O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
Este curso no cole fixemos este marabilloso traballo colaborativo que vos presentamos nos vídeos da entrada.
O profe Martín compuxo esta fermosa canción que leva por título "EU SON QUEN" e coa axuda do profesorado e do alumnado dos colexios: CEE O PINO, CEE INFANTA ELENA e por suposto do CEE MIÑO déuselle vida e movemento á letra!
Moitísimas grazas pola colaboración e por este fermosísimo traballo!!!
E nunca o esquezades:
EU SON QUEN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario