domingo, 12 de maio de 2019

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

NA ÚLTIMA SEMANA DE ABRIL ESTIVEMOS REALIZANDO DISTINTAS ACTIVIDADES NO COLE EN RELACIÓN AO DÍA DO LIBRO.
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO RESUMO DOS CONTACONTOS QUE SE LEVARON A CABO NA BIBLIOTECA. 
POR UN LADO, FOI MARTA, A MAMÁ DE OSLO A QUE SE ANIMOU A COLABORAR E ENCARGOUSE DE CONTAR DOUS CONTOS AO ALUMNADO: O CASAMENTO DA PULGA E DO PIOLLO E O QUITAPENAS. FOI MOI BONITO E DIVERTIDO XA QUE, PARA O PRIMEIRO CONTO, EMPREGOU UNHAS MARIONETAS DE PAPEL E PARA O SEGUNDO, ENCARGOUSE DE FACER UN SACAPENAS PARA CADA ALUMNO E FOI UN AGASALLO QUE LLES FIXO. MOITÍSIMAS GRACIAS POR TODO!!!
POR OUTRO LADO, SABELA A PROTAGONISTA DO NOSO PROXECTO APARECEU PARA CONTARNOS UN CONTO DO QUE ULTIMAMENTE SE FALA MOITO POLOS CORREDORES...SI, SI, O DE MARUXA. EMPREGOU OS DISTINTOS PERSONAXES E O ALUMNADO PARTICIPOU E ATA QUIXERON TOCAR AS LETRAS FEITAS CON MASA DE PAN.  
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E DISFRUTADEO!!!

1 comentario:

  1. Parabéns ás organizadoras, a Sabela e á mamá de Oslo como contacontos, xenial. E por suposto a ese alumnado do Cee Miño tan colaborador. A seguir traballando así. Felicidades!!!

    ResponderEliminar