O PASADO DÍA 30, DESPOIS DO RECREO, FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE TODOS E TODAS XUNTOS NO XIMNASIO, PARA CONMEMORAR O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI POÑER AS CAMISETAS, QUE POLA SEMANA ESTIVEMOS PREPARANDO E LOGO FOMOS SAÍNDO DAS AULAS PARA COMEZAR A NOSA "ANDAINA POLA PAZ". COMEZARON O RECORRIDO AS AULAS 1 E 2 QUE FORON RECOLLER A AULA 10 E LOGO A AULA 6 E SEGUIRON COA 5 E ASÍ FORON ENTRANDO AO XIMNASIO ONDE OS ESTABAN ESPERANDO OS COMPAÑEIROS/AS DAS AULAS 3, 4, 9,7 E 8.
UNHA VEZ DENTRO FIXEMOS O RECORRIDO ARREDOR DO SÍMBOLO DA PAZ QUE ESTABA COLOCADO NO CENTRO E ESTIVEMOS CANTANDO E BAILANDO A CANCIÓN QUE DURANTE A SEMANA SE ESTIVO TRABALLANDO NAS AULAS: "O GALO PEDRO"
ADEMAIS NO XIMNASIO EXPUXÉRONSE OS DOUS PANEIS NOS QUE SE ESTIVO TRABALLANDO DURANTE A SEMANA:O DO GALO PEDRO E O PANEL DOS SÍMBOLOS DECORADOS POR TÓDALAS AULAS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PRESENTACIÓN CON FOTOS DAS ACTIVIDADES E OS DOUS PANEIS QUE DECORAMOS, ADEMAIS ESTAMOS PREPARANDO UN VÍDEO RESUMO DA ANDAINA QUE TAN PRONTO O TEÑAMOS LISTO XA O SUBIMOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario