martes, 21 de maio de 2019

NÓS TAMÉN CREAMOS: MARUXA

E POR FIN CHEGOU O DÍA DE AMOSARVOS O TRABALLO FEITO POR UN GRUPO DE ALUMNADO E PROFESORADO DO CEE MIÑO NOS ÚLTIMOS MESES...
RECORDADES QUE VOS DIXEMOS QUE NON ESQUECERADES O NOME DE MARUXA?POIS...AQUÍ ESTÁ A SORPRESA...QUE ELABORAMOS A CURTA "MARUXA" BASEADA NO CONTO DA EDITORIAL OQO QUE LEVA O MESMO TÍTULO E ESTÁ ENMARCADO NO PROGRAMA "NÓS TAMÉN CREAMOS". ESTE PROGRAMA TEN POR OBXECTIVO A PROMOCIÓN DA ADQUISICIÓN, DO USO E DA VALORACIÓN DA LINGUA GALEGA NAS AULAS POR MEDIO DA CREATIVIDADE E DA INCORPORACIÓN DA TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN ÁS AULAS.
PARA FACER A CURTA EMPREGOUSE O "STOP MOTION" QUE É UNHA TÉCNICA DE ANIMACIÓN QUE CONSISTE EN APARENTAR O MOVEMENTO DE OBXECTOS ESTÁTICOS POR MEDIO DUNHA SERIE DE IMAXES (FOTOS) FIXAS SUCESIVAS.
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS  A CURTA E O MAKING OFF PARA QUE VEXADES TODO O QUE TRABALLARON OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS.
ESPERAMOS QUE O DISFRUTES...E ANIMÁMOSVOS A QUE COMENTEDES QUE VOS PARECE!!!GRACIAS!!!


  


3 comentarios: