mércores, 12 de decembro de 2018

PLANTANDO LANDRAS

A SEMANA PASADA ADICAMOS TODAS AS TARDES A DARLLE CONTINUIDADE AO PROXECTO INICIADO ESTE CURSO E...
QUE FOI O QUE TOCOU?
POR UNHA BANDA E POR QUENDAS, NO OBRADOIRO DOS CONTOS PROXECTOUSE A CURTA QUE GRAVAMOS DE XAIME E AS LANDRAS.
ADEMAIS, A PROXECCIÓN ACOMPAÑOUSE DUNHA PEQUENA DRAMATIZACIÓN ONDE SE INCORPORARON OS BONECOS-PROTAGONISTAS DO CONTO ASÍ COMO OS PICTOGRAMAS CORRESPONDENTES PARA APOIAR E FACILITAR A COMPRENSIÓN.
POR OUTRA PARTE, EN COLABORACIÓN CO OBRADOIRO EXPLORAMOS COS SENTIDOS, TODO O ALUMNADO PLANTOU A SÚA LANDRA.
PREVIAMENTE PEDIUSE A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA QUE APORTARAN UN CARTÓN DE LEITE QUE LOGO SE ENCHEU DE TERRA E SERVIU COMO TESTO PARA METER A LANDRA.
AHH! E MENUDA SORPRESA LEVOU O ALUMNADO DO 4º NIVEL CANDO ESTABA PLANTANDO...SABEDES QUE ANIMALIÑO ATOPOU...OLLADE O VÍDEO E DESCUBRIRÉDELO...
O QUE MAIS  E O QUE MENOS DISFRUTOU UN MONTÓN LAVANDO OS CARTÓNS, METENDO AS MANS NA TERRA, REGANDO CON AUGA, CRAVANDO, CALCANDO DE NOVO A TERRA...TODA UNHA EXPERIENCIA... E PARA REMATAR CADA ALUMNO E ALUMNA COLOCOULLE AO SEU CARTÓN A  SÚA FOTO.
E AGORA...DOCE ESPERA...







Ningún comentario:

Publicar un comentario