xoves, 29 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

Ola: para a celebración do Día do Libro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca, seleccionou unha serie de libros colocados nun expositor na biblioteca, para que todas as aulas puideran disfrutalos por quendas, sen deixar de seguir o protocolo Covid.



Entre os libros seleccionados destaca "Non te amola" de Xela Arias, que é a autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.

Ao longo da semana nas aulas traballouse nun encargo que nos fixeron desde a Biblioteca para montar un fermoso libro adaptado con pictogramas titulado "Cómo convivimos ca Covid no CEE Miño", coa colaboración de Sabela.



O xoves, 22 de abril, cada aula foi á Biblioteca coa súa lámina do libro decorada segundo a norma Covid que lle tocou para pegala nun panel. E alí esperábanos a nosa querida Sabela para escenificar as distintas normas que se traballaron polas aulas e ás que Arthur e Sofía, da aula 10, lles puxeron voz.

Despois da escenificación, tamén tivemos tempo de cantar e bailar grazas ao profe Jose, que coa súa guitarra interpretou a canción "Sabela, as zocas máxicas e o Coronavirus" entre outras moitas cancións...
No vídeo podedes ver un resumo do que foi a actividade:

 

E para rematar...o Equipo da Biblioteca estivo entregándolle un recordo ao alumnado que, durante o confinamento do curso pasado, colaborou nas distintas propostas que se fixeron.


Diario de cuarentena

luns, 26 de abril de 2021

DÍA DA PRIMAVERA, POESÍA, AUGA E ÁRBORE

Ola: no C.E.E. Miño celebramos no mes de marzo a chegada da Primavera con varias actividades, nas que tamén incluímos a celebración do Día Mundial da Poesía e da Árbore (21 de Marzo) e o Día Mundial da Auga (22 de Marzo).
Festexámolo na biblioteca do cole ao longo da mañá do xoves día 18 de marzo. En tres grupos diferentes, fixemos estas dúas actividades:
"Cortina da poesía da primavera na rúa con Sabela".
Nunha das ventás da biblioteca colocouse unha cortina feita con tiras de plástico formando un arco da vella. O alumnado foi pegando distintos pictogramas con vocabulario propio da primavera na cor que cada un ou unha escollía.
"A árbore de Perico".
Todos os alumnos e alumnas pintaron distintas froitos, flores e gotas de auga con distintas técnicas nun obradoiro que se desenvolveu, mentres o profe Jose tocaba e cantaba unha canción feita para a ocasión. Para rematar colocáronse todos os traballos nunha árbore colocada sobre un panel.
Nos seguintes vídeos podedes ver como se desenvolveu a actividade en cada un dos grupos: