mércores, 18 de decembro de 2019

CELEBRANDO A CHEGADA DO INVERNO

ESTOS DÍAS ANDIVEMOS FACENDO VARIAS "ACTIVIDADES DE INVERNO", ENTRE ELAS E DESDE BIBLIOTECA, OS ALUMNOS FIXERON UNHA POSTAL DE NADAL EN FORMA DE BOLA PARA LOGO ADORNAR UNHA ÁRBORE DE NADAL (NA QUE COLABORARON PARA ELABORALO OS EDUCADORES DO NOSO CENTRO, JOSÉ MANUEL E BALDO). DESPOIS ESTA ÁRBORE UTILIZOUSE PARA FACER UN PHOTOCALL...
PARA ACABAR DE DECORALO, O RESTO DE DINAMIZACIÓNS COLABORARON FACENDO VARIOS ADORNOS...E QUEDOU MOI VISTOSO E COLORIDO!!!
O PROFE DE MÚSICA, JOSE, DELEITOUNOS CUNHA CANCIÓN DE INVERNO QUE TIÑA COMO PROTAGONISTA A NOSA SABELA...CANTAMOS E RIMOS MOITO UN BO ANACO!!!


DÍA DA DISCAPACIDADE 2019



Congrats! por Diana Bericochea Álvarez

 Hoxe, martes 3 de decembro, é un día moi importante para nós, é o día no que se promoven os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade. 
Isto pode parecer unha nube de fume para moitos, algo que se expón un día calquera para facer unha foto e colgala nun bonito artigo, pero se nos paramos a pensar, decatarémonos que é un día para celebrar e berrar ben alto, xa que é unha loita gañada nunha historia que non sempre tivo capítulos agradables.
Para nós, este día non é unha foto, é unha vitoria dentro dunha morea de adversidades que cada día temos que afrontar. Todos sabemos cantas dificultades nos atopamos neste arduo camiño que compartimos cos nosos alumnos e alumnas, pero poucos saben o que nos ensinan día a día e como enchen a nosa vida de cariño e significado. 
E, por todo o que lles debemos, queremos compartir o segredo que cada día nos contan en fíos tan finos de voz que nin se escoitan: son nenos, son nenas, tan diferentes e tan iguais aos outros, para os que os xogos e os agarimos o son todo. Por iso, e por eles, traballamos día a día.
A eles dedicamos o seguinte poema, no que Carmen Aguirre recolle en palabras moitos dos nosos pensamentos. GRAZAS!

QUE NO DARÍA YO...
Suspendido entre la tierra y el cielo,
rodeado de la inmensidad del mar,
intentando atrapar vuelos de gaviotas.
-Me pregunto, hacia dónde
tu mente volará
Quisiera entrar contigo en ese mundo,
que dicen: que es tiniebla y soledad.
Tomarte suavemente de la mano
y acompañarte para ver tu verdad.
¡Qué no daría yo!...
porque posaras tu cabeza en mi regazo
y, con alas de mariposa, poderte acariciar.
Besarte con los labios del viento,
y enseñarte qué significa: Amar.
Alejar los miedos que te acosan,
¡arrastrarte hacia la realidad!.
Que pudieras comprender la diferencia
que existe entre el reír y el llorar.
Iluminar tu noche con colores,
compartir los juegos y el soñar,
guiarte hacia la luz, fuera del laberinto
¡Qué no daría yo
porque pudieras volver a comenzar!

                                    Autor: Carmen Aguirre


 Desde Biblioteca, a actividade que fixemos consistiu en que o alumnado de cada aula decorara un lazo solidario de cor granate para logo pegar nun lazo xigante debuxado nun panel.
Ollade en que consistiu e que ben quedou nesta presentación de fotos: 


O MAGOSTO DE VELLE 2019

COMO CADA ANO, NO COLEXIO CELEBRAMOS A NOSA FESTA TRADICIONAL POR EXCELENCIA QUE É O MAGOSTO...XA QUE O "SAN MARTIÑO" É O PATRÓN DA NOSA CIDADE.
POR ISO, O VENRES 8 DE NOVEMBRO FIXEMOS UNHA FESTA CON XOGOS PARA OS QUE DECORAMOS CASTAÑAS DE MOITAS MANEIRAS, BUSCAMOS TESOUROS SONOROS OCULTOS ENTRE FOLLAS, ASAMOS CASTAÑAS NUNHA FOGUEIRA  (QUE PROPUXEMOS FACER ENTRE TODOS DESDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA)...E, ENTRE OUTROS XOGOS MÁIS, TAMÉN XOGAMOS A ROMPER UNHAS PIÑATAS QUE TIÑAN UNHA SORPRESA DENTRO...
A VERDADE É QUE O PASAMOS XENIAL!!!





SAMAIN


NO SAMAÍN DECORAMOS CABAZAS COAS QUE PARTICIPAMOS NUN CONCURSO DO CONCELLO E GAÑAMOS UN PREMIO!!!.
TAMÉN FIXEMOS PANTASMAS, MORCEGOS, ARAÑAS, MOUCHOS,...PARA DEIXAR O COLEXIO TERRORÍFICAMENTE DECORADO.
E NA BIBLIOTECA ESCOITAMOS UN CONTO INVENTADO POLO NOSO PROFE DE MÚSICA, JOSE, CO QUE DISFRUTAMOS UN MONTÓN.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS...