sábado, 27 de outubro de 2018

CELEBRACIÓN DÍA DA BIBLIOTECA


O VENRES 25, COMO XA VOS DIXEMOS, CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA.
SOBRE AS 10:00, A PROFE MONTSE, VESTIDA COMO SABELA, ACHEGOULLE A TODO O PROFESORADO E ALUMNADO INFORMACIÓN SOBRE OS NOVOS RECUNCHOS CREADOS NA BIBLIOTECA E COMO FACER UN USO AXEITADO DELA, ASÍ COMO,  CALES SON AS NORMAS QUE HAI QUE CUMPRIR.
SABELA FIXO ENTREGA DOS CARNETS E EXPLICOU COMO SE LEVARÁ A CABO O SERVIZO DE PRÉSTAMO.
TAMÉN SE VISUALIZOU UN VÍDEO COA CANCIÓN DE ANIMACIÓN QUE SE CREOU PARA A NOSA BIBLIO E ONDE APARECEN AS DISTINTAS NORMAS ESCENIFICADAS POLO ALUMNADO.
FOISE BAIXANDO Á BIBLIOTECA POR NIVEIS. PRIMEIRO FOI A QUENDA PARA AS AULAS 1, 2 E 10. A CONTINUACIÓN, SOBRE AS 10:45 ESTIVO O ALUMNADO DAS AULAS 3,4, 7 E 8 E PARA REMATAR BAIXARON AS AULAS 5, 6 E 9.
FOI UNHA MAÑÁ MOI INTERESANTE ONDE OS PRINCIPAIS PROTAGONISTAS FORON OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS ASÍ COMO A BIBLIOTECA...LUGAR MÁXICO QUE DESDE O OUTRO DÍA TEN UNHA MELODÍA MOI ESPECIAL...RECORDÁDEA!!!

"VEN Á BIBLIOTECA, VEN, Á CASA DE PERICO E PIRULETA, VEN, COUSAS BONITAS ALÍ CHE CONTARÁN, COUSAS MOI BONITAS QUE NUNCA OLVIDARÁS"





AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO-RESUMO DA ACTIVIDADE!!!AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!