xoves, 24 de xaneiro de 2019

PREPARANDO A PAZ

COMO XA PERICO E PIRULETA MENCIONARON NA ENTRADA ANTERIOR, DENDE O EQUIPO  DA BIBLIOTECA PROPUXÉRASE PARTIR DO CONTO DE "ELMER" COMO ELEMENTO MOTIVADOR PARA TRABALLAR O DÍA DA PAZ, E DENDE ESE PUNTO ELABORAR O NOSO CONTO TENDO COMO PROTAGONISTA O GALO DO GALIÑEIRO QUE QUERE SER COMA AS GALIÑAS; PARA O ACTO ESCEFICACIÓN CON CAMISETAS BRANCAS, NEGRAS E UNHA PINTADA NA AULA DE DISTINTAS CORES, IMITANDO A COR DAS GALIÑAS E GALO DO NOSO GALIÑEIRO.
DENDE O EQUIPO DLG PROPUXERON UN LISTADO DE PALABRAS EN GALEGO, QUE INDICAN COMO QUERE SER O GALO E QUE VAN ASOCIADAS A UNHA COR.
O EQUIPO TIC PROPUXO UNHA ANDAINA POLO XARDÍN DA ENTRADA REMATANDO NUN CÍRCULO DEBUXANDO O SÍMBOLO DA PAZ E CANTANDO UNHA CANCIÓN. 
A ORGANIZACIÓN E DECORACIÓN A CARGO DO EQUIPO AACCC, PROPONDO PARA A ELABORACIÓN DUN MURAL, QUE CADA AULA DECORE UN CORAZÓN, UNHA MAN E UNHA POMBA.
ENTÓN, E PARA DAR COMEZO A ESTA CELEBRACIÓN, O ALUMNADO DO CEE MIÑO ONTE RECIBIU A VISITA DE SABELA (A PROTAGONISTA DO PROXECTO QUE SE DESENVOLVE DENDE O CURSO PASADO, E QUE XIRA ARREDOR DA TEMÁTICA DA "CASA", PARTES, ELEMENTOS QUE A COMPOÑEN E ACCIÓNS QUE SE PODEN LEVAR A CABO EN CADA ESTANCIA), QUE LLES LEVOU AS CARTOLINAS DE CORES COA PALABRA ASOCIADA.
TIÑAN QUE ELIXIR UNHA, PARA LOGO PENSAR NUNHA FOTO QUE ILUSTRE E DEA SIGNIFICADO Á PALABRA ELIXIDA, QUE SE RECOLLERÁ PARA FORMAR PARTE DO CONTO "O GALO PEDRO" QUE ESTÁN PREPARANDO DENDE A BIBLIOTECA NO OBRADOIRO "OS CONTOS"
PERICO, PIRULETA E SABELA AGARDAN ESES TRABALLIÑOS E ACTUACIÓN CON MOITA EMOCIÓN. ESTADE ATENTOS QUE XA QUEDA POUCO

Ningún comentario:

Publicar un comentario