martes, 9 de abril de 2019

SAÍDA AO AUDITORIO: EU COCIÑO TI COCIÑAS

O LUNS DÍA 8, UN GRUPIÑO DE RAPACES E RAPAZAS DO CEE MIÑO ACUDIU AO AUDITORIO PARA VER A REPRESENTACIÓN TEATRAL ACOMPAÑADA DE MÚSICA DO GRUPO MAMÁ CABRA QUE LEVA POR TÍTULO: EU COCIÑO, TI COCIÑAS.

UNHA HISTORIA ONDE A COCIÑA É A PROTAGONISTA E CUNS RITMOS PEGADIZOS COS QUE O ALUMNADO GOZOU UN MONTÓN.
TIMOTEO CAMBIOU O SEU QUIOSCO POR UN RESTAURANTE QUE SE CHAMA COKI, XA QUE ESTABA PREOCUPADO PORQUE AS NENAS E OS NENOS COMESEN SAUDABLE. ATA MONTOU UN BLOGUE PARA DAR A COÑECER AS SÚAS RECEITAS CUNS INGREDIENTES MOI ESPECIAIS: SORRISOS DE MAMÁ, EMPANADILLAS DE AMOR...DIGO...CON XAMÓN, VIAXES DE ZAMPAR E XOGAR, AVENTURAS DE PIRATAS...TIMOTEO DI QUE COCIÑANDO PODEMOS PERCORRER O MUNDO E FACER NOVAS AMIZADES.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MONTAXE COAS FOTOS DO DÍA E UN PAR DE CANCIÓNS DO SEU DISCO QUE ESTÁN NA REDE E ONDE ATOPAREDES MOITAS MAIS.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario