABALLADA PREVIAMENTE.




POR OUTRA BANDA DÚAS PROFES DO COLE   AGASALLÁRONNOS CON DOUS POEMAS MOI FERMOSOS QUE SE TRABALLARON NAS AULAS LOGO DE ADAPTALOS CON PICTOS, ASÍ QUE MOITIIIIISIMAS GRACIAS CHUS E ESTHER!!!! 




E SEGUIMOS PORQUE... FOI O VENRES 22, DESPOIS DO RECREO, CANDO UNHA PARTE DO ALUMNADO ACOMPAÑADO DOS SEUS PROFES  BAIXOU AO PARKING PLANTAR O BIDUEIRO QUE NOS REGALOU A DEPUTACIÓN DE OURENSE.
O EDUCADOR BALDOMERO PÚXOLLE MÚSICA E VOZ AO POEMA "POEMA AO BIDUEIRO" E QUEDOU UN BONITO MOMENTO ONDE SE REPASARON TODOS OS PASOS PARA PLANTAR UNHA ÁRBORE E TODO O ALUMNADO COLABOROU: FACENDO O BURATO, SACANDO TERRA, PLANTANDO, ENCHENDO DE NOVO CON TERRA, PISANDO, REGANDO E CANTANDO!!!!!



E POR ÚLTIMO...O TREN DE PERICO E SABELA!!!
COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, PERICO, A  MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA E SABELA, A PROTAGONISTA DO NOSO PROXECTO "A CASA" APARECERON PARA CONMEMORAR ESTAS DATAS TAN IMPORTANTES  E... EN QUE CONSISTIU ESTA ACTIVIDADE?
POIS CADA AULA ENCARGOUSE DE PINTAR UNHA CAIXA DE FROITA CUNHA DAS CORES DO CORPO DE PERICO E POÑERLLE NUN DOS LATERAIS UNHA FRASE ESCRITA DO POEMIÑA AO BIDUEIRO  E NO OUTRO LADO, UNHA FRASE DO OUTRO POEMA TRABALLADO PREVIAMENTE, NESTA OCASIÓN EN PICTOS.
POLAS TARDES E DESDE O TALLER DE EXPLORAMOS COS SENTIDOS ENCARGÁRONSE DE FACERLLE AS RODAS AO TREN E DE XUNTAR TODO O PRECISO PARA PLANTAR EN CADA VAGÓN UN CARBALLO, UN CASTIÑEIRO OU UNHAS PETUNIAS. LOGO, DURANTE A SEMANA, A PROFE MARISA COA AXUDA DO ALUMNADO DA SÚA CLASE FOI PASANDO POLAS AULAS PARA RECOLLER O VAGÓN E PLANTAR O QUE LLE TOCABA A CADA CLASE.



E XA PARA REMATAR, O XOVES POLA TARDE, ALUMNADO DE CADA  TALLER, ENCARGOUSE DE LEVAR Á ENTRADA DO COLEXIO DOUS  VAGÓNS E ALÍ SE FORON ENGANCHANDO TODOS Á MÁQUINA NA QUE ESTABA SABELA E ASÍ, ATA MONTAR O O TREN DE PERICO E SABELA!!!


martes, 26 de marzo de 2019

ENCONTROS PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2018/2019

O DÍA 22 DE MARZO CELEBRÁRONSE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA OS ENCONTROS SOBRE O PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2018/2019.

O NOSO CENTRO FORMA PARTE DESTE PLAN E NESTA OCASIÓN FOMOS SELECCIONADOS PARA PRESENTAR EN FORMATO PÓSTER O TRABALLO QUE SE DESENVOLVE NA NOSA BIBLIOTECA.




         

domingo, 17 de marzo de 2019

RECURSOS PARA CELEBRAR A PRIMAVERA E AS SÚAS FESTAS

PERICO E PIRULETA ESTIVERON BUSCANDO COUSIÑAS E DEIXANVOS UNHA SELECCIÓN DE MATERIAIS QUE ESTÁN NA BIBLIOTECA ASÍ COMO VÍDEOS, ATOPADOS NA REDE E OUTROS DE CREACIÓN PROPIA, PARA IR PREPARANDO AS FESTAS DA PRIMAVERA: ÁRBORE, AUGA E POESÍA.
AGARDAMOS SEXAN DE UTILIDADE E A TRABALLAR MOITO.



















TAMÉN DEIXAMOS UNHA ADAPTACIÓN DO LIBRO QUE O CURSO PASADO ENVIOU A DIPUTACIÓN: A INVENCIÓN DO SALGUEIRO EN OURENSANÍA E OS TRABALLIÑOS DO CURSO PASADO.




sábado, 9 de marzo de 2019

SEMANA DO DOMINGO DE ENTROIDO E DOMINGO DE PIÑATA

NA ÚLTIMA SEMANIÑA DE FESTEXOS ADICADOS AO ENTROIDO FORON AS AULAS 7, 8, 9 E 10 AS ENCARGADAS DE POÑERLLE COR A ENTRADA DO COLEXIO, DECORANDO OS DOUS PANEIS CORRESPONDENTES AO DOMINGO DE ENTROIDO E O DOMINGO DE PIÑATA E TAMÉN DE  ELABORAR AS PIÑATAS QUE COLOCAMOS NO PATIO O DÍA DO ENTROIDO.
ESTE FOI O RESULTADO...


venres, 8 de marzo de 2019

8 DE MARZO: POLA IGUALDADE E A VISIBILIDADE

HOXE PERICO E PIRULETA QUEREN COMPARTIR CON TODOS DOUS VÍDEOS, QUE LLES PARECERON MOI INTERESANTES, PARA TRABALLAR NON SÓ NESTE DÍA. 
HOXE ESTÁN A ADAPTAR UN DELES, AO LONGO DO DÍA O RESULTADO, MESTRES ESTA MOSTRA.



E AQUÍ UNS AGASALLOS PARA ELAS...AS NOSAS MULLERES...AS NOSAS LOITADORAS NAIS... 

mércores, 6 de marzo de 2019

FESTA DE ENTROIDO


   O PASADO VENRES, DÍA 1 DE MARZO, A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO CELEBROU A SÚA FESTA DE ENTROIDO, CO LEMA "REPOBOACIÓN" SEGUINDO COA LIÑA DOS PROXECTOS QUE NESTE CURSO SE LEVAN A CABO NO CENTRO.
   ASÍ O ALUMNADO DO 1º NIVEL REPRESENTARON "AS ABELLAS" BAILANDO Á RITMO DA CANCIÓN "ABEJAS Y MIEL" ACOMPAÑADAS POLA SÚA MELEIRA. (ABELLAS QUE AXUDAN Á POLINIZACIÓN E ASÍ SAÍAN FROITOS DAS ÁRBORES)
  O ALUMNADO DO 2º NIVEL REPRESENTARON "FOLLAS" DE CARBALLO E CASTIÑEIRO COS SEUS FROITOS (ÁRBORES QUE SEMENTARON NO 1º TRIMESTRE PARA CONTRIBUÍR Á REPOBOACIÓN AUTÓCTONA), BAILANDO A RITMO DE "LA VIDA ES UN CARNAVAL".
   O ALUMNADO DO 4º NIVEL REPRESENTARON CARBALLOS E CASTIÑEIROS PROTEXIDOS POLOS SEUS AXENTES FORESTAIS, BAILANDO A RITMO DE "ALCOLITOS" (ÁRBORES QUE SEMENTARON E ESTÁN A COIDAR PARA NO 3º TRIMESTRE PLANTAR E DONAR).
A CONTINUACIÓN RESUMO DESTA FESTA.


mércores, 27 de febreiro de 2019

NOVAS CREACIÓNS

A CONTINUACIÓN AS ÚLTIMAS CREACIÓNS EN FORMATO LIBRO, PARA TRABALLAR ALGUNHAS DAS PRINCIPAIS ACCIÓNS QUE SE PODEN LEVAR A CABO NAS DISTINTAS ESTANCIAS DA CASA DE SABELA, E COMO PROTAGONISTAS DE CADA HISTORIA O ALUMNADO DO CEE MIÑO.

domingo, 24 de febreiro de 2019

AS ORDES DO MECO

E AQUÍ ESTÁ O NOSO MECO!!!
TRÁTASE DUNHA IMAXE DA NOSA PROTAGONISTA DO PROXECTO: SABELA. ELA SERÁ A ENCARGADA DE DECIRNOS DÍA A DÍA QUE É O QUE HAI QUE TRAER AO COLEXIO DURANTE ESTA SEMANA ASÍ QUE...MOI ATENTOS E COMEZAMOS:


POR SI XA QUEREDES IR PREPARANDO O QUE FAI FALTA...AQUÍ VOS DEIXAMOS AS ORDES DE TODA A SEMANA:

LUNS 25: A ALEGRÍA DO ENTROIDO COMÉZASE A NOTAR,
DECORA A TÚA CARA QUE IMOS DISFRUTAR.

MARTES 26: PORÁS UN CALCETÍN DE CADA COR
PARA DISFRUTAR O DÍA CON MÁIS HUMOR.

MÉRCORES 27: PARA UN BO ENTROIDEIRO SER 
PON UN CHALECO E DEIXATE VER.

XOVES 28: SE ESTE ANO DO ENTROIDO QUERES GOZAR,
A TÚA CABEZA TERÁS QUE ADORNAR.





sábado, 23 de febreiro de 2019

SEMANA DO DOMINGO CORREDOIRO

ESTA SEMANA FOI A QUENDA DAS AULAS 5 E 6 QUE ESTIVERON PREPARANDO E DECORANDO O PANEL CORRESPONDENTE AO DOMINGO CORREDOIRO.


PRIMEIRO DÍA DO ENTROIDO ONDE APARECE A PANTALLA. NO COLEXIO TAMÉN QUIXEMOS HOMENAXEAR ESTE PERSONAXE E PUXEMOS A NOSA PANTALLA PARTICULAR!!!
AS PANTALLAS ALEGRAN A FESTA CO SON DAS SÚAS CAMPAIÑAS QUE TEÑEN COLOCADAS NA CINTURA E VAN ABRINDO PASO ENTRE A XENTE GOLPEANDO DÚAS VEXIGAS DE VACA DESECADAS E INFLADAS QUE LEVAN NAS MANS.



venres, 22 de febreiro de 2019

HOMENAXEANDO A ROSALÍA DE CASTRO


   HOXE, AO LONGO DA MAÑÁ, CELEBROUSE O DÍA DE ROSALÍA, ONDE O ALUMNADO ACOMPAÑADO POLAS SÚAS TITORAS TROUXO UNHA PEZA PARA MONTAR O QUEBRACABEZAS XIGANTE DA CARA DE ROSALÍA, 12 PEZAS, 6 DAS CALES FORON INTERCAMBIADAS CO CEE INFANTA ELENA DE MONFORTE (NUNHA ACTIVIDADE CONXUNTA COORDINADA POLOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA EN COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA, TIC E AACC).
   LOGO PROXECTOUSE A MONTAXE CREADA CO TRABALLO LEVADO A CABO AO LONGO DA SEMANA, TAMÉN NUNHA ACTIVIDADE COMPARTIDA CO CEE INFANTA ELENA, "POESÍAS POR UN TUBO", O ALUMNADO NO OBRADOIRO "OS CONTOS" DECORARON OS TUBOS CON VERSOS EN PICTOGRAMAS DE TRES POEMAS DE ROSALÍA, DOUS ANACOS DO POEMA "VENTE, RAPAZA" E OUTRO DE "IMOS BEBENDO" (DESTE POEMA TAMÉN SE ESTÁ ILUSTRANDO UN VERSO POR AULA PARA RECOLLER NUN LIBRO), QUE LOGO RECITARON E ESCOITARON.
    DESPOIS DE VER O TRABALLO DE TODA A SEMANA TAMÉN TENTAMOS VOLVER RECITAR E CANTAR ALGÚN DESTES POEMAS.
      NA SEGUINTE ENTRADA O RESUMO DESTE DÍA.
      A CELEBRAR CON ROSALÍA A NOSA LINGUA

   










PARA REMATAR OS ACTOS DO DÍA DE ROSALÍA PLANTACIÓN DOS PENSAMENTOS, AGASALLO SORPRESA DO CEE INFANTA ELENA DE MONFORTE DE LEMOS

xoves, 21 de febreiro de 2019

ESPECTÁCULO BURBULLAS DE PAPEL

CHEGARON AS 11:00 DA MAÑÁ E UNHA PARTE DO ALUMNADO DO COLE, ACOMPAÑADO POLOS SEUS PROFES E COIDADORES, ESTABA PREPARADO PARA SUBIR AOS BUSES E IR AO AUDITORIO DE OURENSE.
NESTA OCASIÓN ASISTIRON AO ESPECTÁCULO TITULADO: BURBULLAS DE PAPEL NO QUE SE COMBINA A MÚSICA, A DANZA, O TEATRO DE SOMBRAS E OS EFECTOS MULTIMEDIA.
ROGER É UN TROMPETISTA NAMORADO DAS BURBULLAS E COÑECE A UNHA FADA TRASTE QUE LLE AXUDARÁ A ACADAR O SEU OBXECTIVO: DEVOLVERLLE AS GAÑAS DE XOGAR, RIR, IMAXINAR E DANZAR A TODO O MUNDO.
FOI XENIAL COMPARTIR E  VER AS CARAS DOS NOSOS RAPACES E RAPAZAS NA ACTIVIDADE: ALEGRÍA, SORPRESA, SUSTO, ATENCIÓN...UNHA CHEA DE EMOCIÓNS ACOMPAÑADAS AO FINAL DE OUTRA CHEA DE APLAUSOS...
OLLADE OLLADE...


martes, 19 de febreiro de 2019

SAÍDA AO AUDITORIO


MAÑÁ UN GRUPO DO ALUMNADO DO CEE MIÑO SAIRÁ AO AUDITORIO PARA VER A OBRA DO GRUPO BÁCUM "BURBUJAS DE PAPEL"



luns, 18 de febreiro de 2019

SEMANA DO DOMINGO OLEIRO

O SEGUNDO DOMINGO IMPORTANTE DO ENTROIDO: DOMINGO OLEIRO!!!
AS AULAS 3 E 4 FORON AS ENCARGADAS DE DECORAR O PANEL TAN CHULO QUE XA ESTÁ COLOCADO NA ENTRADA DO CENTRO!!! 


TAMÉN NO TALLER DOS CONTOS SE APROVEITOU QUE O ALUMNADO ESTABA MOLDEANDO MASA E FACENDO CHURROS PARA ELABORAR UNHA PEQUENIÑA OLA DE COR AMARELA.
CANDO SE SECOU, ALGÚNS RAPACES E RAPAZAS QUE PASARON POLA BIBLIO PUIDERON XOGAR E LANZAR A OLA ATA QUE SE FOI ROMPENDO!!!


QUE VAI A OLAAAA....

domingo, 17 de febreiro de 2019

SEMANA DO DOMINGO FARELEIRO

CANDO CHEGA O MES DE FEBREIRO HAI UNHA FESTA QUE AXIÑA SE NOS VEN A CABEZA...O ENTROIDO!!!
ESTE ANO NO COLE DECIDIMOS TRABALLAR CO ALUMNADO O CICLO COMPLETO DESTA FESTA, TAL E COMO SE CELEBRA EN ALGÚN POBO DA NOSA PROVINCIA, ASÍ QUE... A SEMANA PASADA FOI A QUENDA DAS AULAS 1 E 2, QUE SE ENCARGARON DE VIVENCIAR E REPRESENTAR O DOMINGO FARELEIRO... FIXÉRONO DUN XEITO MOI PARTICULAR, CUNHA FESTA  E TAMÉN DECORARON UN PANEL ALUSIVO... O QUE ESTÁ CLARO É QUE OS RAPACES E RAPAZAS DISFRUTARON E  PASÁRONO XENIAL .



FARELEIRO