mércores, 18 de decembro de 2019

DÍA DA DISCAPACIDADE 2019



Congrats! por Diana Bericochea Álvarez

 Hoxe, martes 3 de decembro, é un día moi importante para nós, é o día no que se promoven os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade. 
Isto pode parecer unha nube de fume para moitos, algo que se expón un día calquera para facer unha foto e colgala nun bonito artigo, pero se nos paramos a pensar, decatarémonos que é un día para celebrar e berrar ben alto, xa que é unha loita gañada nunha historia que non sempre tivo capítulos agradables.
Para nós, este día non é unha foto, é unha vitoria dentro dunha morea de adversidades que cada día temos que afrontar. Todos sabemos cantas dificultades nos atopamos neste arduo camiño que compartimos cos nosos alumnos e alumnas, pero poucos saben o que nos ensinan día a día e como enchen a nosa vida de cariño e significado. 
E, por todo o que lles debemos, queremos compartir o segredo que cada día nos contan en fíos tan finos de voz que nin se escoitan: son nenos, son nenas, tan diferentes e tan iguais aos outros, para os que os xogos e os agarimos o son todo. Por iso, e por eles, traballamos día a día.
A eles dedicamos o seguinte poema, no que Carmen Aguirre recolle en palabras moitos dos nosos pensamentos. GRAZAS!

QUE NO DARÍA YO...
Suspendido entre la tierra y el cielo,
rodeado de la inmensidad del mar,
intentando atrapar vuelos de gaviotas.
-Me pregunto, hacia dónde
tu mente volará
Quisiera entrar contigo en ese mundo,
que dicen: que es tiniebla y soledad.
Tomarte suavemente de la mano
y acompañarte para ver tu verdad.
¡Qué no daría yo!...
porque posaras tu cabeza en mi regazo
y, con alas de mariposa, poderte acariciar.
Besarte con los labios del viento,
y enseñarte qué significa: Amar.
Alejar los miedos que te acosan,
¡arrastrarte hacia la realidad!.
Que pudieras comprender la diferencia
que existe entre el reír y el llorar.
Iluminar tu noche con colores,
compartir los juegos y el soñar,
guiarte hacia la luz, fuera del laberinto
¡Qué no daría yo
porque pudieras volver a comenzar!

                                    Autor: Carmen Aguirre


 Desde Biblioteca, a actividade que fixemos consistiu en que o alumnado de cada aula decorara un lazo solidario de cor granate para logo pegar nun lazo xigante debuxado nun panel.
Ollade en que consistiu e que ben quedou nesta presentación de fotos: 


Ningún comentario:

Publicar un comentario