AQUI VOS DEIXAMOS IMAXES E VÍDEOS DE COMO CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS E A OBRA DO AUTOR, ANTÓN FRAGUAS, AO LONGO DA PRIMAVERA.
INICIAMOS A HOMENAXE NA SEMANA DO LIBRO CO CONTO DO "CASAMENTO DA PULGA" CONTADO POR UNHA NAI DO CENTRO, NA BILBIOTECA. SEGUIMOS COA ELABORACIÓN DO MAIO "A CASA DE SABELA", RELACIONANDO A LIÑA DE TRABALLO DO CENTRO COA RECOLLIDA DE FOLCLORE POPULAR, QUE FAI O AUTOR ARREDOR DA NOSA CULTURA. E PARA CONTINUAR RELACIONANDO O CONTO CO AUTOR DAS LETRAS E OS XOGOS TRADICIONAIS, LEVOUSE A CABO UN XOGO DE BIRLOS ADAPTADO CON PICTOGRAMAS DAS PERSONAXES DO CONTO.
OUTRA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NESTAS DATAS FOI A ELABORACIÓN POR AULAS DUN QUEBRACABEZAS DA CARICATURA DO AUTOR.
E PARA REMATAR FESTA RECHADA, CON MUIÑADA ACOMPAÑADA POR UN GAITEIRO INVITADO, RECITADO DE ANACOS DAS COPLAS DO CANCIONEIRO DE COTOBADE ADAPTADAS E PRESENTACIÓN DO CONTO "MARUXA".
E PARA TER UN ACHEGAMENTO MAIOR AO AUTOR E A RECOLLIDA DA NOSA CULTURA TRADICIONAL, O VENRES 31 DE MAIO O ALUMNADO DO CEE MIÑO REMATOU CON OBRADOIROS DE SENSACIÓNS BASEADOS NOS POEMAS DE ANTÓN FRAGUAS "CANCIONEIRO DE COTOBADE" E A NOSA LIÑA DE TRABALLO "A CASA", E DENTRO DESTA A PARTE CORRESPONDENTE DESTE TRIMESTRE "O XARDÍN".
Ningún comentario:
Publicar un comentario