xoves, 5 de xullo de 2018

FESTA FIN DE CURSO: FESTA DA AUGA


CO GALLO DE CELEBRAR O FIN DE CURSO E DAR COMEZO AS VACACIÓNS, DUN XEITO ESPECIAL, LEVOUSE A CABO A FESTA DA AUGA. O ALUMNADO ESTIVO DISTRIBUÍDO EN GRUPOS ROTANDO POLOS CINCO XOGOS: BOLAS, ESCUMA, CHORROS DE  AUGA, POMPAS E PESCA. A ORGANIZACIÓN E COLABORACIÓN POR PARTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA FIXO QUE ESTE DÍA RESULTARA  UN ÉXITO, A TRAVÉS DA CONVIVENCIA E OS XOGOS.

CADA CURSO HABÍA UN GRUPO DO ALUMNADO QUE SE GRADUABA, E ALGÚN MESTRE QUE MUDABA DE DESTINO, PORÉN ESTE CURSO NON HOUBO GRADUADOS, TODOS CONTINUARÁN FORMACIÓN NO VINDEIRO CURSO, MAIS UN GRUPO (NESTA OCASIÓN MOI NUMEROSO) DE MESTRAS IMPARTIRÁN FORMACIÓN NOUTROS CENTROS DA CIDADE, POR SERLLE ADXUDICADO NOVO DESTINO NO CONCURSO DE TRASLADOS ANUAL.

TODAS FORMARON PARTE DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEE MIÑO DURANTE VARIOS CURSOS.

GRAZAS A CADA UNHA DELAS, MOITA SORTE NO NOVO DESTINO.

GRAZAS A MESTRA, QUE LEVOU A CABO A ARDÚA TAREFA DE SER ORIENTADORA DO CENTRO E ENCARGADA DO COMEDOR NOS DOUS ÚLTIMOS CURSOS. SORTE TAMÉN NOVO DESTINO.

GRAZAS A OUTRA MESTRA, POLOS ANOS DE ENTREGA NA FORMACIÓN DE MOITO ALUMNADO, E ESPECIALMENTE O TEMPO DEDICADO NESTE CENTRO. UNHA MOI MERECIDA XUBILACIÓN.

GRAZAS, DUN XEITO ESPECIAL, PARA A DIRECTORA DO CEE MIÑO, QUE DESPOIS DE VARIOS ANOS LEVANDO O TIMÓN DESTE CENTRO DEÍXAOO EN BO PORTO, ELEVANDO ÁNCORAS CARA UN NOVO DESTINO. GRAZAS POLA SÚA ENTREGA E BO FACER. MOITA SORTE.

E GRAZAS A TODO AQUEL PROFESORADO PROVISIONAL QUE, EN PERÍODOS CORTOS, CONTRIBÚE E COLABORA NA FORMACIÓN DO ALUMNADO DESTE CENTRO.

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E AS AUTORIDADES LOCAIS QUE SEMPRE AMOSAN A SÚA DEFERENCIA POLO ALUMNADO DESTE CENTRO.

BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS!!

A CONTINUACIÓN A CORRESPONDENTE REPORTAXE, COA COLABORACIÓN DO ADMINISTRATIVO DO CENTRO, QUE GRAVOU OS VÍDEOS, E DAS FAMILIAS POLA APORTACIÓN FOTOGRÁFICA. 

O EQUIPO TIC SÓ REALIZOU A MONTAXE. 

GRAZAS E BO VERÁN


Ningún comentario:

Publicar un comentario