venres, 22 de febreiro de 2019

HOMENAXEANDO A ROSALÍA DE CASTRO


   HOXE, AO LONGO DA MAÑÁ, CELEBROUSE O DÍA DE ROSALÍA, ONDE O ALUMNADO ACOMPAÑADO POLAS SÚAS TITORAS TROUXO UNHA PEZA PARA MONTAR O QUEBRACABEZAS XIGANTE DA CARA DE ROSALÍA, 12 PEZAS, 6 DAS CALES FORON INTERCAMBIADAS CO CEE INFANTA ELENA DE MONFORTE (NUNHA ACTIVIDADE CONXUNTA COORDINADA POLOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA EN COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA, TIC E AACC).
   LOGO PROXECTOUSE A MONTAXE CREADA CO TRABALLO LEVADO A CABO AO LONGO DA SEMANA, TAMÉN NUNHA ACTIVIDADE COMPARTIDA CO CEE INFANTA ELENA, "POESÍAS POR UN TUBO", O ALUMNADO NO OBRADOIRO "OS CONTOS" DECORARON OS TUBOS CON VERSOS EN PICTOGRAMAS DE TRES POEMAS DE ROSALÍA, DOUS ANACOS DO POEMA "VENTE, RAPAZA" E OUTRO DE "IMOS BEBENDO" (DESTE POEMA TAMÉN SE ESTÁ ILUSTRANDO UN VERSO POR AULA PARA RECOLLER NUN LIBRO), QUE LOGO RECITARON E ESCOITARON.
    DESPOIS DE VER O TRABALLO DE TODA A SEMANA TAMÉN TENTAMOS VOLVER RECITAR E CANTAR ALGÚN DESTES POEMAS.
      NA SEGUINTE ENTRADA O RESUMO DESTE DÍA.
      A CELEBRAR CON ROSALÍA A NOSA LINGUA

   










PARA REMATAR OS ACTOS DO DÍA DE ROSALÍA PLANTACIÓN DOS PENSAMENTOS, AGASALLO SORPRESA DO CEE INFANTA ELENA DE MONFORTE DE LEMOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario