HOXE TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. A ASAMBLEA XERAL DAS NACIÓNS UNIDAS INSTAUROU EN 2007 ESTE DÍA PARA POÑER DE MANIFESTO A NECESIDADE DE CONTRIBUIR A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA), PARA QUE PODAN LEVAR UNHA VIDA PLENA E GRATIFICANTE COMO PARTE INTEGRANTE DA SOCIEDADE.
ASÍ CADA ANO, O MOVEMENTO ASOCIATIVO DO AUTISMO EN ESPAÑA, EN COORDINACIÓN CON AUTISMO EUROPA, PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN, O OBXECTIVO DE PROMOVER UNHA IMAXE REAL E POSITIVA DAS PERSOAS CON TEA QUE AXUDE A VISIBILIZAR A SÚA REALIDADE E NECESIDADES, ASÍ COMO O SEU TALENTO E AS SÚAS CAPACIDADES.
NESTE ANO , O LEMA ELEXIDO É:
CO OBXECTIVO PRINCIPAL DE PROMOVER CAMBIOS POSITIVOS EN VARIAS ÁREAS DA VIDA DAS PERSOAS CON TEA.
NO COLE DECIDIMOS UNIRNOS A ESTA CAMPAÑA E XA VOS AMOSAREMOS O QUE FIXEMOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario