venres, 29 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Ola: O pasado xoves, Perico, a mascota da Biblioteca do noso colexio, veu visitarnos no Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro de todos os anos.

O primeiro que fixemos foi escoitar a explicación do funcionamento da biblioteca e ver unha adaptación con pictogramas do libro co que traballaremos neste curso "Bo Camiño, peregrino!", sobre o Camiño de Santiago.

 

Despois, entre todos vestimos a Perico de peregrino coa súa capa, sombreiro, caxato, etc. Vestido xa de peregrino,  presentounos a liña temática deste curso "Perico fai o Camiño", contounos a historia do Camiño de Santiago e tamén qué temos que levar na nosa mochila para poder facelo.

Ademáis, entregounos un agasallo: a nosa credencial de peregrinos e peregrinas personalizadas coas nosas fotos!.

Perico prometeu volver pronto de visita e, para rematar a actividade, bailamos todos xuntos a  canción "Camiño da estrelas".

 

E, mentres chega e non chega a Santiago, aquí vos deixamos a réplica de madeira que temos de Perico na entrada do colexio.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario