A SEMANA PASADA ESTIVEMOS DE CELEBRACIÓNS VARIAS E FORON MOITAS AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NO COLE QUE SE ORGANIZARON DESDE AS DISTINTAS DINAMIZACIÓNS. AGORA QUE AS REMATAMOS AQUÍ VOS CONTAMOS COMO FOI TODO...
O DÍA 21 DE MARZO CELEBROUSE O DÍA MUNDIAL DA POESÍA E TAMÉN O DÍA DA ÁRBORE E O DÍA 22 DE MARZO O DÍA MUNDIAL DA AUGA.
E QUE MELLOR XEITO DE CELEBRAR QUE RELACIONANDO OS DISTINTOS TEMAS E CREANDO ALGO COLECTIVO?
POIS ASÍ O FIXEMOS...
PARA COMEZAR, ENTRE TODOS, EXPERIMENTAMOS CON XEO E PINTAMOS O FONDO DUN MURAL. O XEO TIVO A PARTICULARIDADE DE QUE ERA DE CORES E ASÍ FOI COMO QUEDOU...
PARA CONTINUAR, NESE FONDO DEBUXAMOS UNHA ÁRBORE BEN FERMOSA E CADA ALUMNO E ALUMNA FÍXOLLE DOUS AGASALLOS...UNHA PINGA DE AUGA COA SÚA FOTO E UNHA FOLLA DE ÁRBORE DECORADA LIBREMENTE E NA QUE APARECÍA UNHA PALABRA RELACIONADA CO TEMA E TRABALLADA PREVIAMENTE.
POR OUTRA BANDA DÚAS PROFES DO COLE AGASALLÁRONNOS CON DOUS POEMAS MOI FERMOSOS QUE SE TRABALLARON NAS AULAS LOGO DE ADAPTALOS CON PICTOS, ASÍ QUE MOITIIIIISIMAS GRACIAS CHUS E ESTHER!!!!
E SEGUIMOS PORQUE... FOI O VENRES 22, DESPOIS DO RECREO, CANDO UNHA PARTE DO ALUMNADO ACOMPAÑADO DOS SEUS PROFES BAIXOU AO PARKING PLANTAR O BIDUEIRO QUE NOS REGALOU A DEPUTACIÓN DE OURENSE.
O EDUCADOR BALDOMERO PÚXOLLE MÚSICA E VOZ AO POEMA "POEMA AO BIDUEIRO" E QUEDOU UN BONITO MOMENTO ONDE SE REPASARON TODOS OS PASOS PARA PLANTAR UNHA ÁRBORE E TODO O ALUMNADO COLABOROU: FACENDO O BURATO, SACANDO TERRA, PLANTANDO, ENCHENDO DE NOVO CON TERRA, PISANDO, REGANDO E CANTANDO!!!!!
E POR ÚLTIMO...O TREN DE PERICO E SABELA!!!
COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, PERICO, A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA E SABELA, A PROTAGONISTA DO NOSO PROXECTO "A CASA" APARECERON PARA CONMEMORAR ESTAS DATAS TAN IMPORTANTES E... EN QUE CONSISTIU ESTA ACTIVIDADE?
POIS CADA AULA ENCARGOUSE DE PINTAR UNHA CAIXA DE FROITA CUNHA DAS CORES DO CORPO DE PERICO E POÑERLLE NUN DOS LATERAIS UNHA FRASE ESCRITA DO POEMIÑA AO BIDUEIRO E NO OUTRO LADO, UNHA FRASE DO OUTRO POEMA TRABALLADO PREVIAMENTE, NESTA OCASIÓN EN PICTOS.
POLAS TARDES E DESDE O TALLER DE EXPLORAMOS COS SENTIDOS ENCARGÁRONSE DE FACERLLE AS RODAS AO TREN E DE XUNTAR TODO O PRECISO PARA PLANTAR EN CADA VAGÓN UN CARBALLO, UN CASTIÑEIRO OU UNHAS PETUNIAS. LOGO, DURANTE A SEMANA, A PROFE MARISA COA AXUDA DO ALUMNADO DA SÚA CLASE FOI PASANDO POLAS AULAS PARA RECOLLER O VAGÓN E PLANTAR O QUE LLE TOCABA A CADA CLASE.
E XA PARA REMATAR, O XOVES POLA TARDE, ALUMNADO DE CADA TALLER, ENCARGOUSE DE LEVAR Á ENTRADA DO COLEXIO DOUS VAGÓNS E ALÍ SE FORON ENGANCHANDO TODOS Á MÁQUINA NA QUE ESTABA SABELA E ASÍ, ATA MONTAR O O TREN DE PERICO E SABELA!!!
Fermoso traballo compañeir@s
ResponderEliminarMOITAS GRACIAS!!!
ResponderEliminar