luns, 4 de novembro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2019

O PASADO VENRES DÍA 25 FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, MARCADO COMO TAL POLA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL CO FIN DE CONCIENCIAR SOBRE A IMPORTANCIA DA LECTURA E O RECOÑECEMENTO DAS BIBLIOTECARIAS/OS.
PARA A OCASIÓN... QUEN MELLOR QUE A NOSA SABELA PARA ACOMPAÑARNOS E CONTARNOS MOITAS NOVIDADES SOBRE A BIBLIOTECA?
A PARTIR DAS 11:30 O ALUMNADO DOS TRES NIVEIS FOI BAIXANDO EN GRUPOS PARA ENCONTRARSE CON SABELA, A NOSA PROTAGONISTA, QUE NOS CONTOU E DRAMATIZOU A PARTE DO CONTO DE SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS QUE TRABALLAREMOS DURANTE ESTE CURSO E QUE LEVA POR TÍTULO: SABELA E A RÚA.
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS O CONTO ADAPTADO CON PICTOGRAMAS POR PARTE DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA E Ó QUE LLE PUXO VOZ SOFÍA, UNHA ALUMNA DO 4º NIVEL.


 ADEMAIS DO CONTO, A PROFE MONTSE TAMÉN SE ENCARGOU DE EXPLICAR O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA PARA QUE PODAMOS DESFRUTAR DESTE RECUNCHO TAN MÁXICO DO NOSO COLE.
PERICO E PIRULETA QUIXERON AMOSARVOS UNHAS FOTOS E VÍDEO DA OCASIÓN... 

Ningún comentario:

Publicar un comentario